Galiza nova, pero racional

Por Daniel Seixo

“Nos últimos tempos estamos a asistir a unha difusión importante dun discurso abertamente transfóbico, sobre todo nas redes sociais. As feministas radicais trans-excluíntes (TERF, polas súas siglas en inglés) veñen collendo cada vez máis forza, tamén dentro dos círculos do feminismo, onde se apoian nas demandas do colectivo para espallar o seu ideario de odio cara ás persoas trans mediante un discurso alarmista e conspiranoico. Con reducións bioloxicistas absurdas e recorrendo a fontes de dubidosa orixe fundamentan discriminacións e rexeitamentos propios da caterva máis reaccionaria baseándose nunha suposta loita en contra do “borrado das mulleres” que trae reminiscencias a cando se alegaba que o matrimonio homosexual destruiría a institución da familia. De feito, non é infrecuente ver como rostros coñecidos desta liña trans-excluínte se aliñan compartindo argumentario con organizacións da extrema dereita.”

Así comeza Iria Carreira «SEN AS MULLERES TRANS NON É FEMINISMO» un texto que a organización xuvenil do nacionalismo galego publicaba, quero imaxinar, sen analizalo teórica ou politicamente en profundidade. Aínda que con sinceridade e pesimismo, hei de reconhecer que non é a primeira vez que un texto semelhante é publicado por esta organización, xa o texto “POSICIONAMENTO FRONTE AO DOCUMENTO TRANSFOBO APROBADO POLO COMITÉ FEDERAL DO PSOE” avanzábanos o caminho que hoxe parece confirmarse.

Naquel momento, previo ás eleccións galegas, reconhezo o erro de non realizar o escrito que nestes momentos redacto. A militancia nun partido non pode ser entendida como un silencio cómplice ou submiso, o maior servizo a unha formación política supón sen ningunha dúbida o exercicio do pensamento crítico das súas bases, non debería existir dúbida algunha neste punto. Acusar de transfobia e mesmo utilizar o acrónimo TERF contra as companheiras do feminismo radical é e debe ser sempre algo intolerable nun partido que se tilda de feminista, democrático e próximo ou inmerso na esquerda. As palabras de Iria Carreira suponhen misoxinia disfrazada, pero misoxinia á fin e ao cabo. Acusar de odio a companheiras que usan a racionalidade fronte ao idealismo e ponhelas na picota do insulto e a descualificación desde unha formación como Galiza Nova, é impropio do nacionalismo que conhezo e sen dúbida atópase moi afastado do nacionalismo que podo chegar a compartir. Pese a ser consciente de que o fluxo de ideas e a convivencia entre as mesmas é condición indispensable nun bloque como o que construíu o BNG, tacho de irracional, absurdo e intolerable o insulto ao feminismo radical por parte daquelas persoas que sen exposición racional algunha parecen menosprezar o papel da bioloxía ou a dilatada traxectoria teórica do feminismo á hora de oponherse á chamada Lei Trans, goste ou non, existe un claro reclamo por parte de amplos sectores feministas que sinalan o prexuízo e o ataque frontal que supón para as mulheres dita lei. Chegar a comparar a estas companheiras coa extrema dereita é un absurdo que ademais de insultante, ten as patas moi curtas. Mesmo políticas de Vox agradeceron publicamente o efecto que esta lei terá contra os alicerces máis básicos do feminismo.

Continúa o devandito texto coa típica amálgama de usos intercambiables e erróneos entre sexo e xénero para rematar, como xa é habitual nestes casos, coa defensa sen concesións dos estereotipos de xénero como nova forma estruturar a nosa sociedade no plano sexual, pero para darlhe un toque revolucionario ou “de clase” a tan reaccionaria formulación, permítese a autora citar a loita de clases de forma totalmente descontextualizada para a continuación vincular a identidade nacional coa sexual e citar sen xeito nin dereito a causa palestina, para chegar o colofón de tan disparatada «argumentación» cun chamado a que as mulheres “ cis” fagan súa a causa “ trans” cando griten “Palestina vencerá!”. Un quere pensar que non se pretende comparar a situación de privilexio do occidental capitalista en relación con Palestina cun suposto privilexio das mulleres en relación co colectivo trans, todo isto nun estado no que en dez anos foron asasinadas por terrorismo machista máis de 1000 mulheres… Quere pensalo, pero tras esta cantidade de despropósitos que pretenden ser un manifesto político, xa non o tenho nada claro.

Se este é o caminho do nacionalismo galego, se a irracionalidade e o activismo made in Washington van substituír definitivamente ao materialismo na cabeceira da nosa loita nacional, unicamente por un cálculo electoral ou por unha degradación evidente do pensamento, o debate e o marco no que nos movemos como axente transformador de nosa propia terra, non cabe dúbida algunha de que quizais a pesar de poder chegar a conquistar o poder político da nosa terra en próximas citas electorais, xa perdemos irremediablemente o propio sentido desta longa loita.

1 Comment

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.