
Por Jose Vieira
É habitual, se preguntamos ás persoas, se España é unha monarquía ou unha democracia, con quen deparamos habitualmente polas rúas, en calquera localidade deste gran país. O que contesten dunha forma perentoria, a maioría, é de que, somos unha monarquía democrática. Habendo até quen afirme que é unha democracia monárquica.
Non sorprende esta resposta, contundente e case sen matices. Vimos sendo instrumentalizados, desde sempre a que así é, e os matices de ser antes unha democracia e despois unha monarquía non retira o sentido a afirmación.
Con algunha insistencia, na forma como se coloca a pregunta e, coa insistencia interrogativa, feita a xente de maior idade, por un lado, así como, polo outro sector, con máis curriculum académico e máis mozo, xorden contestacións, distintas e bastante interesantes.
“Estamos nunha monarquía constitucional”, un inicio de resposta, logo proseguen “que é naturalmente democrática, pois ten unha Constitución que regula os dereitos da monarquía”. Con algunha máis insistencia se pode obter até unha resposta máis completa, nalgunhas capas de inquiridos, tales como “o obxectivo, non é a democracia en si mesma, é a liberdade, a prosperidades e estar en paz. Pois a democracia pode destrozar todo o dicimos antes”.
Nestes, que afirman, de boca pequena que a democracia pode dar cabo da estabilidade somnolenta en que se encontra o país, o din dunha forma como dunha herexía se tratase.
Se, por ventura, aínda presionamos un pouco máis, chegamos a obter respostas sorprendentes como está: “a democracia é un goberno das capas populares (instrumentalizados polos comunistas), que pegan na bandeira da DEMOCRACIA, utilizándoa para dunha forma sub- reptícia, pasaren primeiro ao socialismo inxenuo de falansterio e, logo se implantaría o comunismo”.
Nesta altura, recomendamos, a lectura dun libro, cuxa autora trata moito claramente este tema, se trata de “Democracy may not exist, but Well Miss it when It´s gone” cuxa nosa tradución é “Pode que a democracia non exista, no entanto, logo sentiremos a súa falta”. Tamén existe un documental, que está sub-titulado, que repara no nome de “What is Democracy” (cuxa tradución é “Que é a Democracia?”) e que se serviu do libro referido, como guión para o documental.
Estes elementos, que son froitos de pequenas conversas sen un valor estatístico relevante, no entanto, reveladoras dun estado de espírito, moi ben estabelecido, na maioría dos varios estratos da sociedade actual.
Desde un punto de vista de ciencia política, podemos dicir que existe unha xustificación, cabal e real, aínda moi forte, en cuxa responsabilidade dese apego, aparentemente cego, se debe a que despois da Guerra Civil, a monarquía, foi imposta si o se non a alternativa sería outra Guerra Civil (parece ser esta a única razón que xustifica a opción), da implantación das ganas ditatorial do “caudillo” dunha monarquía, en vez dunha democracia. Debe terse mentres, agora a diferenza.
Esa xustificación, son os trazos indelébeis que deixou o franquismo e, que continúa a prevalecer na maioría da poboación maior que, para que nada falte, a transmite ós seus descendentes (vai coa idea do medo, se non se satisfaga as ganas dos que realmente mandan, os herdeiros do franquismo).
É aquí que entra a celebre frase do ditador, que dixen a determinada altura, “que todo se quedaba atado e ben atado”. E como vemos na práctica, esta é, unha verdade incontestábel.
Así a par dunha manipulación sistemática dos medios de comunicación en que os sucesivos poderes (gobernamentais e dos poderosos deste país), se ten empeñado a dirixiren, as mentes dos cidadáns, en dous sentidos: por un lado, continuando sementando o medo nos maiores, sustentado, a través da caderneta da xubilación e, polo outro lado, aplicando unha autentica anestesia nos máis mozos, polo consumo e os efectos anestesiantes dos falsos modelos, divulgados polos medios informativos (internet inclusive).
Restan as capas intermedias, e estas teñen sido manipuladas igualmente, non só a través do sentido do consumo, pero orientadas máis no efecto imitación, onde cada un se xulga ser o “senhorito” herdeiro dos mandos franquista e posuidor dos mesmos medios ou posibilidades económicas, daqueles e que só son dispoñíbeis realmente dunha pequena franxa da sociedade.
Como exemplo vasta ter en atención aos shows dalgunhas cadeas de televisión, e do seu número de seguidores.
O mesmo pasa coas transmisións de deporte, onde cada un se traslada a si propio (traslada de identidade), como o heroe individual ou colectivo, conforme o caso. Se identificará como o maior, pois o seu heroe é mellor que o do veciño ou o seu club mellor que, o do outro compañeiro. Iso lle do estatuto, que é o que busca. Así tamén coa monarquía, pois cada un en xeral se sente ser rei e iso non teñen os republicanos. San uns pobres paisanos sen blasón de armas nin gloria de pegar as borlas da monarquía.
