Os amos do mundo tamén van de campamento

Esta reunión dos poderosos de todo o mundo, en especial do núcleo central dos que fan o denominador central do poder, vense facendo desde 1983

Por Jose Vieira

Estamos habituados a ver en épocas estivais, a saída de grandes cantidades de persoas en busca duns días en que estas, poidan dicir que fan aquilo que desexan, dentro obviamente das condicións económico/financeiras de que dispoñen.

Digamos que neses períodos de tempo, estarán parcialmente desconectados, das teias que as empresas e servizos tecen para os manteren completamente nas súas estritas redes.

Así, mal comezan os tempos de veraneo, as estradas se enchen de coches os trens, os avións e os barcos, se tornan por completos, dando a ilusión aos seus usuarios de que unha vez por ano, son realmente os donos de si propios e das súas familias.

Neste momento me saltan as dúbidas e, estas non son so metódicas, son tamén case certezas de que estamos caendo nun mundo de fantasía, que é ordenado, por un conxunto de poderes corporativos, que pura e simplemente condicionan a vida dos seres que se encontran ao seu exclusivo servizo.

Ten pasado moita auga por debaixo das pontes e mesmo así nada “neste vale de bágoas” que habitamos, ten demostrado que as cousas non pasan, máis ou menos rigorosamente como enriba referimos.

Mesmo os que son traballadores das administracións públicas, están de forma inexorábel, ligados a estes condicionalismos. Pois, todos sabemos que as administracións públicas, están condicionadas a outros mandos, que pura e simplemente condicionan os políticos.

Xa en 1776, o señor Adam Smith, no seu famoso libro “A Riqueza das Nacións”, referíndose ao estado do país máis evolucionado na altura, a Inglaterra, afirmaba: “os principais arquitectos da política… son os propietarios da sociedade”, que naquela altura eran os comerciantes e industriais.

Mas o que se modificou desde entón para hoxe, é que xa non son os comerciantes nin os industriais, que todo controlan e organizan, mais si, as multinacionais e as institucións financeiras. Estes señores, seguen unha relixión, cuxa sinal de identidade se pode escribir da seguinte forma “todo para nós e nada para os demais”.

Esta consigna está estampada no ADN, dos señores que son “Os Amos do Mundo”.

Temos escrito, por varías veces, sobre estes mesmos señores, que a todos nos dirixen, que se distribúen por distinguidas organizacións, todas elas moitísimo estritas.

Comezaremos por unha que é menos habitual de ser chamada pola súa designación, de entre os seus membros e, que se refire á área cuxo liderado, a toma os Estados Unidos da América do Norte (USA), cos seus socios, a Europa da Unión Europea (EU) e Xapón.

A este grupo de poder, está cognominado de Comisión Trilateral.

Existe un plano mundial, onde se encontran moi ben marcadas as áreas de influencia destes señores e, quen toma os mandos especificamente en cada zona demarcada.

Este traballo foi elaborado polo secretariado do Club de Bilderberg, cuxos talleres están centradas en Leiden, nos Países Baixos.

O actual presidente deste club, é o señor Henri de la Crois Castries desde o ano de 2011. Foi o presidente da compañía de seguros francesa AXA, desde 2000 até 2016.

Como anécdota, este club conmemorou o seu 70 aniversario en maio de 2024 en Madrid, o sexa fora fundado en 1954, como unha das colaterais do Plano Marshall. (o fundador foi o polaco Jozef Hieronim Retinger).

Máis estes señores, tamén participan de todos os foros en que se poidan albiscar situacións de cambios e ordenanzas, pois, así están sempre encima das situacións non permitindo que nada sexa por eles admitido e debidamente analizado e autorizado. Como o Foro de Davos e tantos outros.

Para quen desexe coñecer, con máis profundidade estes mandos e as persoas que son chave nas respectivas organizacións, pode buscar nos seguintes libros:

O mundo en que vivimos tomo I e II”, en “Ilusións e alucinacións, tomos I, II e III,” e en “A nova Orde”, todos eles do autor destas notas, José Vieira.

Mas volvendo ao período de vacacións, como enriba referimos, tamén estes señores que determinan o que se fai ou non se fai a nivel do mundo, en que vivimos, tamén ten o seu acampamento de verán.

Así un gran banco de inversión americano o ALLEN & Ca., organiza ese campamento, nun dos locais máis exclusivos de veraneo estival no estado de Idaho, nos USA, trata da estancia de vacacións coñecida polo Sun Valley.

Esta reunión dos poderosos de todo o mundo, en especial do núcleo central dos que fan o denominador central do poder, vense facendo desde 1983.

Este ano soan os nomes dos seguintes homes de poder: Jeff Bezos (Amazon), Sam Altman (Apple), Tim Cook (Disney), Bob Iger (Warner Bros), David Zaslav (que foi fundador da Microsoft), Bill Gates, Shjari Redstone, Oprah Winfrey, etc.

Máis, parece que foron escondidos os nomes dos grandes da produción das armas das catro maiores empresas de armamento americanas, mais que non deben faltar.

Asuntos candentes a continuidade da guerra entre a Rusia e a Ucraína, así como o xenocidio do pobo da palestina por Israel.

Outro asunto que se sabe ser preocupación destes señores, é o afastamento o non, de Joe Biden da carreira para a súa continuidade na presidencia dos USA, como demandante dos Demócratas.

Terminamos este pequeno texto, remitindo para os datos que enriba indicamos. Mais antes diso, queremos referir, que comeza a xurdir entre estes señores, un aspecto de defensa táctica, pois están preocupados polo abaixamento da taxa de natalidade, mais se aproximan das medidas de selección dos nacementos de acordo coas necesidades e habilidades que cada nascituro debera posuír, para satisfacer as súas necesidades (por exemplo, Elon Musk, Jeff Bezos, etc.).

Outro dos problemas que están entre os seus puntos, son como limitar máis os poderes da democracia, pois, as poboacións están a despertar e, como fixeron en Francia, se xuntaron toda a esquerda e centro esquerda de forma a trabar o ascenso ao poder inmediato da dereita, e isto, restrinxe o poder dos ricos, o que para eles é inadmisíbel.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.