Unha dificultade concreta: Parece que estamos no século XVII

esta intoxicación política ten estado perfectamente implantada nos Estados Unidos da América do Norte, sendo xa a base da conquista do poder de Donald Trump no seu primeiro mandato

Por Jose Vieira | 26/09/2025

Temos unha impresión bastante ben fundada, de que na actualidade, dato o espazo destinado ao ensino doutras materias, xulgadas como máis importantes para a formación dos estudantes, se deixou moi pouco tempo para se informar aos mozos, de onde viñeron e, como non, teren unha pista de para onde camiñan.

Realmente, o que verificamos, é que con “á présa de hoxe”, estes alumnos, que hoxe enchen os establecementos onde se lles debían ser prestadas a súa formación, non prestan a máis mínima atención ao que pasou a uns centenares de anos atrás e, moitas veces, até o que pasou o tempo de seus proxenitores máis próximos.

Se lles preguntaren a razón pola cal non lles interesa saber nada do que pasou antes de naceren, ten a ver con que, non teñen tempo a “PERDER” co que pasou o pasaba, cando eles aínda só “andaban a catro”.

Naturalmente a súa atención centrase unicamente o que poden ter coñecemento, de que existe, desde o seu día a día, aínda que, no certo significado desas a aportacións de coñecemento non as entenda e, máis, nin sequera saiban para que serven. O que lles interesa é que son cousas novas, cousas que se aparecen agora, son máis importantes do que perder tempo con cousas de vellos, pois, esas si, xa segundo estes, só serven para perder tempo, non permitindo a que dediquen ese, a cousas que nin saben para que serven, nin tan pouco entenden as súas aplicacións.

Para estes, o que lles interesa é que son do seu tempo e, máis do que iso, os seus proxenitores ni sequera se informan do que se está a pasar, o que lles permite, dicir que seus “papás”, son uns CARCAS e como tal non se enterran de nada e, en diálogo en casa, estes poderen dicir a seus país, cálense que non sabedes do que se fala.

Mas o interesante é que na maioría dos casos, estes novos Einstein, tampouco entenden absolutamente nada do que falan. Revelando unha total ausencia de coñecemento, o que significa unha ignorancia prepotente.

O más interesante da situación, é que pretenden afirmar dunha forma perfectamente, onde poñen a descuberto na súa total ignorancia, que o seu coñecemento en xeral, dos temas en que se din ser expertos, practicamente só ouviron falar e nada máis do que títulos.

Estes ciclos de desencontros e falta de coñecementos en xeral, mostran que no mundo en xeral e, en especial nos Estados Unidos da América do Norte, a administración do país co seu presidente en especial, nos referimos a Donald Trump.

É evidente que este señor, co apoio financeiro que consegue dos seus “sponcers” e a masiva impregnación nas redes sociais, verificase que sobre todo a xuventude masculina, ve o avance da poboación feminina, no mundo, aproximándose unha igualdade de dereitos e oportunidades, que antes só as disputaban os homes, representa, para os mozos masculinos, como sendo a culpa dos partidos de esquerda.

Así a dereita en toda o mundo occidental, se está a servir deste modelo e, más, a insistir cada vez máis de que ser de esquerda está a ser un privilexio do xénero feminino.

Esta divulgación (a que chamamos de intoxicación social), está a ser apoiada polos partidos de extrema dereita na Europa, a través de campañas masivas, nas redes sociais e, presións nos locais de traballo, en que din que os lugares de importancia están a ser “roubados” aos homes e entregados aos elementos femininos, a que os homes mozos, pensan que é un traballo de subversión da esquerda socio/política.

Mas isto non se caída aquí, esta intoxicación política ten estado perfectamente implantada nos Estados Unidos da América do Norte, sendo xa a base da conquista do poder de Donald Trump no seu primeiro mandato, mais asumindo o clímax de súa acción gañadora, no asalto ao poder neste seu segundo mandato.

Non hai de máis mínima dúbida, desta manipulación efectuada polo presidente dos Estados Unidos, pois, se verifican a cantidade de “mitins” apoiados polos “influencers” pagados polos apoiantes de Trump, servíndose de informas falsas, de lanzamento de avisos falsos de ataques a países “Amigos” dos Estados Unidos da América do Norte, que no fondo, non son outros países que por dominio económico, financeiro e sobre toda chantaxe militar e, por iso os americanos, co señor Trump á cabeza desenvolven neses a imposición, a través de apoios financeiros e promesas de todos os xéneros de axudas, que as poboacións se votaren de acordo coas regras por eles impostas.

Non esquezamos que a invasión da Rusia, a quen interesa é á dereita liderada no mundo de influencia Americana, polo señor Trump, basta ver o que resultou para as economías europeas, que foi a entrega dos beneficios ós americanos, que así substituíron todo o que os Rusos fornecían, pero agora con prezos moi máis altos.

Estas subidas dos prezos na Europa, trouxeron a estagnación, que por exemplo, foi extraordinariamente sentida na economía Alemão. Pronto aproveitada pola presidente americana para a Europa, Úrsula Van der Leyen, para promover aínda máis a dereita da primeira ministra italiana, “a súa amiga de peito”, a súa incondicional seguidora a señora Meloni.

Así a viraxe á dereita, na Alemaña, co señor Friedrich Merz e súa socia a señora Alice Weibel, está a ser un auténtico paradigma do dominio de Trump.

O mesmo se está a procesar en Francia, coa completa viraxe do seu Presidente Emmanuel Macron, hoxe un socio avergoñado ou case, de Mariane Le-Pen. Meloni, En Italia e para terminar, este texto, a presidente para a Europa do señor Trump, como enriba referimos, a señora Úrsula Van der Leyen, protexe e conduce a señora primeira ministra Meloni, no resurdimento do neofascismo de Mussolini, en que esta está empeñada e, que dá a plena manipulación, de datos, para que as capas máis mozas, sobre todo os masculinos, teman que o ascenso das mulleres sexa un produto que os prexudica e que é impulsado pola esquerda.

Nota:

Pensamos ser moi estraño o asasinato do auxiliar de propaganda do señor Trump, o mozo KIR, cun único tiro, supoñendo que o presidente tiña a zona coordinada polo exército (de acordo coa súa política de poboar as cidades americanas dunha visionaria política anti terrorista).

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.