Sementes da discordia

Unha vez máis, Alemania, quixen mostrar que o fundamentalismo estatutario do Banco Central Europeo, non estaba creado para “salvamentos de emerxencia”.

os señores do tribunal de Karlsruhe, mostráronse unha vez máis, dignos da herdanza, do máis xermánico e  prepotente nacional- socialismo, cando pretenden impor, por ausencia de humildade, que non posúen,  evidenciando “a aberración que supón haber xudicializado a política monetaria”

Por  José Vieira

Comezaremos este noso texto por unhas transcricións que serven para dunha forma explícita poder ser máis facilmente notadas certas incongruencias que nos apraz tornar evidentes.

A primeira, se trata da conceptualización de Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE), así temos:

“O Tribunal de Xustiza da Unión Europea ( TJUE), é unha das sete institucións da Unión. Está integrado por dous órganos jurisdicionais: o Tribunal de Xustiza propiamente dito e o Tribunal Xeral. É competente para a xurisdición da Unión Europea. Estes Tribunais, garantisen a correcta interpretación e aplicación do Dereito primario e do Dereito derivado da Unión Europea no seu territorio. Controlan a legalidade dos actos das institucións da Unión e determinan se os Estados membros están cumprindo as obrigas que incumben en virtude do Dereito primario e do Dereito derivado.”

Este, ten unha base xurídica, estabelecida, no artigo 19 do Tratado da Unión Europea (TUE). Regulamentada nos artigos que van desde o 251 a 281, do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE), máis no artigo 136 do Tratado Euratom, no seu Protocolo n.3, que está anexo aos Tratados sobre o Estatuto do Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

O Regulamento (Eurotom da U.E.), 2015/2422 do Parlamento Europeo e do Consello de 16 de decembro de 2015, veu a alterar o Protocolo n.3 anterior, sobre o Estatuto do Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

Falemos sobre a súa composición e estatuto. Falemos sobre a súa composición e estatuto:           

Primeiro – Número de membros, segundo o referido artigo 19 do TUE e do artigo 252 do TFUE, igualmente xa referidos, será composto por un xuíz de cada Estado membro (actualmente 27). Terá un despacho de asistencia, de oito avogados xerais, cuxo número poderá ser aumentado polo Consello se o Tribunal de Xustiza o solicitar. Entre os xuíces, elixirán un presidente e un vice presidente por un período de tres anos que, no entanto, pode ser renovado. No entanto, non máis de seis anos, debendo haber unha renovación parcial cada tres anos de metade dos xuíces e dos avogados. A pesar desta obriga, de renovación, ambos os profesionais, poden vir a ser de novo nomeados.

Condicións a posuír os referidos membros:

Seren os xuíces e os avogados, elementos de recoñecida competencia, no exercicio das súas funcións, con anterioridade nos seus países de orixe.

Isto, significa estaren de acordo co artigo 253 do TFUE e o artigo 19 do TUE. A estas condicións, se xunta a garantía de absoluta independencia.

Antes, de asumiren as respectivas funcións, deben prestar xuramento de independencia, imparcialidade e mantemento do segredo das súas deliberacións.

 Estes profesionais, só poden ser relevados de súas funcións por decisión unánime do Tribunal de Xustiza.

Así, podemos dicir, con bastante seguranza que, as persoas que asumen estes lugares, dan bastantes garantías, de idoneidade e rigor Professional.

Toda esta introdución, serve para contextualizar formalmente, quen estea menos ao día ou informada sobre o que é o Tribunal da Unión Europea e máis aínda, sobre a súa predominancia sobre os tribunais dos países que constitúen a Unión Europea.

Como se pode deducir desde as transcricións enriba expostas, desde que cada un dos países, se integraron, de pleno dereito, na Unión Europea, cederon moitas das súas potestades, a respectiva unión. Unha delas, foi naturalmente, na xustiza, pasando a ser subordinada en último caso, ao Tribunal da Unión.

