Unha Europa baleira de poder

O que non din os dirixentes europeos, é que o que están a facer é a aceptar dunha forma, disfrazada a imposición, da cantidade de gasto militar, que impón o presidente dos USA.

Por Jose Vieira | 6/04/2025

Infelizmente temos como condutora absoluta da Unón Europea, unha señora que se encontra nunha fase da súa existencia como persoa humana, non moi tranquila, probabelmente inestábel sobre o aspecto político socialmente. Falamos da representante da Alemaña, a señora Ursula Van-der Leyen e, compañeira do demandante electo a próximo chanceler o membro do CDU, Friedrich Merz.

O pouco edificante, é o retorno ao belicismo que revelan estes dous elementos, facendo recordar o pasado belicista das poboacións alemáns.

Partimos desde xa do principio, que este ADN, belicista, elitista, escravista e anti emigrante, perfectamente identificado nestes dirixentes, non representa a maioría dos seus votantes, mais si a influencia das campañas de marketing, efectuadas polos influentes multimillonarios americanos, nos órganos de comunicación social alemáns.

Non podemos esquecer os abrazos e as manifestacións de poio, de Elon Musk a señora Alice Weidel, a máxima dirixente do partido da extrema dereita alemana, o AfD.

Non podemos igualmente esquecer que esa señora, Ursula von der Leyen, foi unha das máis entusiasmadas defensoras das accións do Estado Israelita, no xenocidio do pobo palestino, inducindo a que a Unión Europea, teña pechado os ollos, dunha forma máis que tolerante, diriamos conivente, coa eliminación do pobo palestino.

Esta señora, co seu acólito Antônio Costa, din que se pretenden tornar autónomos en defensa dos Estados Unidos da América do Norte (USA), mais pretenden gastar cerca de 800.000 millóns de euros en catro anos, considerando esta situación excepcional, pois, compran a idea e a imposición de gasto en material de guerra do señor Mark Rutte, o secretario da OTAN, que non é máis do que un delegado das industrias de material de guerra americanas.

É gravísimo, a razón que dá para tal gasto, pois, intenta pasar a idea da inminencia dunha invasión da Europa por parte da Rusia, mal se faga a Paz na Ucraína e, por iso segundo eses arautos da desgraza, só se evitará a guerra, se estivermos armados “hasta os dentes”.

Para esta parella de dirixentes dementes ou mellor, en busca das comisións das compras de material de guerra, en vez de se utilizar a diplomacia para evitar conflitos bélicos, o que se debe é gastar diñeiro, en material de morte, en vez de procurar mellorar o benestar das poboacións e, diminuír as desigualdades sociais.

Non podemos ignorar, que a Unión Europea, na súa gran maioría, pertence á organización clientelista de material de guerra americano que enriba designamos por OTAN.

Como o señor Trump, presidente dos USA, impón 5% de gasto inmediato de material de guerra a Nato, sen os USA, algúns dos dirixentes da Europa, suxiren a independencia desta da industria de guerra americana.

Por outro lado, os americanos, parece que queren deixar de continuar a seren os titores e principais investidores en material de guerra na Nato, pois, pensan que se ten que preocupar máis con eles, do que en protexer unha Europa que ten estado a durmir nos brazos dos Americanos.

O que non din os dirixentes europeos, é que o que están a facer é a aceptar dunha forma, disfrazada a imposición, da cantidade de gasto militar, que impón o presidente dos USA.

É unha forma de covardía, non informar debidamente os seus concidadáns, de que están a tentar lanzar a Europa, para un conflito innecesario, levando a que a súa xuventude, así como as xeracións seguintes, para unha destrución e, conforme o alastramento ou a súa pasaxe a un conflito nuclear, a destrución total.

Non podemos deixar de considerar, que países como a Francia ou o Reino Unido, pretendan enviar tropas para a fronteira entre a Ucraína e a Rusia, o que é unha autentica declaración de guerra á Rusia, que terá, neste caso, todo o dereito de se defender e tomar as actitudes que esta declaración de especial belixerancia conteñen.

Estas declaracións de intencións aloucadas, son provenientes de dous dirixentes en busca dun prestixio perdido, como é o caso de Emmanuel Macron e Keir Staimer.

Un autentico acto criminal, que xamais a poboación poderá esquecer.

Esta actitude é do máis irresponsábel que pode haber, pois, é unha tentativa de facer unha declaración de guerra á Rusia.

Non podemos deixar de consideración que esa idea se o resto da UE, aliña en dar cobertura, a esta situación, non nos fará falta nada máis para que se desencadee un conflito bélico global, entre a Federación Rusa e a Europa.

Realmente non temos un mínimo de responsabilidade e respecto polo noso semellante, o que temos é un conxunto de dirixentes irresponsábeis e, naturalmente en busca dun protagonismo, que se desencadea un conflito global, este camiñará inexorabelmente para un enfrontamento, nuclear e, como tal poderá se o fin da historia deste noso planeta.

Por outro lado, non podemos deixar de recoñecer que o presidente dos USA, está en perfecta posición de evidencia e de total forza incontida e, que a pode manexar completamente as súas ganas, pois, conta con toda a pasividade covarde, da cúpula da UE.

Para os americanos a obtención das materias primas que lles interesa obter da Ucraína, na cantidade e na súa diversidade, así como nas condicións financeiras “que lles de a real gana”, están desde xa garantidas.

Só dependen dos acordos entre os americanos e os rusos.

A Europa, está formada por un conxunto de dirixentes que están “vivindo de soños dunha noite de verano”, en que nin sequera son capaces de avaliar, que o tempo de Napoleón Bonaparte, xa pasou a 200 anos.

Esas negociacións, non están nin na man do presidente en exercicio da Ucraína, o señor Zelensky nin tan pouco na dos dirixentes da U.E.

A moi que a capacidade de intervención, ou dito doutra maneira, a capacidade de ser socio respectado nos destinos políticos do mundo en que vivimos, por parte da Europa, deixou de ter voz cantante o ser ouvida.

Non temos calquera forza de negociación. Somos unicamente unha parte da paisaxe do mundo.

O tempo, de ser socio a ter en conta, para a Europa terminou, pois, foi liquidado por estes dirixentes actuais.

Paz a alma da Europa.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.