Dependencia e euro-dependencia

Os americanos con ou sen Biden, con ou sen Donald Trump, persistirán a tentar seren a forza hexemónica mundial, a través do seu desenvolvemento armamentístico e da presión, sobre todos os pobos que non estean sometidos á súa “tiranía”.

Por Jose Vieira

Comezaremos por definir o que é unha dependencia, para que non resten dúbidas, acerca do que pretendemos expresar con este texto.

Dependencia: pode significar situación en que persoas ou cousas están nunha posición na que unha esta ligada intrinsecamente a outra, sexa persoa ou cousas.

Tamén pode significar, un estado non normal, que pode ser patolóxico dunha conexión de tal forma forte, que unha persoa non poida vivir sen determinada outra persoa, cousas ou determinados estímulos, que lles provocan estados de benestar, sen os cales non os conseguía.

Gustounos colocar, como definición máis xeral de dependencia, a que a considera como un termo que a pesar de ter varias aproximacións conceptuais, serve para caracterizar como unha de entre elas a seguinte: “relación de orixe ou conexión, a subordinación a un poder maior ou a situación dun suxeito que non está en condicións de poder valerse por si propio.”

Por outro lado, é costume conxugárense tres circunstancias, para que sexa considerada que unha persoa se encontra nun estado de dependencia, a saber:

– Cando se está perante a existencia dunha calquera limitación, podendo esta ser de carácter físico, intelectual ou material.

– Imposibilidade de calquera persoa ou comunidade de non se poder realizar tarefas inherentes á súa existencia.

– Necesidade de ter que recorrer á utilización de servizos doutro ou doutra entidade.

Estas son algúns das circunstancias que concorren para que se diga que alguén, persoa, comunidade ou país, estean nunha situación de dependencia.

Podemos tamén, clasificar canto aos puntos de aplicación e destino, desas dependencias, entre outras, estas que consideramos máis importantes, para o texto en cuestión, que son as seguintes:

– políticas

– psicolóxicas

– físicas

– económicas

– culturais

– materiais (fornecementos de materias primas e outros compoñentes)

Nos centraremos en especial, na dependencia política e

– Por dependencia política, a definimos como sendo a anulación ou limitación das ganas de alguén relevante e, con responsabilidades ou dunha comunidade, para tomar as decisións que as súas atribucións impoñan.

Esta dependencia pode xurdir, estritamente por dúas vías, a política, resultante de presións imposíbeis de contornar ou por unha situación de dominio dun outro país ou persoas, de forma económica. Simbiose das dúas dependencias.

Tamén pode xurdir, dunha unión de países, sobre un determinado país, compoñente desa unión.

Moitas veces un deses países, pertencente a esa unión, alcanza unha posición de dominio sobre os outros compoñentes (polas súas condicións dominantes na economía, pola súa posición no campo da política internacional, as súas conexións a conluios, cos poderes globalizados ou militares) colocándoos, nunha certa situación de dependencia.

Damos como exemplo, o caso máis que evidente, da actual posición da Alemaña, dentro do espazo Comunitario da Unión Europea.

Moitas outras veces, ocorre a dependencia sobre a forma dunha subordinación, en termos culturais, por exemplo, cando un ou varios países son subsidiarios da mesma lingua e da globalización que de aí decorre. Un bo exemplo son os países de lingua hispana da América do Sur, e a súa relación con España.

Cabe agora, que entremos na cuestión, para nós esencial, que é a ampliación das dependencias entre grandes países dominadores e os seus respectivos satélites.

Antes do desmantelamento da URSS, había realmente dous grandes bloques de influencia, ou sexa, o que era constituído polos satélites da URSS e, os que xiraban en torno aos Estados Unidos da América do Norte.

Tamén era común, os designar, por bloque Occidental e o bloque Oriental.

Como sabemos o bloque oriental, se foi desmoronando, coa caída da hexemonía do comunismo, sobre o seu entorno de influencia.

Este bloque, fora constituído, como contrapoder, en relación ao bloque Occidental, tamén un organismo colectivo, dos seus respectivos satélites e, de protección militar, agora en torno á URSS, que se designaba por Pacto de Varsovia.

Este pacto, estivo activo desde 14 de maio de 1955 e se extinguía en 1 de xullo de 1991. Formaron parte deste bloque militarizado, os seguintes países: Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS), Checoslovaquia (actualmente escindida en dous países, a Chequia e a Eslovenia), República Democrática da Alemaña (antes a Alemaña se dividía en República Federal Alemá –a parte occidental afecta aos Aliados Occidentais), Hungría, Romanía, Bulgaria e Albania. A súa sede, sempre estivo desde os seus inicios situada na Capital de URSS, Moscova.

Como veremos, este Pacto de Varsovia, xorde como unha reacción da URSS, á creación como veremos axiña, da OTAN, que é anterior.

