Votar en contra de nos mesmos, ao PP e a VOX

Moitas veces somos levados a permanecer nun estado de individuos adultos, mais, mentalmente infantilizados

Por Jose Vieira

Moitas veces, sentímonos envolvidos por unha nube moitísimo espesa, que non nos deixa ver con claridade os problemas que nos cercan e, se os descortinamos no medio da nube, se nos mostran de tal maneira complexos, que para nós homes da rúa, normais e correntes, son ou se tornan insolúbeis.

Esta forma de facer parecer que os problemas, son extraordinariamente complexos e, arrastrando a idea de que só estaría ao alcance de expertos, non só o seu entendemento, así como, as súas posíbeis resolucións, non é outra cousa de que unha “estratexia intencional”, levada a efecto para retirar as ganas e a capacidade propia, das persoas pensaren e resolver os problemas que nos cercan.

O que entón acontece é que o ser individual, por esa circunstancia sentese autenticamente “emparedado”, por un lado, mentres polo outro, a cantidade de datos subxacentes, así como, a súa chegada, se fai dunha forma caótica e, por veces, se esgota calquera tipo de reacción, entregándose o individuo, a unha espera de que alguén resolva as situacións por el propio.

Diriamos que estamos perante unha dobre forma de control, por un lado o cinismo da situación conduce a un total descrédito (moitas veces sobre a forma de discursos o de manifestos de amplas divulgacións) e, paradoxalmente, pode se presentar, como unha auténtica fe relixiosa (até porque existe esa crenza no sobrenatural como complemento do incompleto ser que somos) e, que se aproxima até da credibilidade infantil.

Moitas veces somos levados a permanecer nun estado de individuos adultos, mais, mentalmente infantilizados.

Esta posición conceptual, conduce a unha incapacidade de se elaborar e pensar criticamente, pois, se torna imposíbel o recurso a elaboración de xuízos, de carácter existencial e mesmo de valor. Perante esta incapacidade, os traxes e toda ou case toda a fenomenoloxía que nos cerca, perden a súa intrínseca calidade, como partes dun todo estruturado, pasando a ser de interese unicamente cuantitativo.

Esta situación cheganos, das máis variadas formas de comunicación, tendo sobre a comunidade un dos efectos, que Erich Fromm falaba nos seus brillantes estudos.

Recordamos o seu libro “Escape da Liberdade”, que veu ao publico o ano de 1941. Para nós este filosofo e psicólogo, analizou algúns dos máis estraños problemas de entón, mais, que son hoxe perfectamente pertinentes.

Entramos, aquí en algo que apaixonou os estudos deste filosofo, de orixe alemá, aínda que vivise posteriormente nos Estados Unidos da América do Norte.

Tratase, neste noso caso, en intentar comprender como unha poboación, cun grao de instrución, do máis elevado da altura, a alemá e unha das liberdades máis consolidadas da altura, da Europa e posibelmente do Mundo e, durante a república de Weimar, se deixou ir no discurso de Adolf Hitler e, máis do que iso, até o seguiu cun entusiasmo inusitado, para nós, deixando que as súas liberdades fosen cerceadas (moitas delas dolorosamente conquistadas), se deixando dirixir e estruturar.

Só podemos dicir que o nazismo, a pesar de todo, non enganou a poboación, porque desde os primeiros momentos, o que prometeu foi precisamente facer desaparecer toda a oposición política, estruturando a Alemaña, de modo a decidir para o futuro a súa moral, a súa cultura e os seus obxectivos.

A Erich Fromm, esta situación o preocupaba, mas procurou estudar un caso menos complexo (ou polo menos el así o pensaba), se centrou no seu país de acollemento os Estados Unidos da América do Norte, que para el era un caso de estudo.

Para o filosofo este, o seu novo país, foi un “construtor doutros países” e, como tal deu foros de liberdades persoais a outras poboacións.

Mas o que el verificou é que moitos individuos sentiron sobre si propias ese determinismo como sendo unha carga e, lles era difícil vivir, con esa carga.

Para moitos esta carga non era moi pesada mentres para outros se tornaba pesadíssima.

Erich Fromm, cognominou este fenómeno como sendo a chamada “liberdade negativa”.

Esta se manifestaba como unha forza destrutiva do mundo e era como un correcto xeito de liberación do individuo.

O filosofo profundou este tema, relevando tres formas de chegar a esta negatividade:

– AUTORITARISMO,

– DESTRUTIVIDADE E

– CONFORMIDADE

Por autoritarismo, este o defina, a través dos seus elementos sádicos e masoquistas e se caraterizaría polo desfrute da imposición dunha determinada orde no Mundo.

Por destrutividade, esta sería aínda máis forte e impositiva que un simple control, sendo unha auténtica renuncia a si propio destrutiva de todo o que continuaría para alén das nós propios.

Por conformidade, sería a parte máis complexa, sendo a incorporación inconscientemente das crenzas, das normas a estabelecer e, que os individuos as asumen contraditoriamente como valores persoais e que non foron impostos.

Terminamos esta nosa incursión no pensamento de como as ideas se impoñen sen seren “impostas”, co sentido claro e ben desperto, mais si, como unha liberdade negativa, coas tres características, referidas enriba, mais, acompañadas por un outro elemento ou unha “liberdade positiva”.

Todo isto, torna posíbel a liberdade real, liberdade progresiva, permitindo, a adopción para alén que outras accións ou interaccións sociais e conexións.

Estes fenómenos, non son os que fan que as poboacións voten sen calquera dor, a estruturas políticas, perfectamente contrarias ás súas conveniencias reais.

Isto xustifica, o contrasenso das más débeis votaren en partidos dos máis poderosos e apoiaren políticas de sinal contrario aos seus intereses, como por exemplo en España os máis desfavorecidos, se encontraren a apoiar, precisamente os que os oprimen, que son os típicos votantes de VOX e do PP.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.