![]()
Se ollarmos todos os días para as pantallas da televisión, e sen estar a se posicionar, por calquera posición, o que vemos é un total abandono daquilo a que antes definiamos como a orde mundial.
Por Jose Vieira | 22/04/2026
Existen cidades que polo seu pasado, “están liberándose da lei da morte”, normalmente por se teren tornado notábeis por algún éxito que aí ocorreu ou albergan sistematicamente, eventos moi importantes para o xeral da poboación.
Este é o caso da cidade de Porto Alegre, capital do Estado de Río Grande do Sur, no Brasil.
Tamén é moi interesante, o que as persoas reteñen e, no caso desta cidade, é a consideraren un “referente mundial de esquerdas” así como de movementos de solidariedade, que como todos PROFUNDAMENTE sabemos, son unicamente prerrogativas dos partidos de esquerdas.
Imos recordar soamente algúns, deses eventos para que esta nosa información, poida ser retida, máis facilmente a través de exemplos.
O Foro Social Mundial (FSM), ten tido como localización esta cidade, tendo a mesmo recibido desde o ano de 2001.
Como forma igualmente de retención, este tivo como un dos seus guións principais, que era posíbel outro mundo mellor, o que sería de traxe unha forma de oposición, aos encontros da extrema dereita e do poder globalizado, que repara no nome de FORO ECONÓMICO MUNDIAL DE DAVOS.
Así, nesta cidade e desde a data enriba referida, aquí se reunirán, organizacións de esquerda e seus movementos, como non podía deixar de ser, os antineoliberais.
Esta tamén durante moitos anos foi o fulcro das loitas antineoliberais, do Brasil, sendo para os brasileiros un símbolo.
Aquí, se constituíu e se desenvolveu o chamado “presuposto participativo”, que é unha ferramenta, utilizada polo Partido dos Traballadores do Brasil (PT), que permitiu que os cidadáns dun calquera municipio, puidesen participar directamente na súa xestión.
Mas antes queremos deixar ficar dito, que mesmo estas cidades, por veces tamén son albo de contradicións, que como é moi habitual, estas excepcións, serven para confirmar a regra.
Así actualmente este Estado, ten probado bastantes cambios políticos, sendo gobernada por gobernos de dereita.
Mas mesmo así ou a pesar diso, este ano de 2026, albergou un amplo movemento de esquerda mundial, ou sexa, a PRIMEIRA CONFERENCIA INTERNACIONAL ANTIFASCISTA, este pasado mes de marzo.
Durante o mes de decembro, especialmente entre 19 dese mes 2 20 de xaneiro deste ano se recolleron sinaturas, de apoio a iniciativa desta primeira conferencia.
Estiveron representados, mais de corenta países, tendo como obxectivo esencial, discutir como a esquerda se pode organizar, e se xuntar, para parar dunha vez por todas o adianto da extrema dereita, fascistizante.
Convén destacar o apoio dado polas súas firmas, de Jean-Luc Mèlanchon do (LFI), de Olivier Besancenot do (NPA) ambos de Francia, de Jeremy Corbyn e Zahara Sultana, ambos do Your Party do Reino Unido, Yanis Varoufakis de Mera 25, de Zoe Konstantopoulou, do Curso pola liberdade da Grecia, de Ada Colau de España e os italianos, Ilaria Salis e Domenico Lucano e, como non, de moitos outros e de todos os continentes.
Para dar unha idea da grandeza desta conferencia, entre as varias seccións e, asembleas de traballo, se contaron con cerca de 3.000 participantes.
Más, no desfile da inauguración as noticias dos periódicos que cubriron o evento falan de 5.000 participantes.
Non podemos deixar de notar, que a oportunidade desta conferencia, é por de máis, un albo completamente atinxido, pois, o que está a acontecer no mundo é algo de inacreditable.
Se ollarmos todos os días para as pantallas da televisión, e sen estar a se posicionar, por calquera posición, o que vemos é un total abandono daquilo a que antes definiamos como a orde mundial.
Toda a estrutura político /xurídica internacional, foi ultraxada, vilipendiada, por dous países no esencial.
Por Israel, co seu primeiro ministro, un autentico asasino e delincuente criminal e, que está a facer o xenocidio do pobo palestino e, non contento con esa acción, agora está a facer o mesmo coa poboación do Líbano, destruíndo o país e matando indiscriminadamente a poboación civil, incluíndo nenos.
Mas, na súa saña criminal, está destruíndo o país veciño do Irán matando igualmente civís, mulleres e nenos e destruíndo todo o que son infraestruturas do país, sementando a miseria.
Todo isto co apoio, dos Estados Unidos da América do Norte (USA), que, non só o apoia, mais que é a parte fundamental dos actos criminais, da destrución e do xenocidio, pois, o propio presidente dos tivo o desplante de afirmar, que despois de destruído e eliminada a poboación de Gaza, transformaría a zona, nunha nova faixa inmobiliaria turística para ricos.
Este señor Trump, xa invadiu e secuestrou o presidente da Venezuela, para se apoderar, das maiores reservas do mundo de petróleo, non respectando o dereito internacional.
Permitiu que Israel, utilizando as súas forzas de espionaxe, localizar os principais líderes do Irán e, os asasinar.
Este señor, Trump, posúe o exército máis ben equipado do mundo, e o manexa a seu belo pracer intimidado o resto dos países do mundo.
Trump encarna as más brutal imperialismo e al mesmo tempo está mostrando como pode impor a todo o mundo o seu poder indiscriminado.
Este poder ilimitado, exemplo, ten en súa man, a posibilidade de parar toda a transmisión de datos persoais ou empresariais, necesario as transaccións financeiras, quere de empresas ou de particulares.
Posúe o acceso aos datos persoais, de toda as persoas que posúan unha tarxeta, mesmo que só sexa de débito. Pois, estes datos están de posesión dos propietarios das redes de transmisión de datos e, que son os magnates que son os seus os socios e foron os patrocinadores da súa reelección – multimillonarios de Silicon Valley.
Este movemento, que xerou a primeira Conferencia Internacional Antifascista, que ocorreu en Porto Alegre, se desenvolveu e foi realizada, grazas ao esforzo de Éric Toussaint, intelectual e activista Belga, iniciando esta organización ao final do cuarto trimestre de 2025.
Como sempre, o que será necesario, é que o resto do mundo sexa capaz de tomar o estandarte e, que sexa substituída a señora Ursula Van-Leyen, na Uniao Europea, para que dunha vez por todas a Europa, retomar a dignidade a que ten dereito.
Por outro lado, é tamén necesario que a Alemaña, deixe de ter complexos fascistizante, con o seu rearmamento a toda á présa como está a facer o señor Friedrich Merz, coa súa socia Alice Weidel, do partido neonazi AfD.
Pois, os alemáns, xamais se ten visto libres de dirixentes políticos fascistizante.
Se el primero en comentar