Este espazo xeográfico militarizado, resulta, como é fácil concluír, da repartición dos territorios tras a Segunda gran Guerra Mundial, para o lado dos entón aliados occidentais, contra ao Alemaña Nazi (a Alemaña de Hitler), con que os Americanos, recrearon unha nova forma de dependencia da Europa, moi máis estrita e controlada, creando a chamada Nato (OTAN).

Esta organización, cuxas siglas significan o seguinte: Organización do Atlántico Norte, decorre dun tratado subscrito en Washington, en 4 de abril de 1949. A súa sede se sitúa na cidade europea de Bruxelas. Foi composta polos seguintes países; Estados Unidos da América do Norte, Canadá, Bélxica, Dinamarca, Francia, Holanda, Islandia, Italia, Luxemburgo, Noruega, Reino Unido e Portugal.

Posteriormente se foi ampliando, a outros países, como por exemplo a España na parte máis Occidental da Europa. No entanto, coa extinción do URSS e do Pacto de Varsovia, en 1991, os americanos, foron estendendo a OTAN, aos países que saíron da órbita da antiga URSS. Esta expansión contraría todos os acordos firmados no tras guerra, coa URSS.

Se dan, naturalmente, dúas ordes conxugadas de intereses, por un lado as ganas americanas de seren quen ditarían, no futuro, as leis, que serían as súas, quere militares, políticas e, por outro lado, a hexemonia do seu neoliberalismo capitalista salvaxe, no ámbito económico.

Imos empregar unha expresión que non pertence aos hábitos dos chamados occidentalistas, o que os americanos, a través dos compromisos económicos e da súa imposición de programas de rearmamento impostas aos seus socios da OTAN, así como, unha desapiadada política de colonización (a todos os títulos moi máis sórdida e atentatoria da dignidade dos países seus socios) e, cuxo inicio se acostuma indicar, como período en que na América se implantou como Presidente do país Donald Reagan, e que coincidiu na Inglaterra, coa súa media laranxa, a primeira ministra Margareth Thatcher. É o período en que se imprime unha maior presión sobre a Europa, que xamais deixou de se facer sentir.

Desta asociación, xamais até hoxe, deixou de impor os certos intereses, aos dos europeos continentais, os impedindo de levantar a cabeza, isto é, os obrigados a continuaren de xeonllos, ao servizo do poderío escravista dos americanos. Como dicimos enriba, este dominio se ten vindo acentuar, desde o período en que coincidiron ambos as personaxes referidas.

Máis, é desde entón, que a non respectan os tratados internacionais, tendo como auténticos titeres (dirixentes europeos ao seu servizo, unhas veces máis submisos outras menos), os chamados catro (2) da Normandía, a pesar dos esforzos, especialmente levados a efecto pola Francia, no actual conflito entre a Rusia e Ucraína, ao desenterrar o acordo de paz de Minsk.

Este tratado, fora alcanzado en 2014 e que puña fin aos conflitos separatistas entre rusos e ucraínos. E, como non podía deixar de ser, se considerou debaixo do designo imposto polos Estados Unidos da América, sendo rexeitada e inviabilizada unha negociación pacifica, tendo como resultado o masacre dunha poboación, a ucraína.

Os americanos con ou sen Biden, con ou sen Donald Trump, persistirán a tentar seren a forza hexemónica mundial, a través do seu desenvolvemento armamentístico e da presión, sobre todos os pobos que non estean sometidos á súa “tiranía” (no sentido lato do termo).

Esa expansión é para eles unha necesidade prioritaria, pois, os seus dirixentes políticos, a que teñen que obedecer “estrito senso” son os seus Amos, que son os chamados “Amos do Mundo” (1), e para quen os seus obxectivos, son inadiábeis e irrecusábeis (control do 1% da poboación sobre 99%).

Como por exemplo, na actualidade, os americanos están a facer na área do Pacifico, cercando ou o pretendendo facer, á China, coas alianzas militares con Australia, Xapón e Corea do Sur. Claro que Xi Jinping, sabe que o ascenso da China como “leader” mundial non pode recuar perante a Casa Branca de Washington. Por iso a China mantén unha posición calma, mais expectante, no conflito entre a Rusia e a Ucraína. Non dubidemos que para este a Rusia, é un muro de protección ás pretensións de hexemonia americanas.

Quen está realmente a gañar a guerra? Tamén é fácil e inmediata a resposta, os de sempre os “Amos do Mundo”, que están a escoar os stocks de armas que tiñan almacenadas e agardando, pacientemente que esta acabe para saltaren a reconstrución do que foi destruído.

Nunha guerra perde o “pobo da rúa” (cos soldados de cada lado) e gañan só os “AMOS DO MUNDO”.

Notas:

1 – In “ El Nuevo Orden” de José Vieira

2 – Rusia, Francia, Alemaña y Ucraína durante a firma do acordo de Minsk de 2015.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.