Pandemia, crise, vacinas e recuperación

Por Jose Vieira

A pandemia á posto fin a recuperación, polo menos canto aos ingresos reais, en especial para os máis mal pagados. Esta afirmación, non é só de máis dramática das conclusións das análises económicas, feitas desde as máis variadas escolas de economistas.

A noticia de que as vacinas poderían estar dispoñíbeis no inicio do próximo ano 2021, creou un efecto inmediato e fulminante nas bolsas de valores de todo o mundo. Algunhas atinxiron auténticas marcas. É o que chamamos as “ondas de optimismo”, sempre elemento fundamental na marcha dos negocios.

No entanto, queremos que se fixen na situación seguinte; isto sucedeu co anuncio da resposta pronta dos fabricantes de vacinas, mentres na vida real o resultado detectado foi: mercados a alta (subida de índices), aumento de desemprego (subida de taxas), aumento de mortos por coronavirus (subida de cantidades), no entanto un descenso das expectativas de recuperación. Subida en tres índices e baixada na recuperación económica.

Que pasou coa Sanidade?

Comezamos por esta compoñente, pois é de vidas humanas que se trata e, como non podía deixar de ser, nas economías de referencia, o que se detecta por todo o lado, é que a pandemia colleu os países, na súa maioría, coa súa capacidade hospitalaria, minguada. Isto quere dicir, quere en camas hospitalarias quere en medios materiais así como en medios humanos.

Cal a razón desta insuficiencia?

As políticas neoliberalistas, que a todo o custo, privatizaron a saúde pública, recortaron todo o que referíase a equipamentos, nas súas restantes instalacións sanitarias, subcontrataran os servizos esenciais complementarios (medios auxiliares de diagnostico), recortaron a contratación de medios humanos e se dedicaron a entregar sumas de diñeiro inmensas, a esas empresas privadas a quen regalaran os servizos de saúde.

Esta é a práctica, que as poboacións, teñen dato cobertura, sen sequera pensaren dúas veces, que estaban a votar contra eles propios. Estaban e estou a votar a gobernos, con prácticas de contra as poboacións, xa á praza dos últimos 30 anos.

Esta situación veu obrigar, polas razoes apuntadas, non haber nin sequera material de protección sanitaria para os traballadores, non haber os servizos das unidades de coidados intensivos (UCI), nin en número suficiente nin os equipamentos necesarios. Situación angustiante, foi o que pasou nas residencias de maiores, entregadas á privada (a empresas co único obxectivo o lucro), por insuficiente acompañamento sanitario, falta de persoal especializado e ausencia case total de fiscalización dos responsábeis da Sanidade.

Estas situacións, xeraron a necesidade, de confinamentos, de auto illamento, e outras medidas cada vez máis duras e extremas, para evitar o aumento de contaxios. Todo isto, levou co medo do día despois, o que carrexou unha contracción da procura no sistema económico. E sen un aumento de gasto, ou sexa do aumento da procura, non existe recuperación que valla.

Despois, acresce, a mala información por parte dos órganos de poder, que levaron as poboacións a se relaxaren, por presión das actividades económicas, para ese tenue reequilíbrio de verao, o que tivo como consecuencia un segundo brote dunha violencia enorme (relaxamento cuxos responsábeis foron os respectivos gobernos).

A consecuencia económica non se fixo esperar, un retroceder da actividade económica, sobre todo nos países do hemisferio norte.

Convén aquí destacar, que os países que menos están a sufrir as consecuencias da pandemia, foron os que maiores equipamentos de saúde, tiñan por cada mil habitantes, como foi o caso do Xapón, Corea do Sur e da Alemaña, foron os que non seguiron a moda neoliberal, de liquidar a saúde pública e desinvestir na mesma. O resultado está à vista.

Analizando os 42 países máis desenvolvidos do mundo, verificamos que España está en 27 lugares, cerca dos Estados Unidos da América e pegado a Turquía (1). Todos os restantes socios, teñen mellor relación entre poboación e equipamento hospitalario. Esta é a realidade. Hai que non ter medo de a evidenciar.

Este é o resultado das políticas dos gobernos de España, nos últimos 30 anos, que non tiveron outro obxectivo senón entregar a Saúde Pública aos privados para estes se enriqueceren cos contratos de prestacións de servizos millonarios, que os gobernos lles pasaron a pagar (exemplos a Povisa e a construción do Hospital Álvaro Cunqueiro).

É moi probábel que co inverno, as gripes e as festas familiares, a crise da pandemia, veña a empeorar, e para colmo, hai que engadir un optimismo crecente, posibilidade de reunións de festas, de 6 ou 10 intervenientes, alimentado polo goberno de quenda e, co anuncio das vacinas aí ao virar da esquina. Só temos unha palabra para o clasificar:  IRRESPONSABILIDADE, imposición dos seus patróns os “Amos”, do capital.

Recordemos que a taxa RO (de infección), se manteñen por encima de 1,5 e nalgúns casos moito cerca de 2, como é o caso dos Estados Unidos da América, que tanto copiamos!…

Apareceu a días, ou sexa, no fin da semana, nun programa de televisión, un médico, que falou nun medicamento que se está a probar en furóns, parecendo que consegue trabar a progresión do virus en 24 h, nas referidos probas efectuados. Se trata dun descubrimento, descrita na prestixiosa revista cientifica “Nature Microbiology”, efectuada sobre a dirección da Universidade Estatal de Georgia, acollida en Atlanta, nos Estados Unidos da América, so a designación MK-4482/ EIDD-2081, cuxo nome comercial do medicamento é “Molnupiravir”, sendo un produto de administración oral. Colaborou no descubrimento deste medicamento o estudante de doutoramento, Josef Wolf, do o laboratório Plemper, do doutor Richard Plemper #catedrático da Universidade referida.

