Mas non nos enganemos, pois, a razón desta expansión, non é só cercar a Rusia, mais dar satisfacción ao “lobby” dos produtores de armas, pois, este si é un poder máis importante que o dos políticos americanos, sexan demócratas ou republicanos
Por Jose Vieira
Á praza de centenares de anos, os europeos, teñen sido os pobos onde se teñen desenvolvido os conflitos bélicos máis cruentos.
Á súa vez, o seu territorio, ten sido sistematicamente varrido, con distinguidas destrucións, igualmente á praza dos séculos e, cuxa profundidade das mesmas tamén lanzou a incerteza e a miseria nas varias nacións europeas.
Os causantes destes conflitos, tense repartido entre as máis importantes nacións, europeas, mais os case sempre máis litigantes, repitense entre os gobernantes alemáns, os ingleses, os franceses, rusos e como non os austríacos (estean ou non ligados aos alemáns).
Claro que os restos dos pobos do continente en cuestión, por forza dos seus intereses e sobre todo, das alianzas entre si, non se quedaran, en xeral como meros espectadores dos conflitos. Acabaron por seren tamén participes á forza.
Se nos centrarmos nos últimos dous séculos, o XXI (actual) e o pasado XX, verificamos que un dos intervenientes nas dúas últimas Grandes Guerras (do pasado século XX), foron os Estados Unidos da América do Norte (que de aquí en diante escribiremos soamente polas siglas en inglés USA).
Cremos que toda a xente xa deu conta, que os USA, queren reasumir o liderado, que perderon en termos comerciais, pois, hoxe están non os superados de praza pola China, como cada vez están perdendo máis terreo comercial.
Como tal, a súa sinal, volvese para o seu poderío militar, que ese si, é sen dúbida o maior do mundo.
Por esa circunstancia, é que as guerras que desencadea, son todas fóra do seu territorio, sempre involucrando outros países e, sempre que posíbel, intentando, producir un cerco ao seu arquiinimigo, que o pobo americano, sempre se habituou a ter en súa mente como a patria do comunismo, o sexa a Rusia.
Claro que nin a Rusia é a URSS (a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas), nin acto pouco, deberá estar interesada en aventuras expansionistas, pola Europa dentro, no entanto, parecen ser bastante fáciles e até popular, para os presidentes dos USA, vender ao seu pobo que o mao da película son os Rusos.
Por iso, a expansión sen límites da OTAN, como se estivese vixente o réxime da antiga URSS.
Mas non nos enganemos, pois, a razón desta expansión, non é só cercar a Rusia, mais dar satisfacción ao “lobby” dos produtores de armas, pois, este si é un poder máis importante que o dos políticos americanos, sexan demócratas ou republicanos.
Así estes impuxeron aos gobernos de quenda, que como líder mundial militar, os USA, non só ampliasen o espazo da OTAN, pois, ese alargamento significaba un aumento de espazo comercial para as súas armas de morte, extremadamente atractivo.
Mais para que a súa industria non parase, sería necesario que esas armas fosen utilizadas e como tal consumidas, pois, só así, se xeraba a súa necesidade de renovación.
Entón, os políticos americanos en cada mandato, se encargaron de crear conflitos bélicos para que esas mesmas armas se fosen gastando, dando continuidade á produción armamentista americana, mais agora non soa.
Esas mesmas empresas de produción de armas, teñen os seus intereses en industrias similares na Europa e, como tal, tamén lles interesaba que estas, se desenvolvesen, producindo aquilo que a eles lles interesaba, que por razoes meramente industriais, non era xa motivadora para si.
Entra aí a ben mandada Unión Europea, certa colonia americana, e como non, pola voz do chanceler alemán señor Olaf Scholtz e do seu ministro da defensa Pistorius.
Non se fan esperar, estes señores, pois, hai que alimentar a industria americana e crear debaixo das súas ordes, a industria que eles desexaban que fose desenvolvida más cerca das contendas (Guerra por procura dos americanos na Ucraína, xenocidio israelita, en Gaza, do pobo palestino).
Aqueles dous alemáns pronto anunciaran o ZEITENWENDE (que significa a transición para un novo tempo), tendo con toda a dignidade formal inaugurada a nova fábrica RHEINMETALL, acompañados do primeiro ministro da Dinamarca, de seu nome Frederiksen.
Esta é unha fábrica de municións para artillaría, pois, aos americanos no era interesante fabricar algo, en que o valor engadido, era máis pequeno do que para as armas propiamente ditas.
Non podemos pasar por alto que mesmo antes de abrir as instalacións, esta nova fábrica, obtivera peticións dun valor superior a 10.000 millóns. O que fixo que con que as accións da primitiva sociedade, que agora inaugurou as novas e enormes instalacións, pasasen a valor o dobre.
Non é de estrañar que o empregado do “lobby” armamentísta americano, o señor Jens Stoltenberg, secretario xeral da OTAN, faga autenticas acusacións ao Congreso dos USA, por este por en cuestión, os financiamentos e envío de máis material para a Ucraína, pois, os seus PATRÓNS do material de guerra, queren máis e máis armas que se derretan nesa guerra que desencadearon na Ucraína, o que levou a que os rusos tivesen que a invadir.
Parece que a guerra de desgaste e as sancións económicas imposta polos americanos a Rusia, como todos os que se dedican a macro economía, xa imaxinaban, empobreceran toda a Europa e, non soa, pois, actualmente a economía Rusa está florescente e o occidente, coa Alemaña, Reino Unido e Xapón, xa entraron en recesión.
Estaba máis do que contado, que quen iría sofre de forma brutal os actos de castigo a Rusia, era a Europa e o pobo sacrificado sería o europeo.
Mais como todos sabemos, aos USA, iso non ten calquera importancia pois, son os chamados danos colaterais.
Terminaremos este pequeno texto, indicando que na Alemania, a dereita e a extrema dereita, está en franca e rápido ascenso, prevéndose o seu dominio en próximos gobernos.
Por outro lado, o actual goberno alemán de coalición, está a levar a efecto a Conferencia de Seguridade de Munich, que reúne todo o que é de máis belicista do momento e, como non podía deixar de ser, está dominada pola extrema dereita mundial en especial admiradores do nazismo.
A poboación europea, está de tal maneira manipulada, que antes do início da conferencia enriba referida, nunha enquisa previa, 87% dos entrevistados, manifestaronse a favor dunha defensa conxunta europea. Somos realmente uns pobos demasiado influenciados, por medos e supersticións, lanzadas polos que mandan e sen calquera razón conxunta a non ser a de eses señores.
Formulamos, será que a perda de liderado comercial dos americanos, os levan como líderes mundiais militares incontestábeis, a desenvolver, brevemente (esperemos que non), unha gran Guerra Mundial e Nuclear?
Se el primero en comentar