Proletarios? Como entender o seu concepto

Por

Podemos e debemos incluír, na definición de proletarios, non só os que traballan sobre a dominación capitalista, mais tamén todos os que traballan fóra das relacións habituais, cuxa contrapartida é salarial

Por Jose Vieira

Comezamos este noso texto, cunha frase do “Manifesto Comunista” (1) de Karl Marx e Engels de 1848, que di o seguinte: “o poder político é en sentido estrito o poder organizado dunha clase para oprimir a outra” e como non, coa constatación sobre que moitas veces temos intentado reflectir sobre ela e, que me levanto o problema de que: será claro o concepto de proletario nos escritos de Marx?

Respigamos outro treito do referido escrito por Marx e Engels, enriba referido: Home libre e escravo, patricio ou plebeo, barón o servo, mestre de confraría o compañeiro, nunha palabra: opresores e oprimidos, se afrontarán sempre, librarán unha loita sen treguas, veladas algunhas veces, noutras aberta, que invariabelmente terminou coa transformación revolucionaria da sociedade ou da ruína das clases en pugna” (2).

Cremos que por esa razón presenta o poder político como a expresión dos problemas sociais.

Así o poder político é o medio de que se serve o poder dominante para conservar o seu dominio sobre os explotados.

Parecenos que nos seus escritos, tende a concibir que a condición de proletario, parte dunha separación entre o suxeito e o obxecto, como fose algo parecido a como un cambio de vida, unha capa sacada do seu complexo.

Marx, no seu libro “O Capital”, figura o “proletario como sendo alguén que se ve grazas a vender a forza do seu traballo”, para poder subsistir.

Cremos estar aquí algo que non nos parece estarmos totalmente de acordo, pois, o que esta definición abrangue é unicamente os traballadores asalariados.

Así nos parece realmente indispensábel ampliar o ámbito da definición, esencialmente porque o concepto de proletariado, non se caracteriza polo feito do traballo asalariado, mais si, “por estar completamente separada das condicións de vida”.

Entón, o noso coidado, tense que centrar en que o concepto de clase, non se pode limitar, ao conflito entre explotados e exploradores. Podemos mesmo dicir, que se trata dunha relación entre quen controla as condicións da reprodución social e quen desa relación está excluída.

Podemos e debemos incluír, na definición de proletarios, non só os que traballan sobre a dominación capitalista, mais tamén todos os que traballan fóra das relacións habituais, cuxa contrapartida é salarial, como os ou os traballadores domésticos e todos os que dalgunha maneira están suxeitos ao poder discricionario ou case, do capitalismo explorador.

Imos ver agora dunha forma o máis simple posíbel, como se manifesta e o que é o poder económico.

Desde aquí, se entende a excisión radical entre a vida e as súas condicións.

Para iso imos recorrer aquilo a que se chama “ontoloxia social”, pois, esta é a área de investigación filosófica que se ocupa de examinar a natureza dos fenómenos sociais e de como estes se relacionan, por unha parte, co mundo natural, mentres por outro lado coa vida das persoas.

Así, tratase de tentar comprender como é posíbel o poder económico.

Claro que nunha primeira aproximación, mostra como este fenómeno, nos introduce sobre a forma como as persoas se relacionan no seu entorno.

Isto ten algo a ver coa forma como os humanos se organizan, como especie, na súa reprodución e, como tal, ten algo de semellanza co poder económico.

Nesta etapa, recordamos que a natureza específica e a corporalidade humana, así como a extensión das ferramentas como prolongamento do propio ser, eran moi importantes, para Karl Marx.

Este apuntamento, nos conduce a que se trata dunha relación entre os que controlan as condicións de reprodución social e os que están excluídos da mesma.

Recordemos Robert Paul Brenner, profesor americano, emérito de historia e director do Centro de Teoría Social e Historia Comparada de UCLA, marxista, que estabelece a distinción entre relacións verticais e horizontais sociais.

Neste sentido, tamén seguimos a corrente, non tan ortodoxa de Brenner, ao considerarmos as relacións entre os capitalistas (clase) e o conxunto de proletarios, sexan ou non traballadores asalariados, conforme enriba referimos cando da ampliación de ámbito.

Por tanto as relacións ditas horizontais, non significan relacións de clase senón entre os membros no seu interior (de clase).

Hai que ter en atención, que a análise de Marx, é feita na perspectiva de competencia e do valor, o que nos parece ser relativamente restritiva e, así, se torna importante analizar e comprender as relacións quere verticais quere horizontais.

É esencial, este tipo de análise, para se ver como se estabelece a dominación, pola clase capitalista, sendo esta a condición previa á dominación de todos pola forma e valor e como estas se potencian entre si.

Así se ve que os proletarios están sometidos aos capitalistas, de acordo con normas e formas dese poder e, que ao mesmo tempo, abranguendo a todo o conxunto, sendo estes, os capitalistas ou os proletarios.

Dirían os que é esta a lóxica do capitalismo.

Así o poder económico, se pode definir “como sendo unha forma que se apoia na capacidade de reestruturar as condicionas de reprodución social”.

Esta resulta como sendo unha forma de poder, efectiva para organizar e reorganizar o entorno dos que somete e subxuga. Pode desde esta perspectiva, dicirse que nos mostra, nalgunha medida, unha forma de como se estabelecen as relacións sociais no “mundo material”.

Debemos ter moito ben presente, as distincións entre os distinguidos niveis de abstracción e deixar moito ben claro do que estamos a falar (desenvolvemento de conceptos e de teorías).

Finalmente non queremos deixar pasar a oportunidade, para dicir, que unha cousa é a teoría e a investigación ontolóxica e outra son as prácticas. Cremos ser importante, a análise o máis profunda posíbel, para que se poida comprender en toda a extensión, o pensamento dos autores. No entanto, é e sempre será, imprescindíbel non separar a estratexia política das teorías abstractas.

Notas:(1 + 2) son extractos do “Manifesto Comunista” de 1848, cuxa tradución do inglés é de nosa responsabilidade.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.