Entrevistamos a Ana Miranda: «Ás dificultades que atopamos as mulleres engádense os atrancos que hai no camiño por non pertencer a unha clase social adiñeirada»

De cara al 8 de marzo, en Nueva Revolución charlamos con la portavoz del Bloque Nacionalista Gallego en Europa, Ana Miranda.

Por Daniel Seixo

Resultado de imagen de ana miranda

Que papel xogan as mulleres na súa formación política?

No BNG as mulleres estamos a xogar un papel importante, desde as nosas alcaldesas, conselleiras e militantes, á nosa portavoz nacional, pasando polas deputadas no Parlamento galego e eu mesma. Temos claro que outro xeito de facer política é posible e que é necesario dar un xiro non só no que, senón tamén no como. Eu son das que defendo aquelo de «firmes nas ideas e doces coas persoas». Estamos empoderadas e asumindo moitas responsabilidades. Somos humildes e non queremos competir senon sumar.

Existe unha igualdade real á hora de acceder ao poder político?

Á hora de acceder ao poder político mistúranse diversos factores, non só de xénero, senón tamén de clase. Quero dicir, ás dificultades que atopamos as mulleres engádense os atrancos que hai no camiño por non pertencer a unha clase social adiñeirada. Contra todo iso hai que loitar para acceder a certo poder político. Hai atrancos en xeral tamén pola conciliación, mesmo polo xeito tradicional de facer política.

Como é a conciliación familiar na alta política?

Bueno, creo que a conciliación familiar na alta política e complicada, como é para as mulleres que traballan nun comercio moitas horas, por poñer un exemplo. Se tes moita adicación e coma min vives entre dous paises, con axendas interminables, non hai tempo para nada e hai que dividirse, tendo ademais dunha filla unha nai con dependencia. As dificultades para conciliar son transversais e tocan a toda a sociedade. Máis a precariedade dos traballos de moitas mulleres fai desgraciadamente que sexan heroinas de supervivencia para conciliar e hai que defender seus dereitos.

En xeral creo que as mulleres temos que demostrar máis valía para ocupar o mesmo posto que un home

Cren realmente no feminismo todos os políticos que falan de feminismo neste movemento?

Tal e como están as cousas penso que si. Hai políticos e políticas que non teñen complexos a rexeitar o feminismo e a igualdade de dereitos entre homes e mulleres, polo que creo que quen si o defende en voz alta faino de forma consecuente. Ou iso agardo.

Sufriu discriminación ao longo da súa carreira política polo feito de ser muller?

Si, como todas, creo que non hai unha política que se libre. Dende cando se dirixen a min como «neniña», un clásico, como comentarios e olladas machistas mesmo pola voz, o físico, o xeito de expresarse até últimamente ataques mas redes. E certas limitacións cando eres nai, como culpabilizarte subliminalmente por deixar á túa filla por viaxar por traballo. E ese patriarcado intrínseco con prexuizos ainda por desgraza persiste nalg<ns homes e mulleres. En xeral creo que as mulleres temos que demostrar máis valía para ocupar o mesmo posto que un home.

Existe machismo no Parlamento Europeo?

Existe como en calquera outra institución, pero é certo que nos últimos anos se están dando pasos para mudar as cousas e avanzar cara a igualdade, dende o noso grupo parlamentar con copresidencias mistas. Ali o machismo nótase máis no mundo conservador. Por sorte cada vez somos mais eurodeputadas feministas..

Penso que existe o terrorismo machista desde o punto e hora que as mulleres mátannos polo mero feito de ser mulleres

Son facilmente perceptibles as diferenzas en canto á concepción do feminismo entre diferentes formacións políticas das nacións europeas? Cales destacaría especialmente?

É certo que non hai unha soa maneira de entender o feminismo e por exemplo os países nórdicos ou Francia ten unha tradición feminista marcada, pero sin embargo nas cuestións relacionadas coa violencia de xénero o Estado español vai por diante de Francia ou os países nórdicos. Falaría máis de diferencias sociais entre os países que de diferencias entre os partidos. A esquerda ten o feminismo no seu adn. E nos pobos de Europa as nosas compañeiras de Escocia, Corsica e Irlanda están sendo vangarda do feminismo. As galegas tamén estamos sendo moi activas, o movimento feminista galego está no primeiro nivel.

Teñen as mulleres que adoptar trazos masculinos para triunfar na política?

Quizá nalgún momento pasado puido existir esta visión, e mesmo nalgunha famosa política presidenta máis desde logo na actualidade eu non o percibo así. De feito penso que non debe ser así. Tradicionalmente o rol masculino caracterizouse por unha excesiva competitividade e agresividade política. E sen ir máis lonxe e con humildade, creo que as mulleres do BNG que estamos en primeira liña neste momento somos todo o contrario dese modelo.

Son os partidos de dereitas máis machistas que os partidos de esquerda? Existe machismo nos partidos de esquerda?

Desde o momento en que, en xeral, os partidos de dereitas rexeitan o feminismo, é dicir, a loita pola igualdade de dereitos entre mulleres e homes, está claro que si. O gran avance dos partidos de esquerdas é que teñen totalmente asumido o feminismo e que loitamos pola conquista dunha igualdade real e os dereitos sociais plenos das mulleres. Máis non podemos perder de vista que o machismo é un substrato cultural que impregna toda a sociedade, coa diferencia de que os partidos de esquerda son conscientes de que existe e procuran desenvolver marcos teóricos e medidas prácticas para superalos.

O movimento feminista galego está no primeiro nivel

Resulta suficiente o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero?

É imprescindible pero non suficiente. Sempre hai cuestións nas que afondar e que mellorar, máis é un chanzo do que debe ser unha escada de dereitos.

Iría mellor ao noso país cunha política con maiores «trazos femininos»?

Por un lado habería que definir que son «trazos femininos». E por outro temos que ter en conta que máis número de mulleres non ten por que significar mellores políticas de igualdade. Máis si considero que hai que facer política dende a empatia, a humanidade, o respeito, a sensibilidade, a afouteza da firmeza, esto aplicable a todas e todos as e os políticos.

A conciliación familiar na alta política e complicada, como é para as mulleres que traballan nun comercio moitas horas,

Debemos falar de terrorismo machista? Como atallalo? É o estado español un estado patriarcal?

Efectivamente penso que existe o terrorismo machista desde o punto e hora que as mulleres mátannos polo mero feito de ser mulleres. Os datos oficiais falan de 14 mulleres asasinadas no que levamos de 2020 e de 1043 desde 2003, ano no que se iniciaron os rexistros. Estas cifras son unha auténtica barbaridade. Para poñer fin a este terrorismo as medidas xudiciais son necesarias, evidentemente, pero non podemos esquernos da prevención. Educar en igualdade é imprescindible. Que os mozos e mozas saiban o que é violencia, o que é liberdade, que teñan unha educación sexual sá e non mediatizada polo porno… Son cuestións que temos que abordar se queremos poñer fin ao feminicidio.

O feminismo, será revolucionario ou non será? Tenta o capital impoñer unha especie de feminismo cosmético?

Desde o meu punto de vista desde logo que o feminismo é revolucionario. Desde o punto e hora que cuestiona toda a estrutura social e o reparto do poder creo que é indiscutible que supón unha revolución na forma de pensar e de construir a sociedade. Deste xeito é lóxico que a estrutura económica dominante tente defenderse espallando o que denominas feminismo cosmético, pero non hai que perder o horizonte de cal é o obxectivo: acadar a igualdade e non dar nin un paso atrás nos dereitos conquistados. Porque o capitalismo roubounos dereitos ás mulleres máis que aos homes e non poucos.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.