Entrevista a MounQup (2ª parte): «O meu próximo disco é unha reflexión sobre a miña presenza aquí en Galicia»

Por Angelo Nero

Non so influíuche a paisaxe, a natureza e a cultura galega, tamén adoptaches o noso idioma, que falas con fluidez, e incluso cantas en galego, ¿cómo foi ese namoramento da nosa lingua, que moitos nacidos nesta terra semellan desdeñar?

Me estou enteirando mais e mais do desprezo que algúns galegos teñen polo seu propio idioma, e dos bloqueos que hai en xeral en España cos idiomas rexionais.  Eu non o pensei cando cheguei, non coñecía nada de Galicia. Ollaba os paquetes de cereais onde todo está traducido en todos os idiomas de España, e pensaba: ”wauu que abertos son os españois, que multiculturalidade!”pero co tempo, entendo mais e mais esas caras raras que facían algúns cando dixen que quería aprender o Galego hehe ! A min parecíame moi bonito, normal, porque estaba en Galicia, e cómodo, porque se me entende en toda a península. Non aprendín o castelán, pero claro si me encontro fora de Galicia un tempo, o falaré seguramente. Pero é verdade, que xa teño moito cariño polo galego, aínda mais agora que entendo un pouco mellor a situación. É político?  Pois non me molesta posicionarme.

Cando xa o teu proxecto tiña unha certa proxección nos medios e xa te contrataban para concertos e festivais, como o Womad, ou como o Monkey Week, apareceu esta maldita pandemia, que deixou ó mundo da música envolta nunha grande incertidume. ¿Cómo te afectou a ti, persoalmente, todo isto, e cómo continuaches creando neste longo ano que levamos co coronavirus marcándonos a axenda das nosas vidas?.

Afectoume moito en todos os niveis. De principio, gustoume moito esa sensación de caos, de parón mundial, dicíame que había que o repetir polo menos un mes ao ano. Rebaixar a velocidade xeral, deixar de apurarnos tanto. Despois …. “teletraballar” cunha nena a casa, esquécete haha ! Ademais durante o primeiro confinamento estaba a tope de obras porque queimou unha parte da miña casa uns meses antes. Foi e sigue sendo ben complicado, rómpeme o corazón de ver a filla ir no cole con mascarilla e a sobre-dixitalización da música, da cultura en xeral, se pon a cousa aínda mais precaria. Moita xente se volve tola, que a distanciación social é anti-humana, e hai menos e menos confianza nas autoridades e institucións, local, nacional ou internacional. Para facer corto: cheira fatal! Non podo dicir que non o esperaba, é evidente que o mundo non pode seguir así, pero joo, pensaba que pasaría en 10 ou 15 anos !! Entón si que hai un antes e un despois Covid, agora estou recolocando a miña vida e as miñas creacións. Esperanza e reflexións colectivas é o que temos mentres vívemos un simulacro de vida normal.

Conseguiches varios premios, como o Narf á mellor artista musical galega, o Martín Códax a mellor artista electrónica, e tamén fuches seleccionada como artista do circuito internacional do programa europeo de talentos INES Talent, ¿Qué significa para ti estes recoñecementos ó teu traballo musical, tanto a nivel galego, como a nivel europeo?

Esta moi ben para axudar a currar o meu síndrome do impostor!! Me podo dicir que si! O que fago ten interese, lexitimidade, e podo traballar a miña noción de mérito. Iso é o persoal, despois profesionalmente é marabilloso! Dáme mais credibilidade fronte do público e dos outros profesionais, é imprescindíbel para poder seguir. GRAZAS !!!

“Adentreime de cheo na música contemporánea a raíz do nacemento de miña filla. Moitas mulleres abandonan os seus soños ou aquilo que queren realizar na vida unha vez que teñen fillos, non creo que deba ser así. Para min foi toda unha motivación”, dixeches fai uns anos, reivindicando a creación ligada á maternidade. Tamén hai unha mensaxe inequivocamente feminista e antipatriarcal no teu proxecto musical, ¿crees que aínda hai moitos muros mentais que derribar nun mundo tan sexualizado como este?