De aí que o capitalismo, inherente ao réxime monárquico, ten levado a que cada vez as desigualdades sociais (realmente económicas/financeiras), levasen a que esa clase intermedia, en termos etário, este completamente adormecida, no soño de poder imitar os posidentes, aínda que realmente nin pode nin entende as diferenzas, que os separan.
Para a gran maioría das poboacións, aceptan como un dogma de relixión (é a fe incontestábel), de que a monarquía, é a panacea que dá toda a liberdade desexada e, non hai necesidade de loitar, por unha certa democracia. Socioloxicamente este estancamento é a satisfacción do soño xusto e incuestionábel. Non existe a noción conceptual, duna disruptivdade continuada. E, por tanto, para esa mole poboacional, unha real e certa democracia, é a perda de liberdade. Non se dan canta, pois a manipulación non os deixa ver, que esa perda está en progresión constante e continúa restando as liberdades, dando como xustificación a seguridade, cando de verdade, o que se está é a seguir polo camiño da escravización das grandes capas de poboación, en beneficio a medio e a largo prazo dos poderosos.
Despois, os grandes patróns, da economía, que representan porcentaxes dun algarismo, fan como os romanos facían o seu tempo, para que as poboacións, estivesen entretidas e ocupadas, dunha forma leviana. Se lles dan a posibilidade de teren partidos, sempre e cando estes non pasen das pautas programadas. Permiten que se van entretendo, cunhas historias do interior de partidos (chamados problemas de cociña interna), e que serven como guión, para unhas sesións de televisión e, para as cabeceiras dos periódicos de grande tirada e afectos ao poder económico.
Sempre temos estados atentos aos discursos do poder e sempre ouvimos dicir que os políticos de quenda, especialmente os que se encontran no poder, que queren a liberdade e o ben estar dos seus concidadáns, mais nunca os vimos dicir que ese ben estar debe ser repartido por todos dunha forma igualitaria.
O que vemos é impor austeridade, sexan os gobernos de que cadrante sexan, que se rodean dos programas de actuación das corporacións de grandes propietarios da economía (pase a de os dono), e despois duns exercicios de equilibrismo (os chamados golpes de rins), fan unicamente os que estes determinan.
Con esta pandemia que grassa por todo o mundo, estamos todos máis pobres, todas as perspectivas son desalentadoras, no horizonte só vemos nubes negras e como non podía deixar de ser, vemos máis miseria, un nivel de desemprego cada vez maior, salarios que retroceden (a menos horas traballadas, menos diñeiro).
No entanto, tamén vemos que os máis ricos, a tal minoría dun único tecleo estatístico, nestes primeiros oito meses, para os cales existen estatísticas, viran a súa riqueza aumentar de forma substancial.
Socioloxicamente, esta situación revela que os “intocábeis”, transitan as consecuencias financeiras da pandemia, como en todas as crises para os máis febles.
Esta situación dicotómica, non é nova, no entanto, se está a afondar dunha forma completamente insoportábel.
Entón volvemos ao inicio deste texto, o que as persoas pensión, e peor, desexan ben no fondo do seu inconsciente, é unha monarquía e nunca unha democracia.
Para unha gran maioría, ser monárquico e vivir nun país cun rei e seus afíns (é son todos un entourage, que “mamam” e crecen á súa sombra, léase corrupción), é un sinal de riqueza, que admiran e, no entanto, non participan.
Así, os expertos do marketing político, deixan ben claro que a pesar do xefe do Estado, ser un electo divino, permite dunha forma magnánima, que o “o seu pobo”, cumpra a ilusión de tempos a tempos (no caso de España), van poder elixir por sufraxios directo, deputados, nacionais, autonómico, gobernos locais e outros máis.
Pero o grave, non é que o fagan (o exercicio de votar), o incríbel es que se pense que se está nunha democracia plena, cando o que se está é a lexitimar, unha Monarquía hereditaria de inspiración divina.
Até aquí chegamos, a lexitimación dun Estado, xestionado por alguén que se di posuidor de lexitimidade divina, pois esta situación o que serve é para que esa institución, lexitime a existencia dos tales señores que con base en dar total apoio á institución, se postulan como os gardiáns da riqueza de todos, en súas únicas mans.
Non podemos aceptar, que os políticos, non teñan outra cara a non ser a de permitir que 4 ou 5% dá poboación do seu país, escravice os restantes 96 ou 95% da poboación.
Os políticos, sexan de que lado sexan, sempre ollan para o outro lado, con poucas excepcións, agardando unicamente a chamada dos señores, para recibir o prometido lugar ao sol nas súas empresas, polos servizos prestados.
Para cando un xefe de Estado de orixe terrena…
Se el primero en comentar