Morgana en Esmelle, a ollada disidente da Materia de Bretaña

Begoña Caamaño ca sua Morgana ofrece unha ollada disidente da Materia de Bretaña, e lle da voz as que foron silenciadas no imaxinario desta parte da cultura europea, a través de novelas e películas, sempre centradas no mago Merlín, no rei Artur e nos seus cabaleiros da táboa redonda.

Por Angelo Nero | 13/05/2026

Hai pouco debatía cun amigo sobre o Día das Letras Galegas e por que este ano se lle adicaba a unha autora, Begoña Caamaño, que so publicara dúas novelas. Pensei en Juan Rulfo, que con dúas obras tamén se consagrou como un dos grandes la literatura hispanoamericana, e foi recoñecido co Premio Nacional de Literatura de México, e co Príncipe de Asturias das Letras. Emily Brontë, escribiu so Cumbres Borrascosas, e está considerada unha das grandes das letras inglesas. John Kennedy Toole gañou o Premio Pulitzer coa súa única novela, A conxura dos necios. Pero é que, ademais, a irrupción da voz de Begoña Caamaño na literatura galega foi realmente revolucionaria, coa sua impugnación a mitoloxía europea, dende unha ollada feminista e cun forte contido político. Foi quen de darlle voz as silenciadas na materia de Bretaña ou na Iliada, como Penélope ou Morgana, e de construír artefactos que esnaquizaban a as figuras de heroes coma Ulises ou Merlín. Con so dúas novelas puxo patas arriba ós panorama literario galego. Penso que ben merece adicar o día das nosas letras a esta escritora, moito máis que a figuras como Figueira Valverde, alcalde de Pontevedra no franquismo.

Begoña Caamaño non foi so unha escritora revolucionaria, tamén foi unha periodista comprometida coa sua terra e co seu tempo, loitadora na defensa do feminismo emancipador, e defensora da nosa lingua. Para ela a literatura non era era algo aillado do seu compromiso político e social, senón unha ferramenta máis para cuestionar o colonialismo cultural, o patriarcado e ás versións oficiais. En 2009, con Circe ou o pracer do azul, ofreceunos esa primeira impugnación da mitoloxía, en este caso da grega, a través dun fermoso intercambio epistolar entre Penélope e Circe, onde ambas acaban espindo a Ulises, un dos grandes heroes da Iliada de Homero, e o resultado é, certamente, unha novela de afirmación feminista, máis non é unha novela de mulleres, pois penso que, como dixen nun artigo anterior, debería ser unha lectura imprescindible e reveladora para os homes que, coma eu, crecemos con mitos como o de Ulises, o heroe, o aventureiro, o conquistador, e atoparemos entre as súas páxinas respostas a preguntas que nunca nos atrevemos a formular.

Tres anos despois de Circe, saíu á luz “Morgana en Esmelle”, no que Begoña Caamaño atrevese a darlle unha volta á Materia de Bretaña, na que un dos popes da literatura galega contemporánea, Álvaro Cunqueiro, recalara co seu “Merlín e familia”. Máis se no universo de Cunqueiro ás mulleres eras personaxes secundarias, no de Caamaño son as principais protagonistas, denunciando e combatendo a opresión e reivindicando o seu papel na historia. Se no libro de Cunqueiro Merlín é un sabio benévolo, no de Begoña é un intrigante político, que e quen de traizoar os seus propios sentimentos para conseguir un fin máis que cuestionable. En “Merlín e familia” hai humor e realismo máxico, en “Morgana en Esmelle” drama e reflexión ética e política.

Begoña Caamaño ca sua Morgana ofrece unha ollada disidente da Materia de Bretaña, e lle da voz as que foron silenciadas no imaxinario desta parte da cultura europea, a través de novelas e películas, sempre centradas no mago Merlín, no rei Artur e nos seus cabaleiros da táboa redonda. ¿Onde estaban as mulleres nestes relatos arturicos? Pregúntase a escritora viguesa, e rescata do esquecemento a Viviana e a Morgana, para que nos conten outra historia que, ata entón, ninguén nos contara.

A trama do libro lévanos ó castelo de Tintaxel, onde vive Garlois, señor de Cornualles, a súa muller Igraine e a súa filla Morgana. Nunha batalla Garlois é gravemente ferido por Uther Pendragon, e Merlín, valéndose da súa escura maxia, fai que Uther adopte a aparencia de Garlois e entre en Tintaxel, onde xace coa raiña e a deixa preñada. Deste encontro amañado polo mago nace Artur, que haberá ser o caudillo que, baixo a influencia de Merlín, reine sobre todas as tribus de Britania, e os converta á relixión que se está impondo en Europa, o cristianismo. Morgana marcha á Ávalon, a illa da sabiduría, coa súa tía Viviana, oposta ás artellas maquinacións de Merlín, ó que estivo ligada no pasado, e viaxa despois a Camelot, para a voda do seu medio irmá con Xenevra.

Moito tempo despois Morgana chega a Esmelle, nas Terras de Miranda, onde está refuxiado Merlín, tras á desaparición de Camelot e de Ávalon, disposta a axustar contas co mago. Alí afloraran as verdadeiras causas da ruína de Bretaña, que ó ser despoxado do seu cerne pagán, celta e comunitario, para converterse nun estado cristián, perdeu a súa identidade como pobo. Os modelos de Viviana e de Merlín son enfrontados, tempo despois de ser derrotados, máis no libro hai un inventario de culpas, de traizóns e de cobizas, de amores prohibidos que o fan tremendamente aditivo: cando les “Morgana en Esmelle” estás desexando volver a ler a Begoña.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.