Que facer coa subida dos prezos?

Por Jose Vieira

Sube o prezo da enerxía, sube o prezo de moitos dos produtos, que normalmente necesitamos da cesta básica, que serve de base para o cálculo da IPC (índice de prezos ao consumidor) e, como non, todos os produtos e servizos, pois, nas circunstancias actuais, todo os que venden algún servizo ou produto, se aproveitan para facer cun lucro extra.

Pensamos que esta introdución, non sufre calquera reparo, pois, todos estamos a sufrir esta xeneralizada subida de prezos e, nada ou case nada, podemos facer para evitar os seus reflexos na bolsa familiar.

O que acontece é que moitos de nós, temos preguntado porque non hai unha intervención realmente eficiente, por parte do goberno, que nos representa, con vista a palear esta sangría, para as nosas microeconomias familiares.

Será verdade, que todo está fóra das súas posibilidades de actuación, como afirman?

Tamén, por outro lado estamos habituados a que o mesmo goberno, a través da manipulación da comunicación social, venda a idea, de que todo está fóra das súas posibilidades pois, quen é o responsábel e, por tanto, quen ten a culpa de todo, é a Unión Europea.

E o problema é que nos acomodamos a esa manipulación e de tantas veces os responsábeis o afirmaron, que “cremos a pés xuntos”.

Así, todos cremos, que os nosos gobernos, o actual e os anteriores, están exentos de pecado orixinal. É realmente un bo argumento, no entanto demasiado teolóxico, para noso gusto.

Podemos afirmar que se podía actuar, se este e os anteriores gobernos, non fosen seguidores “ortodoxos” da ideoloxía neoliberal capitalista, ou sexa, de nada facer, pois, quen manda son os mercados dirixidos polos grandes señores da economía e, estes gobernos, son seus seguidores a ultranzas.

Que se pode facer e, se debía facer, con toda a forza, e non titubeantemente e a finxir que fan, é toda unha verdade. As poboacións teñen que deixar de crer, en las fantasías dos “Magos de Oz”.

Pasemos a falar de intervencións:

Existen moitas correntes de pensamento económico, que avogan pola intervención e control dos prezos, dato o perigo da inflación, que nos rolda, desde o medio da implantación da pandemia do covid 19 e súas variantes.

Digamos que existen fundamentalmente dous grupos que podemos enmarcar como: a corrente “poskeynesiana” máis radical e os “keynesianos máis ortodoxos”. Ambos discuten a eficacia dos chamados controis de prezos, perante o desbordamento inflacionista destes mesmos e, perante o aparición deste pico de inflación, na maioría das economías, do primeiro mundo.

Sigamos, por exemplo, a Isabel Weber, economista e profesora asistente, da Universidade de Amherst en Massachusetts, nos Estados Unidos da América, que defende a intervención para controlar os prezos e, que por sinal tamén é unha adepta da Teoría Monetaria Moderna (TMM).

Hai argumentos, que presentan algúns importantes economistas, que entenden que a inflación existente, se está a deber ao aumento da procura, que designan como excesiva, pola existencia de moito diñeiro, na man dos consumidores.

Este exceso de liquidez, por un lado, é o resultado da entrega de subsidios e, outros fondos, polos gobernos, como forma de aliviar as necesidades xurdidas en virtude da pandemia, da falta de medios (a este fenómeno da entrega de diñeiro, se debe chamar “flexibilización cuantitativa”.

Tamén é o resultado de todos os paquetes de medidas lanzadas co fin de ser unha estimulación fiscal, para reactivar a recuperación económica.

Esta é unha medida, da Teoría Monetaria Moderna (adiante TMM), que resulta das inxeccións de crédito, por parte os bancos centrais.

Entón a opinión máis xeral, é que para controlar a situación (as inxeccións de crédito), se debía subir as taxas de xuros e ir reducindo paulatinamente a flexibilización cuantitativa.

No entanto, os poskeynesianos, que son igualmente defensores da TMM, se opoñen a esta solución, avogando pola continuación da flexibilización cuantitativa e os estímulos fiscais.

A novidade é a proposta da referida economista Isabel Weber, con medidas máis restrinxidas monetarias e unha maior austeridade fiscal, o que significa, máis impostos e menos gasto, para obter así un control da inflación, facendo que, esta deixe de crecer de inmediato. Esta é unha medida a noso ver intermedia, no entanto, nos parece de aplicación, bastante eficaz.

A isto se chama control dos prezos

A economista en cuestión, se basea nunha comparación que desenvolveu, entre a espiral inflacionista, no tras Segunda Guerra Mundial e, a situación actual. E máis, os economistas entón, mesmos os que seguían as liñas de conservadorismo máis ortodoxo, aprobaron na altura o control dos prezos.

Weber escribe “os controis dos prezos, permitirán gañar o tempo necesario, para se resolver os pescozos da botella, que continuarán a existir mentres durar a pandemia” (como consecuencia das dificultades reais ou aparentes dos fornecedores entregaren os compoñentes necesarios á normal marcha da produción).

Esta economista, cita neste seu traballo, varias veces ao economista John Kenneth Galbraith, que tivo, entre outras intervencións, a de indicar que no seu entender o “papel desempeñado polo control dos prezos, só sería estratéxico” e, engade, “non freará a inflación, o que si estabelecerá, son as bases para unha intervención máis profunda e, gañará o tempo necesario, para aplicar as medidas que de verdade a controlarán”.

Por tanto, o que podemos concluír do texto de Isabel Weber, é que non se trata dunha medida de curto prazo, que resolva de inmediato o problema, mais si, unha política que sería primordial para controlar a inflación dunha forma constante e continúa, de forma que non sería necesario parar os investimentos públicos, financiada por bancos centrais e, por tanto, non se tería de diminuír a política recuperadora da economía da TMM.

As reaccións foron de indignación sobre todo polos economistas, que se auto denominan, como “os das correntes principais”, como por exemplo Paul Krugman, que escolleu a ironía mordaz para contra-atacar a posición de Isabel Weber. Para estes, hai que deixar os prezos ao sabor dos mercados pois, “non se pode evitar que o sol saia desde o Este e se tal acontecese, habería escuridade permanente”.

O que é o mesmo que dicir, que non se debe parar a espiral inflacionista, senón os señores capitalistas, se “cabrean”.

Todo isto, porque segundo unha lei da economía neoclásica, os gobernos non se poden opor aos mercados, pois, se o fan, pondo controis sobre os prezos dos mercados, farán que a economía se desequilibre.

Outra mentira de recorrido moi curto…

Temos para nós, que esta polémica é algo que só ten cabida teoricamente, pois, como sabemos, en moitos sectores de economías capitalistas, existen controis de prezos, que están a funcionar eficientemente. E este control tanto se pode encontrar en monopolios privados, como en industrias públicas.

Claro que sabemos que existen outros factores de importancia, igualmente preponderantes para a existencia da inflación, no entanto, debemos desenvolver as ferramentas que xa temos dispoñíbeis para a extinción do incendio.

Por iso, cremos sinceramente, que hai necesidade urxente de comezar a actuar, pois, os problemas existentes, están cada vez máis a mostrar, que dunha inflación moderada, se non se actúa xa, podemos pasar a unha inflación galopante.

Así que os gobernos e, no caso concreto o español, non pode ollar para o outro lado e imputar a responsabilidade, á Unión Europea, facéndose de vítima. Deixen a demagoxia e actúen, con forza e coraxe.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.