Quen é quen no mundo da produción industrial

mesmo tras o desaceleramento do crecemento da produción chinesa, mesmo así, é indiscutíbel que o mundo, só posúe unha superpotencia en termos de produción, e esa superpotencia non é outra que China

Por Jose Vieira

Actualmente estamos nunha situación de conflitos bélicos desencadeados ao abrigo de apoios directa ou indirectamente apoiados polos Estados Unidos da América do Norte (USA).

Como todos sentimos, infelizmente por experiencia propia, estamos a sufrir as consecuencias da Europa e, en especial a Unión Europea (EU), de seren un conxunto de países (27), dirixidos a unha soa voz e a un único interese, tomado como esencial, para todos e, que como todos estamos a dar conta, non respectan os nosos intereses, mais si, os do noso AMO, os USA.

Xa temos referido, varias veces que os intereses que defendemos na Europa, non son os nosos, por máis manipulación que as grandes axencias de información, fagan constar e nos manipulen, para bastar ollar para os nosos petos e, deixarmos de ter dúbida de quen nos impón as miserias.

A resposta é inmediata e simple, os USA.

Imos pasar a dar unhas cantas notas estadísticas, para que teñamos unha idea máis clara, do que falamos ou sexa da loita que se está a trabar nas costas da poboación mundial, contra os seus intereses, mais que infelizmente, estamos coaccionados a ter que aceptar e facer as xenuflexións, que os USA, nos impoñen.

Que os USA, son de máis importante potencia mundial, en termos militares, non resta dúbida ou non debe esta ser cuestionábel.

Basta recordar, que segundo as últimas estadísticas publicadas en 2023, a través da base TIVA, da OCDE, os USA gastan, mais co seu exército, do que os dez países que lle seguen no gasto militar.

¿E en relación a súa produción?

É aí que comezan os problemas, pois, os USA, foron realmente a primeira potencia mundial en termos de produción, situación que realmente veu a conquistar, despois do fin da Primeira gran Guerra Mundial, consolidando esa posición, con máis rapidez, especialmente despois do fin da Segunda Guerra Mundial.

Mais, se verificarmos a situación mundial, a través das producións, a historia xa é completamente outra, pois, na actualidade e, mesmo tras o desaceleramento do crecemento da produción chinesa, mesmo así, é indiscutíbel que o mundo, só posúe unha superpotencia en termos de produción, e esa superpotencia non é outra que China. E máis é a única.

Se alguén quixer comprobar estas nosas afirmacións basta ver o texto de Wang 2023 do Banco Mundial 2013, Ranganathan 2023.

Sabemos que seis países, fabrican un pouco máis do 3% da produción mundial e, China, lle seguen os USA, Xapón, Alemaña, India e Corea do Sur.

Queremos chamar a vosa atención, de que destes países soamente tres son coñecidos desde hai tempos como potencias industriais, os restantes, ou sexa, a India e a Corea do Sur emerxen como industriais recentes.

Reparemos que do grupo denominado G7, catro non se encontran entre o pelotón da fronte.

Se colocarmos unha fasquia nos 2% da produción mundial, nos aparecen unicamente a Italia, a Francia e Taiwan e, mesmo así baixando o ranquing, quedan fóra do G7, o Reino Unido e o Canadá.

Mais atención se en vez de estarmos a analizar, producións en que restamos os insumos, falarmos de producións brutas, China produce tres veces máis do que os USA, seis veces maior que a de o Xapón, e nove veces que a de a Alemaña, Taiwan, México Rusia e Brasil, que son xa superiores ao Reino Unido.

Un dos aspectos que debemos ter en atención é a rapidez con que os países se industrializan.

Recordemos, por exemplo, o caso do Reino Unido, que era a potencia líder no virar do século XIX para o XX, este demorou desde o inicio da Revolución Industrial, até ser desbancado polos USA, mesmo no dealbar da Primeira gran Guerra Mundial do século XX.

Por outro lado, os USA, demoraron un centenar de anos até atinxir o apoxeo de líder mundial de produción.

No entanto, a China, para chegar à cúspide da produción mundial, na peor das hipótese, demorou uns escasos 20 anos.

Existe unha imaxe moi suxestiva para mostrar como se pode ver como avanzaban as producións mundiais: “se imaxinamos unha carreira de cabalos, en que se procesa unha volta por ano, nun total de 2º voltas (o tempo en que a China supera os USA), o resultado da mesma só se mostrou incerto nas primeiras 12 as 13 voltas, a partir de aí era máis que previsíbel a vitoria da China”.

Claro que debemos ter en consideración os niveis de partida e así a China comezou a carreira un pouco por adianto do Canadá, do Reino Unido, da Francia e da Italia. Non debemos esquecer que a China superou a Alemania xa nos idos de 1998 e ao Xapón, o ano de 2005 e, de forma clara aos USA, o ano de 2008.

Mais a marcha da industrialización chinesa é a pesar de todo imparábel, pois, desde entón, ten duplicado con superhabit, a súa cota mundial, mentres polo seu lado os USA, non só non ten crecido, como ten perdido máis de tres puntos porcentuais.

Con esta situación, ben patente, é fácil adiviñar, as razoes das tensións existentes entre os USA e China. Non podemos tamén esquecer as crises de subministro, sempre que a China reduce os fornecementos, por calquera razón interna.

Outro caso impresionante de rapidez de industrialización, se ten co desenvolvemento desta na India, que ten sido o segundo país máis rápido na carreira da industrialización, aumentando dous puntos anuais desde o ano de 1995.

Se di que China amorteceu o crecemento da súa produción, mais atención non temos datos suficiente fidedignos para o poder apoiar, o que temos se é que o consumo interno na China se disparou, pois, agora existe unha demanda interna moi forte que absorbe unha parte, que cremos moi importante, da súa produción.

Todo porque os últimos datos do Banco Mundial, datan de 2022 e non nos negan o aumento enorme do consumo interno e das mellorías do seu nivel de vida, aínda que sexa un país de idiosincrasias moitísimo acentuadas.

Por esa razón, parece ser menos acentuado o seu dominio nas exportacións, mais, xamais retiran en calquera dos casos o seu liderado no mundo da produción e desenvolvementos tecnolóxico imparábel da China.

Outro dato, moi importante a ter en conta, é que na actualidade, os países do G7, dependen moito máis, dos subministros chineses, de todo o tipo até tecnolóxicos, do que a China daqueles.

Con isto o queremos dicir é que antes China estaba moito máis dependente dos insumos do Occidente (esta situación comezou a se modificar de forma radical ou case, desde 2002), naturalmente máis dos USA, mais na actualidade, quen depende moitísimo máis é o Occidente e en especial os USA.

Segundo os datos dispoñíbeis, hoxe, por hoxe, os USA, depende unhas tres veces máis do que China.

Claro que os seguidores da política, dos USA, están na súa senda e, como tal, pretenden, se desvincular da dependencia de China, no entanto, non nos parece que sexa posíbel nas próximas décadas, a non ser que os USA, se lancen como parece no camiño desesperado de facer valor a súa incuestionábel forza de líder mundial en termos militar. E vemos que o están facendo, primeiro con guerras desprazadas e por procuración (caso de Ucraína) e máis recentemente o apoio real, mais por detrás dos bastidores, a Israel. E as provocacións com protección de desestabilización de Taiwan, como afronta a China.

Terminamos este, dicindo que, o pobo chinés é tradicionalmente un pobo reflexivo e posuidor dun espírito moi máis reflexivo do que nós os occidentais.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.