Puf moitos moitísimo muros. Eu tiven a sorte de ter exemplos de maternidade fora do común arredor de min, ademais son do tipo a escoitarme, sentir as miñas emocións e querer vivir en acordo con min mesma. Aínda que cando tes un neno, hai moitas dubidas e cando non sabes que facer ou como reaccionar ca túa criatura, é moi fácil facer o que sempre se fixo, o que sempre viches, o que viviches. Hai un peso sobre a parentalidade, hai que ser pais perfectos para ter nenos perfectos. Pero moitas da receitas para ser pais perfectos non me pegan, non son naturais pras min. A miña filla fai parte indisociable da miña vida.

No mundo de adultos, no mundo laboral, uns dos conceptos mais importantes das nosas vidas son o tempo e os cartos, algo que non ten ningún sentido para un neno (a verdade que eu tamén o considero absurdo). Por iso ter fillos é considerado como unha discapacidade, un freo ao crecemento profesional. Entón moita xente terá tendencia a disociar vida propia e vida familiar, os homes esconden os nenos facilmente, é socialmente moi aceptado que os homes poden tomar esa distancia para currar. As mulleres deciden renunciar ao seu desenrolo profesional e persoal, porque non hai espazo seguro polas familias. Creo que vai mellorando, bueno espero. Para min hai que visibilizar a maternidade, e a paternidade tamén, aínda que non sexa polas mesmas razóns. Para moitas feministas a maternidade é unha servidume, eu creo que si os nenos son realmente aceptados, será menos unha servidume. Despois hai uns dos outros problemas da sociedade patriarcal, é que unha muller está como “caducada” despois de ter fillos, non ten o mesmo estatuto, é menos atractiva e entón é menos “bankable”. Sabendo que seguemos nunha sociedade que presiona ás mulleres para que teñan fillos, como non acabar bipolar hehe .

Outra das túas preocupacións é a ecolóxica, como demostras na túa forma de vida. Aínda chama a atención noticias como, recentemente, a dunha periodista que, no cumio da súa carreira profesional, decidiu deixar a cidade para irse a vivir soa no medio do monte. O cambio climático, a contaminación, o ritmo entolecido das grandes urbes… ¿non deberíamos prantexarnos un regreso á terra, antes de que sexa demasiado tarde?

Diría mais ben desenrolar formas de consumir mais conscientes. A idea de “regresar” non me pega.. Eu como moitas, non regresamos, que tampouco son do campo e ninguén da miña familia o é. Probamos, pensamos, reinventamos. A xente é moi creativa, en xeral só faltan medios e a comunicación. É perfectamente posible ter unha vida confortable no rural, cunha vida san, consumindo mais local, sen destruír todo tomando en conta as riquezas E os límites do contorno de cada quen. Cando hai intercambios entre recursos mais afastados, tipo cacao, café, de nos, europeos, que non temos, pois intercambiar con sentidiño común come se di moito ultimamente. Roubar e destrozar, non é un intercambio san para ninguén. Sentidiño quere dicir ver a longo prazo, temos os medios para coidar de nos e do noso entorno, so falta a vontade de algúns.

Dende que confinaron a música, e xa non podemos disfrutala en directo, esfumáronse moitos proxectos, aínda que outros se foron xestando no interior dos estudos e casas particulares. ¿Cales son os próximos proxectos de MounQup?

Ese ano estou acabando o composición do meu próximo disco, bastante introvertido pero necesario neses momentos de introspección profunda que me xenerou a pandemia, aínda que sexa a nivel persoal. É unha reflexión sobre a miña presenza aquí en Galicia, sobre a natureza que me rodea e as raíces novas que estou botando dentro desas terras. Me estou xuntando con persoas, bueno como se pode, para montar un espectáculo audiovisual. Se todo vai ben o presentaremos este verán !! Champán !!!

 

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.