O 25 de abril no Porto (II) Un bosquexo histórico

Por Jose Vieira

Retomando o artigo anterior, se crea a XUNTA PROVISIONAL DO GOBERNO SUPREMO, órgano acollido no Porto. Esta Xunta ten unha particularidade moi interesante, é ser dirixida polo Bispo do Porto, D. António de San José de Castro, que sería máis tarde cardeal de Lisboa. Tanto a Xunta, como o posterior Consello de Rexencia, era composto por persoas que estaban conforme o réxime absolutista de entón.

No entanto, e mesmo tendo a súa orixe na cidade do Porto, a maioría da poboación, estaba contra estas formas despóticas, do poder absolutista. As xentes do Porto, debido probabelmente ao seu espírito comercial e aberto ao exterior, ter de conquistar a liberdade e desexos de participación dos seus propios destinos.

Eran máis influenciados polos ventos do inicio da  república americana, do que pór as ideas de restauración do Antigo Réxime (este era caracterizado pór o absolutismo e, defendido, pór a Rusia, a Austria, a Prusia e o Reino Unido), conforme o  consensuado no Congreso de Viena, tras a derrota de Napoleón, na batalla de Waterloo, en 18 de xuño de 1815, na Bélxica. 

No entanto, en Lisboa a poboación se levanta contra a rexencia, e sobre todo contra o Rexente D. João pois, representaba unha monarquía absolutista. Esta situación se mantivo até à morte de D. María I, en 20 de marco de 1816, tendo o seu fillo D. João, que era o rexente, sido coroado no Brasil co título de D. João VI.

Así, a poboación no Porto, se comezou a mover contra este estado de cousas. Tendo especialmente reaccionado, tras a revolta fracasada de Lisboa de 1817. Esta revolta da capital, pretendía instaurar un réxime Monárquico Constitucional. Esta revolta foi punida con especial brutalidade pór os rexentes.

O seu presunto xefe, o xeneral Gomes Freire de Andrade, que tamén era, o Gran Mestre do Grande Oriente Lusitano, por tanto masón, foi executado, no campo de Santana (hoxe Campo dos Mártires da Patria), en Lisboa. Con este xefe, foron executados, por enforcamento máis 12 implicados na revolta contra o absolutismo.

Saltemos para 1820 e, como sabemos, despois da derrota de Napoleón, en 1815 e do seu arresto na illa de Santa Helena, donde veu a morrer, as razoes para manter o goberno no Brasil e toda a corte, xa non tiña sentido.

No entanto, o novo rei, o antigo Rexente, D. João VI, non trasladaba o goberno de novo para Portugal pois, quería deixar ben arrumado, o futuro de seu fillo D. Pedro, como rexente, posibilitando así, a creación dun novo estado independente. Despois de moitas insistencias, D. João VI, nomea seu fillo Pedro, como rexente do Brasil e parte para Lisboa o día 25 de Abril de 1821, desembarcando, finalmente nesa cidade a 4 de xullo de 1821.

Regresemos agora ao Porto, e ao ano de 1820. Así, sobre a inspiración, dun xuíz desembargador da Relación do Porto, Manuel Fernandes Tomás, este funda un organismo, integrado na súa maioría por masóns, chamado “ SINÉDRIO” (1). Esta organización secreta, tiña como finalidade efectuar unha revolución, co motivo da implantación dunha Monarquía Constitucional e Liberal. O seu primeiro obxectivo, foi o de engaiolar o exército para a causa. Se trata da REVOLUCAO LIBERAL DO PORTO, que tivo lugar o día 24 de Agosto de 1820 (hoxe existe unha vasta praza na cidade do Porto que leva o nome de praza 24 de agosto e onde está o monumento a Manuel Fernandes Tomás (2).