Esta situación é flagrante e é do coñecemento xeral, por un exemplo largamente divulgado nos órganos de comunicación social, cando da decisión do Tribunal Constitucional Alemán se pronunciou encontra da “liberalidade”, así o cognominou, das compras masivas do Banco Central Europeo, da débeda dos países europeos, así como das chamadas barras libres, para que a falta de liquidez non fose un problema a xuntar aos moitos existentes nesta dobre crise.

Non hai dúbida, que os señores do tribunal de Karlsruhe, mostráronse unha vez máis, dignos da herdanza, do máis xermánico e  prepotente nacional- socialismo, cando pretenden impor, por ausencia de humildade, que non posúen,  evidenciando “a aberración que supón haber xudicializado a política monetaria” co todo podo e mando, sen atender que deben xerarquicamente se someter, ás resolucións do Tribunal da Haia.

Unha vez máis, Alemania, quixen mostrar que o fundamentalismo estatutario do Banco Central Europeo, non estaba creado para eses “salvamentos de emerxencia”. Como todos sabemos, esa ortodoxia delirante, froito do chamado medo das inflacións, de entre guerras, en Alemania, inspiraron unha famosa novela de Erich Marie Remarque “O Obelisco Negro”, onde se conta, que até as estelas mortuorias, se arrancaban dos cemiterios para comprar alimentos.

Pero por iso os doutos señores xuíces do Constitucional Alemán, se esquecen, que esa decisión non infrinxía as atribucións do Banco Central Europeo (BCE), e máis que o seu propio Banco Central Alemán, participou da decisión de actuar no sentido de salvar unha vez máis, o mantemento do Euro pois, é un membro como todos os outros bancos centrais dos seus socios europeos.

Se agarran a un argumento, as chamadas “condicións de proporcionalidade”, para recriminar a actividade do Banco Central Europeo. Non imos entrar neste argumento pois non definen sequera, cales desas regras foron violadas.

Si que gustamos dun outro argumento, perfectamente fascinante, de que a actuación do Banco Central Europeo, “ocasiona aos  capitalistas perdidas”, pois perden de gañar as sumas astronómicas de diñeiro, á custa dos países máis febles e máis atinxidos, por estas dúas crises simultáneas (a pandemia máis a crise económica), pois esta política do BCE,  mantén os tipos de xuros baixos, o que está en contra os seus intereses.

Os señores do tal Tribunal de Karlsruhe, son naturalmente brillantes seguidores, pensabamos que só eran xuíces, homes de dereito, pero descubriron a súa capa de neoliberais ortodoxos, bebendo as ideas de Hayek e seus compañeiros, da escola austríaca e da súa posterior reformulación de Mont de Saint  Pelegrini e, das súas respectivas actualizacións, herdanza de Milton Friedman, na súa filla dileta a escola de Chicago. Recordemos a súa implicación no golpe contra Salvador Allende no chile.

Así, que dunha forma, como moito extra sus poderes, de resolución, decidiu emitir un prepotente parecer, que podemos considerar, coa mellor boas ganas, como un acto de sen sentido, ou mellor aínda sen sentido de xustiza.

Cremos, con toda as boas ganas, que se tratou dun chamado “acto fallado” (recorremos a filosofía, pura e dura para intentar encontrar unha xustificación), que pensamos ser unha instigación, para consumo interno, para presionar os dirixentes alemáns, en especial a señora Merkel, e unha vez máis, mostrar a prepotencia xermánica, como líder da Unión Europea.

Para terminar este, queremos recordar, se na anterior gran Recesión de 2008/2010, non ten actuado de idéntica forma o Banco Central Europeo, por impulso do seu gobernador o italiano Mario Draghi (coa súa celebre frase que dicía máis ou menos o seguinte “que faría todo o posíbel para salvar a situación”), probabelmente hoxe xa non existiría o Euro.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.