Carmen Valiño: ‘A psiquiatría se aliou coa igrexa e co estado para controlar ós novos modelos de muller’

Nueva Revolución publica hoxe a entrevista realizada a Carmen Valiño arredor do seu libro As tolas que non o eran, unha obra que rescata as voces silenciadas das mulleres internas no manicomio de Conxo entre 1885 e 1936.

Por Dani Seixo | 28/02/2026

Este é un libro sobre as que nunca importaron. Mulleres pobres, aldeás, analfabetas, rebeldes. Mulleres ás que a historia oficial relegou á marxe baixo a etiqueta da loucura. Mais, como revela Valiño, tras ese estigma agóchanse vidas cheas de humanidade e dignidade: a subversión de Amalia fumando cigarros rubios no vapor Habana; a carta de María á súa filla despois dun Nadal no inferno; ou a mirada sen esperanza de Elena, que debería estar amasando nas mans da neta e non na cesta de costura dun manicomio.

A través desta entrevista, afondamos nas claves dun traballo que racha coa narrativa dominante e devolve voz ás vencidas.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.