serán eliminadas todas esas ideas peregrinas, como son, a protección do clima, a violencia do xénero, o coñecemento da certa historia do país, a memoria democrática e, o que poda estar a desviar os cordeiriños do camiño dos seus xustos
Por Jose Vieira
En termos de calendario gregoriano, hoxe é o día 18 de xuño de 2023. Estamos en pleno século XXI da nosa era (NE) e, moi próximo de se teren gasto case os seus primeiros vinte e cinco anos, ou sexa, o seu primeiro quarto.
Cremos realmente que o clima de que algúns falan e que a maioría, escoita como sendo máis un conto de “tíos raros”, nos acaban de traer uns ventos dun cambio non só desexado, mais máis do que iso, providencial até case divino.
Non estamos a esaxerar, o que estamos a tentar expresar, que os desexos secretos dunha maioría, da poboación que ten como local ou domicilio coñecido, nesta península do extremo sur do continente euroasiático, chamado península Ibérica e, na parte ocupada por España e, están en vías de estaren plenamente cumpridos. Máis, o pronunciamento de Valencia xa está coñecido, e divulgado, para xúbilo desa maioría saída das eleccións de 28 de maio pasado. Todo grazas ao padre tirano Abascal e ao seu empregado Feijóo. Supomos que esta é a orde correcta.
Realmente, temos que concordar, que temos vindo desde un pasado recente (desde a chamada oficialmente transición, que segundo algúns, designan como a pasaxe da ditadura monárquica á monárquica democracia), así como, desde que uns cantos arautos (tamén chamados políticos de esquerda), que dunha forma abusiva, nos foron tentando mostrar que había outras formas de vivir e outras ideas distintas, no mundo para alén dos Pirineos, mais, que os referidos señores enriba indicados, tiveron a amabilidade dos definitivamente desenmascarar, dunha forma práctica, o pasado día 28 de maio de 2023 (data das eleccións municipais).
Felizmente que esa invención das tales ideas absurdas de vivir nunha democracia, que nos trouxen a posibilidade de poder recorrer ás chamadas “eleccións libres”, permitiron que a colocación do “papeliño dos soños”, tamén designado como boletín de voto (outra ridícula invención desa absurda democracia), mais que desta vez permitiu, que se comezase a se facer xustiza (ás veces os maos réximes traen boas ferramentas…).
Non a certa xustiza, pois, esa só está na casa do Señor, mais unha copia reprográfica, que permitiu, que a vontade da “maioría silenciosa”, encamiñasen para o debido lugar os destinos do país, que en primeira etapa, sería a nivel local e autonómico, mais que puidese labrar debidamente o terreo, co abono das ideas máis lexítimas e cristiás, que son as que máis a gosto son desa maioría.
Temos finalmente, case de novo implantada, a “Santa Inquisición”, faltando unicamente que se estabeleza dunha forma máis centralizada e institucionalizada, a través dun goberno central, que respecte as ideas inquisitoriais e as poña en práctica de forma que todos, as teñan que cumprir, aínda que estea en contra as súas ganas, dunha minoría que, segundo os donos da Fe, Abascal e seu funcionario Feijóo, cognominan e tratarán como dunha certa a escória democrática e como tal xente marxinal.
Realmente agora que tivemos a sorte de ser esclarecidos, por estes dous señores, a través do seu apostolado, se deparan os seus raios de luz, como da certa mensaxe “de fe”, que nos permitirán alcanzar a salvación de todos nós, dunha vez por todas. Así serán eliminadas todas esas ideas peregrinas, como son, a protección do clima, a violencia do xénero, o coñecemento da certa historia do país, a memoria democrática e, o que poda estar a desviar os cordeiriños do camiño dos seus xustos, ou sexa a retirar a esencia e a felicidade de todos os certos cidadáns deste país, ou sexa do país deses señores.
Para que nos serve a cultura, se o que nos interesa é crear en cada terra un local onde se sacrifiquen animais e onde as poboacións locais poidan demostrar as súas capacidades de machistas. Iso si, esa é a cultura que desexamos e que queremos ver divulgada. Sempre e cando debidamente bendicida pola Santa Madre Igrexa.
Esperamos que os novos representantes das poboacións, quere a nivel local, quere a nivel nacional, realmente impoñan esa certa e única forma de pensar.
Queremos que as escolas ensinen os certos elementos da “tradición medieval”, sempre coa visión da Cruz, como protección e non permitan os desregramentos dos nosos mozos, mesmo que para iso sexa necesario recorrer aos métodos da “Santa Inquisición”.
Que coa vitoria nas próximas eleccións de 23 de xullo, sexa posíbel, unha maioría tan evidente, que permita inclusive, que os dous partidos salvadores do país, poidan impor un código de conduta suficientemente estrito, para que a Fe e a Esperanza, non volvan a ser palabras vans.
Que veñan a instaurar, no territorio nacional, unha certa cruzada, como as do final da Idade Media, mais que desta vez, sexa a definitiva e, sen voltas atrás, para que todos dunha vez e para sempre, poidamos nos considerar escravos por Fe, sen calquera vacilación, das doutrinas do señor Abascal e seu empregado e fiel seguidor Feijóo.
Mais, deixemos de futurar, aínda que os datos só permitan albiscar, que o que se está a deseñar no horizonte é o que enriba dixemos.
Por iso, escribimos estas humildes notas, pois, pensamos ser importante, axudar a quen tiver a paciencia de nos ler e, segundo o que estamos a ver e a ler, que despois destas eleccións locais e autonómicas, se está a dar unha volta de 180 graos, en todo o que até agora pensabamos que sería o certo rumbo, no sentido do progreso, sociocultural e económico, por forma a ser posíbel encontrar o camiño que permitise acabar coas desigualdades sociais e, que se camiñase no sentido da dignidade total da persoa humana.
Mais o que vemos, é unha inversión total dos valores do humano, o retroceso nos dereitos, liberdades e garantías dos cidadáns, propostos polo PP, que segue, como non podía deixar de ser, a súa matriz ideolóxica de sempre (estivo avergoñada até a entrada na dirección do PP do señor Feijóo), que é o Vox, co señor Abascal e seus “muchachos”.
Non somos pesimistas, no entanto, seguindo as ideas expresadas inicialmente como unha pesadilla reprográfica, do que se está a pasar, nos resta finalmente asistir a unha misa de corpo presente pola alma do Pobo, que somos todos nós. (independentemente do que pensamos cada un).
Se el primero en comentar