Por Jose Vieira
Hai uns días, vimos as noticias do Presidente do Goberno de España, acompañado de súa muller, nunha audiencia co Papa no Vaticano. Até aí, non é de estrañar, pois a liberdade relixiosa é de louvar, como un dereito de todos os cidadáns.
Así no seu artigo 16, número 1 se dixen “Se garante a liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto dos individuos e das comunidades sen máis limitacións, en súas manifestacións, que a necesaria para o mantemento da orde pública protexida pola lei”, pero pronto no seu número 3, engade, “Ningunha confesión terá carácter estatal. Os poderes públicos terán en conta as carencias relixiosas da sociedade española e manterán as conseguintes relacións de cooperación coa Igrexa Católica e coas demais confesións”.
É realmente moi significativo, o feito de haber unha referencia expresada á relixión católica e, non ás outras confesións, unha a unha. Non parece ser unha circunstancia fortuíta, nin tan pouco, cuestión de espazo ou tamaño do artigo, 16 da Constitución.
Regresando ao referido artigo 16 e en seu número 1, así como ao seu número 3, enriba transcritos e por nós traducidos, parece poderse concluír que o Estado é non confesional. No entanto, moitas dúbidas nos asaltan e, que algunhas pasaremos a desenvolver. Concluiremos, con perfecta evidencia, que non se é confesional, se parece moito, bastando ler con atención, o que segue, así como, estar atentos á práctica seguida polos diversos órganos do poder.
Recordemos que pouco tempo tras a promulgación da Constitución, o Estado, estabeleceu coa Santa Sede en 1979, un conxunto de acordos.
Aquí nos xorde unha segunda dúbida, pois a primeira está na redacción da propia Constitución conforme xa deixamos expresado enriba, esta segunda cuestión, vén porque non encontramos ningún acordo, cos ismaelitas, ou cos budistas, e tantas outras confesións, existente e seguidas en España. Podería ser unha boa cuestión, no entanto, é omisa.
Recordamos que en determinada altura, nunha viaxe a Madrid, a semana santa, vimos que no Ministerio da Defensa, as bandeiras estaban a media hasta, en sinal de loito. Nos Recordamos que inxenuamente preguntamos quen falecera do respectivo Ministerio. Acababamos de facer unha figura de parvo, pois o engano viña de termos lido a Constitución e, realmente non nos recordabamos de ver ese compromiso expresado.
Outra cuestión, ten a ver coas festividades católicas, que teñen cabemento no ordenamento civil do país, como festivos a gardar no ámbito laboral, o mesmo non pasa cos festivos das outras confesións. Se trata de máis outra situación de perfecta entrega do goberno á Relixión Católica, o que unha vez máis significa unha vinculación confesional, o que contraria a idea, que nos é “vendida” unha vez máis, do carácter non confesional da Constitución e como tal do Estado español.
Despois, non podemos esquecer a perfecta dominación das relacións entre Estado e Conferencia Episcopal, caendo a predominancia de contidos e relacións, nitidamente a favor da referida organización dos bispos. Existe unha autentica subserviencia do Estado a favor da Igrexa Católica.
Se nos detemos, a observar o que é, en sentido estrito, a condición de Estado laico, encontramos a significación de ser aquel que non sofre calquera inxerência por parte de calquera organización ou confesión relixiosa, no seu goberno, territorio, quere no ámbito lexislativo, executivo e xudicial. Como podemos ver o noso día a día, esta definición, non coincide para nada, coa práctica. O noso Estado, non é neutro en relación á Relixión Católica, practicando a desigualdade en relación a todas as outras confesións relixiosas.
Como desabafo, debiamos non privilexiar ningunha sobre as outras. Esta debía ser a pragmática a seguir, no entanto, a realidade é completamente distinguida.
Falemos de ensino: España, se encontra como sendo o país da Europa, en que o ensino concertado é máis elevado (13%máis do que a media na Europa), detendo 28% o concertado. E como non, a Igrexa Católica detén máis do 60% dese bolo. Só 67,5% é pública, é unha vergoña.
Non é España un país de catolicismo oficial, declarado na Constitución, no entanto, tamén de acordo co mesmo artigo 16, “Os poderes públicos… e manterán as conseguintes relacións de cooperación coa Igrexa Católica e de más confesións”.
E como tal, o Estado, á praza dos tempos, mantén a Igrexa Católica, como se fose unha institución do propio Estado. Para alén de incluír, un apartado propio para as liberalidades particulares, de cada declarante de IRPF, nun documento oficial, contribúe de forma súper xenerosa, de varias formas, ano atrás de ano, para esa confesión.
Exención de IBI, e outras moitas exencións fiscais, cuxo cálculo, ascende a uns 3.000 millóns de euros. O pagamento dos profesores de relixión nas varias institucións de ensino (uns 35.000), un pouco máis de 4.600 millóns de euros. Para a conservación do seu patrimonio artístico, de súa exclusiva propiedade, unha cláusula que supera os 500 millóns de euros. Os seus dispensarios, centros de saúde ou hospitais, se contentan con algo cerca dos 3.200 millóns de euros.
Se sumarmos unicamente estas cláusulas máis grande, que a pesar de todo non son as únicas, alcanzamos a bonita cláusula de 11.300 millóns de euros. Sen palabras.
Estes valores, foron sacados dun estudo xa con algúns anos, o que nos fai supor que, hoxe serán aínda cláusulas máis escandalosas. E o peor, é que a maioría da poboación, pensa que estas institucións que son detidas pola Igrexa Católica, que fan un labor altruístico pondo o seu diñeiro para o financiamento das súas “caridades”, cando somos todos nós quen as pagamos.
Segundo datos moi recentes, a cantidade de propiedades, detidas pola Igrexa Católica, a praza do territorio español, é inmensa, contándose por miles de propiedades que, para alén de non pagaren impostos, foron adquiridas por auténticos roubos perpetrados, e consentidos polo Estado, ao considerar lexítimos os rexistros de propiedades efectuados polos bispos.
Edificios, apartamentos, prazas de parking, etc., rendendo moito diñeiro e isentos de pagar impostos como calquera un cidadán. E todos contentos, nun Estado que se di non confesional. Inacreditábel pero é verdade.
Supoñamos unha querela entre a Igrexa Católica e un calquera cidadán en xeral, os xuíces deciden a favor da “pobre Igrexa”. Problema de piedade crista…
Por último para non sermos demasiado fastidiosos, completamos este “sudario”, con a actuación do Presidente do Goberno do PSOE, Rodríguez Zapatero, o ano de 2006, que subiu para 0,7% a contribución do IRPF á Igrexa, ese ano en 33% do valor anterior.
Acabamos, por ter dificultades en dixerir, que o Estado español non sexa un estado moi relixioso (da Igrexa Católica) e, por outro lado, moi pouco pluralista coas outras confesións.
Se el primero en comentar