Curiosamente está tivo repercusións tanto en Portugal, como no Brasil, pois hoxe se sabe que foi a causa próxima, que implicou o retorno da corte portuguesa a Lisboa en 1821. Esta revolución foi exitosa, pois conseguiu levar a bo termo os seus propósitos, a implementación da primeira Constitución Portuguesa Liberal a Constitución de 1822. Esta revolución do Porto, está inspirada na revolución española de 9 de marco de 1920, sendo á través desta que se inicia o liberalismo en Portugal.

Esta revolución, se tratou de impor a carta constitucional, despois de fallar o levantamento de Lisboa (de 1817), levado a cabo pór o xeneral Gomes Freire de Andrade, que na altura, era o único militar, que se conseguía impor ao xeneral, Beresford.

É coa revolución do Porto, de 1820 que ao saír vitoriosa impón a Monarquía Constitucional. O Porto sempre representou a insumisión aos dogmas ás opresións e naturalmente as ditaduras.

As forzas revoltosas, se reuniron entón, no mesmo local e da mesma maneira, como o irán facer 71 anos despois, a cando da implantación da República do Porto de 1891.

A reunión das forzas armadas revoltadas, se efectúo, no Campo de Santo Ovídio (actual praza da República) (3), onde estacionaron, en perfecta orde, en forma de parada, efectuando unha salva de artillaría, anunciando o levantamento. As 8 h da mañá, se reuniron os xefes revoltosos, nas instalacións do Concello do Porto, na entón praza de D. Pedro, tendo nesa altura, sido nomeada unha Xunta Provisional do Goberno Supremo do Reino.

Como se poderá ver máis adiante, as designacións dos órganos que asumen as responsabilidades da gobernación, todos se titulan máis ou menos da mesma maneira. (Xunta Provisional, neste caso, Xunta de Goberno Provisional no caso da República do Porto e no 25 de Abril Xunta de Salvación Nacional).

A Xunta respectiva se formou, como presidente o brigadeiro Antônio da Silveira Pinto Fonseca e como vice presidente o coronel Sebastiao Drago Valente de Brito Cabreira. Vese, pór os seus postos, que se trataban de dous dos máis importantes cargos militares da cidade.

Pronto aparecían os chamados vogais que representaban as chamadas forzas vivas: un representante do clero, dous pór a nobreza, un pór a maxistratura, un pór a universidade, dous pór a provincia do Miño, dous pór a provincia da Beira, dous pór a de Tras-os-Montes, un pór o  comercio, máis outro militar, nomeado xa despois da formación desta xunta, no entanto, o mesmo día e, tres secretarios con voto nas deliberacións.

De destacar, que o desembargador Manuel Fernandes Tomás, foi o relator do “Manifesto aos Portugueses”, onde se daba conta de que os obxectivos era a creación e implantación dun réxime Monárquico Constitucional e Liberal para derrube total do absolutismo.

Notas:

(1) – o SINEDRIO era unha asociación secreta, co obxectivo de preparar unha revolución. Foi creada en Portugal, no Porto, en 22 de xaneiro de 1818, polo xuíz  desembargador,  Manuel Fernandes  Tomás, José Ferreira  Borges, José Silva Carvalho e João Ferreira Viana. O seu nome, deriva doutra organización homónima, Supremo Tribunal Xudaico. Non era unha organización  masonica, no entanto, varios dos seus membros eran  masóns.

(2)– Cerca desa praza, se sitúa o museo militar do Porto, local para moitos de nós de má  memoria pois, era aí que se situaba a sede do Porto da Vixía Internacional e de Defensa do Estado (que tiña comunicación directa co cemiterio adxacente) e,  onde eran interrogados e torturados os non  afectos ao réxime de Salazar.

(3)– A razón de ser o punto escollido sempre este Campo e hoxe chamado de Praza da  República, é que sempre aí estivo situado o chamado cuartel xeneral Militar da Área do Porto.

(4)- Ao fondo o edificio que se ver é o Cuartel Xeneral da 1. Rexión Militar do Porto.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.