Estado Español
Como se perden 11.000 millóns de euros en España
Segundo datos moi recentes, a cantidade de propiedades, detidas pola Igrexa Católica, a praza do territorio español, é inmensa, contándose por miles de propiedades que, para alén de non pagaren impostos, foron adquiridas por auténticos roubos perpetrados, e consentidos polo Estado, ao considerar lexítimos os rexistros de propiedades efectuados polos bispos.
Entrevista a Alberto Gonçalves, secretario comarcal da CIG en Vigo: «A loita pola emancipación das clases populares e traballadoras e interdependente e indisociable da loita pola plena soberanía e independencia nacional»
Polas condicións concretas de Galiza, como nación negada politicamente, culturalmente asoballada e sometida a unha dependencia de tipo colonial no ámbito económico, a loita pola emancipación das clases populares e traballadoras e interdependente e indisociable da loita pola plena soberanía e independencia nacional, para romper coa opresión que exercen tanto o Estado español como a propia Unión Europea, como instrumentos ao servizo da grande oligarquía empresarial e financeira.
En lembranza de Gustavo García, avogado de causas nobles
Grazas a súa insistencia foron centos e centos os galegos e galegas que formalizaron denuncias, vía notarial, contra os asasinos e torturadores que cometeron crimes de lesa humanidade durante a guerra civil e a ditadura, moito antes tamén de que a xuíza arxentina, María Servini de Cubría, puxera a disposición deses denunciantes o xulgado de Buenos Aires do que é titular.
Un can contoume unha historia (de secuestros, revolucións e naufraxios)
Camiño da década dos noventa do século XX, o mar encheuse de barcos con novas bandeiras de países descoñecidos, algúns deles sen mar. Os seus donos eran a nova xeración de piratas, que inscribiron as compañías en paraísos fiscais onde os homes son considerados recursos humanos e os direitos laborais non existen.
Somos unha monarquía, non unha democracia
Despois, os grandes patróns da economía, que representan porcentaxes dun algarismo, fan como os romanos facían o seu tempo, para que as poboacións, estivesen entretidas e ocupadas, dunha forma leviana. Se lles dan a posibilidade de teren partidos, sempre e cando estes non pasen das pautas programadas.