![]()
Na Grecia clásica, Atenas crea a “Demokratía”, na Roma igualmente clásica crea a “Res Pública”. A pesar das distinguidas denominacións, os dous sistemas de desenvolven e sustentan, con estruturas moi semellantes constitucionais onde as poboacións, participan na vida política.
Por Jose Vieira
Sempre nos gusta lembrar a Domènech, sempre que sobre temas de filosofía política nos queremos referir e en especial, se se trata de temas sobre a República como sistema político.
É costume dicir dunha forma sucinta, que unha República é un Estado, en cuxa organización, ten como máxima autoridade deste, un suxeito elixido polos seus concidadáns ou polo Parlamento, pero, soamente en períodos determinados e limitados o tempo.
A palabra República vén do latim “Res Publica”, o que significa que se trata dun asunto público, o que dito doutra maneira afecta a todos os cidadáns.
Na Grecia clásica, Atenas crea a “Demokratía”, na Roma igualmente clásica crea a “Res Pública”. A pesar das distinguidas denominacións, os dous sistemas de desenvolven e sustentan, con estruturas moi semellantes constitucionais onde as poboacións, participan na vida política.
Esta, en ambos os casos, tende á estabilidade e equilibrio, entre os seus órganos.
Dunha república, pasamos agora a un conxunto agrupado de repúblicas, como un todo. A este conxunto denominamos de Federación de Repúblicas.
Significa que tratase dun Estado, composto por distinguidas unidades territoriais, cada unha delas dotada de autonomía política e institucións de goberno competencias propias, mais cun goberno central, común a todas elas, cuxa organización, competencias e relacións intergovernamentais, rexidas por unha Constitución como norma suprema de todo o ordenamento xurídico.
Un exemplo, deste tipo de ordenamento, na actualidade pode ser indicado como os Estados Unidos da América do Norte, entre outros.
Unha outra figura de administración nacional, é a de Estados Confederados.
Tratase dunha organización que engloba polo menos dous estados soberanos e independentes ou máis, que para fins moi concretos, como para relacións internacionais e cooperación económica, principalmente se constitúen en confederación.
A Suíza, é o exemplo máis xeralmente indicado como tal.
Deixamos para o final desta introdución, o caso español, por ser aquel que nos serve de base.
Así en España, temos unha Monarquía, democrática, que serve de cúpula a un Estado organizado por autonomías.
Este é un sistema unitario, mais descentralizado, porque combina o principio da unidade da nación, coa autonomía política das rexións. O Goberno Central, é de rango superior e dá garantía dos mesmos dereitos e deberes de todos os españois.
Posta estas primeiras palabras, non podemos deixar de referir a presenza das obras do profesor Antoni Domènech Figueiras, que foi un ilustre catedrático de Filosofía da Universidade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Barcelona. Discípulo de Manuel Sacristán, estudou na Universidade Goethe de Frankfurt e no Instituto de Filosofía da Universidade Libre de Berlin.
Este filosofo, é esencial, sempre que se estuden temas relacionados coa filosofía política e sobre todo en temas especializados sobre republicanismo.
Fomos inducidos polos seus escritos sobre filosofía política, en especial sobre os temas que cobren os temas de republicanismo, a ler un excelente traballo denominado “The Well-ordered republic” (literalmente traducido, “A República ben ordenada”), dun dos máis importantes divulgativos na actualidade, deste tipo de temas, se trata de Frank Lovett.
Este experto, é profesor de Ciencia Política, PHD, da Universidade de Columbia, MA/MPHL, da mesma Universidade de Columbia e da Universidade de Princeton. É o director de Estudos Xurídicos, sendo residente da Universidade de Washington.
Neste seu máis recente libro, chamounos realmente moito a nosa atención para os escritos de Domènech, conforme enriba referimos.
Unha das razoes que nos levaron a ler cunha atenta atención, o seu último libro, se debe a medida que iamos progresando na súa lectura, era a ausencia de referencias aos traballos de Domènech.
Cremos sinceramente que se debe non ao seu descoñecemento, aínda que, saibamos que os estudiosos anglo-saxônicos, sempre algunhas reservas sobre os tratadistas latinos.
No entanto, nos parece que máis pola “revisión socialista” da tradición republicana en Domènech.
Nos deu a impresión que a súa principal preocupación, foi a de incluír a partir dos republicanos clásicos, pasando por Maquiavelo, parando nos fundadores dos Estados Unidos da América do Norte.
A estes últimos, os cognomina de contemporáneos, destacando entre eses Philip Pettit, Maurizio Viroli ou Quentin Skinner.
Diriamos que o autor en cuestión, fai unha apoloxia e sistematización das ideas de Philip Pettit, practicamente sen presentar unha crítica sistemática das súas posicións. Digamos que se fundamente e segue o republicanismo de orixe romana. Para termos unha referencia, o profesor Domènech, segue a liña máis da república de Atenas, polo menos no máis esencial.
Lovett, pretende e o fai, un conxunto máis ou menos coherente de principios, que lle serven para avaliar as institucións, así como as leis e políticas públicas, baseando a política republicana en tres principios básicos.
Eses principios se poden resumir en:
– Principio da non-dominación, no deseño das leis, institucións políticas – prioridade a reducir a dominación.
– Principio do imperio da lei – calquera uso da forza pública coercitiva debe ser controlado pola lei.
– Principio do control popular – as autoridades deben estar suxeitas a un control popular e este ser suficiente.
Peguemos na non-dominación e esta é a opción de alguén ao facer algo, estea controlada ou mellor dominada por alguén que ten a esa capacidade de frustrar o outro, de forma intencional. Por esa razón o republicanismo ten como obxectivo promover a liberdade e, esta entendida como algo onde non cabe a dominación. Segundo o autor referido, Lovett, este considera a liberdade republicana como moi mais interesada na posibilidade de se seguir as propias decisións, que no resultado final obtido. É moi coñecido o exemplo que o ilustra, “o escravo dun dono benevolente, pode vivir mellor que unha persoa libre, soamente libre no sentido republicano”.
O que quere dicir, é que o autor en cuestión Lovett, non pretende xustificar o ideal republicano, se non partir da idea que é interesante e atractivo analizar as consecuencias que del derivan.
Canto a lei e ás políticas, aqueles sosten que as leis non recortan as liberdades, antes polo contrarío as crean. Para os republicanos a liberdade do escravo en fuga o dun fuxitivo non interesa. Para os republicanos só somos libres, do seu punto de vista, se as temos aseguradas sobre un espazo aberto e de acordo coa lei pública.
Canto ao control popular, o goberno e as autoridades, que posúen as condicións para impor as coaccións as poboacións, deben poder ser controladas polas institucións que corresponden a xestión directa dos cidadáns.
Lovett, tamén aborda o problema dos Tribunais Constitucionais, da revisión xudicial das decisións lexislativas así como do executivo.
Por último conclúe a súa incursión polo republicanismo, con consideracións sobre o desafío sobre o republicanismo que representan os poderes de emerxencia ou de excepción así como as ditaduras limitadas como enriba consideramos os límites.
Volveremos a explotar este tema, pois, pensamos ser moi importante afondar o tema do republicanismo así como outras formas de estrutura dos Estados e as liberdades en cada caso.
Se el primero en comentar