Estas noticias, así como, de que estará cerca de metade da poboación española, vacinada até finais de xullo do próximo ano, leva o carimbo da presión imposta polos “Amos do Mundo”, ao goberno actual (primacía do económico sobre o humano), para manter viva “a ilusión do momento”, como diría o poeta.

Cales as consecuencias destas noticias?

O que temos como correcto, é que estas novidades, poden unha vez máis, non proporcionar unha melloría constante e continúa desexada e, nos traeren un novo relaxamento e, como tal, un aumento de contaxios, sendo a última consecuencia un terceiro brote pandémico.

Por iso, non podemos prever nada de efectos realmente definitivos, nesta guerra contra reloxo, antes do transcurso de 8/9 meses, no mellor dos casos.

O que terá como resultado sobre a economía global, que a propia Comisión Europea, estimara que a taxa do PIB da Europa, para 2021 sería do 6,1%, no entanto, hai xa algúns días, a rectificou, dato os seus novos cálculos, indicando a baixo, o valor de 4,2 % e, máis, previu aínda máis confinamentos.

Todo isto significa que a recuperación se está a retrasar, mesmo con estas noticias aparentemente esperanzadas.

Isto pasa aquí e, nos Estados Unidos da América, país modelo admirado por España, que se tornou o campión mundial das mortes e infectados da actual pandemia.

Mesmo co cambio de administración de Trump para Joe Biden nos USA, e mesmo, cunha política de estímulos públicos a economía, (aumento do gasto público), non nos parece ser, de gran eficacia, pois, non soa polo seu efecto multiplicador na economía, como tamén, o máis que probábel, chumbo no Senado. Non debemos esquecer que terá esa medida que ser aprobada no Senado e aí, a maioría, é conservadora, retrograda e neoliberalista – son os Republicanos de Trump.

E así, na América, como en España e, a maioría dos países, que seguen o modelo americano, só colleran, emprego precario, inestabilidade laboral, baixos salarios, poucas horas semanais de traballo, un sen máis de trabas sociais. E con menos horas de traballo, inestabilidade de traballo, logo menos salarios e, como non podía deixar de ser, xera a imposibilidade de chegar ao fin do mes. Todo isto, será a semente dunha pobreza severa e probabelmente inestabilidade social. Estamos a desexar, que as previsións económicas estean todas erradas.

É evidente, que as consecuencias son visíbeis, unha vez que non hai unha maior capacidade, das poboacións poderen comprar, por falta de diñeiro, o que significa que a procura non aumenta.

Todo isto significa que a recuperación se está a retrasar, mesmo con estas notícias aparentemente esperanzadas.

Isto pasa aquí e, nos Estados Unidos da América, país modelo admirado por España, que se tornou o campión mundial das mortes e infectados da actual pandemia.

Podería realmente non ser así tan dramático o próximo futuro, diremos mesmo a medio prazo, se realmente os países estivesen a probar algo de crecemento real, pero como todos sabemos iso non é verdade. E quere queiramos ou non, a economía da China, a pesar de todo, é a única que está a crecer, en este momento, aínda que a un ritmo moitísimo pequeno, cerca de 1,5 %.  Todos os restantes países do G 20, están a decrescer ou están estancados.  Vexamos só tres dos grandes países emerxentes; Brasil decresce a – 6%; o México a – 9%; a África do Sur a – 9 %; e a India a -10%.

É un cadro terrorífico, no entanto é a realidade núa e crúa.

Vexamos o lado da divida

Esta situación está a ter como consecuencia, o inevitábel incumprimento, por parte dos gobernos nacionais, do servizo da súa débeda. Esta é a información que posuímos do Fondo Monetario Internacional (FMI) e do Banco Mundial.

Non nos parece posíbel, un perdón de débeda aos países máis endividados, pois, xa o postergar da débeda para os 75 máis pobres, foi un drama e, máis nunca admitiron os prestamistas, que estivese sobre a mesa de negociacións, a eliminación total ou parcial dos préstamos. Unicamente se conseguiu un prolongamento o tempo, (que en inglés se dixen por súas siglas o chamado DSSI).

Queremos recordar, antes de terminar estas notas, que desde que comezou está dobre crise económica e pandémica, había 45 millóns de nenos en pobreza severa e actualmente o número saltou para cerca de 150 millóns.

Serán humanos os “Amos do Mundo”?

Recordemos para que o cadro se poña aínda máis negro, que 188 países fecharon as escolas o que afectou a cerca de 1.600 millóns de nenos e mozos.

Podemos concluír que non deben ser HUMANOS.

Probabelmente serán extra terrestres,

E QUE NÓS, Os HUMANOS, NON DEMOS CONTA DA SÚACHEGADA!                                                               

NOTA:

(1)– O primeiro da lista é o Xapón, o segundo a Corea do Sur, o terceiro a Alemaña, o quarto a Austria, o quinto a Rusia, logo a Hungría, despois a República Checa, e en 27 a España, como referimos e sendo o último, a India.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.