![]()
Israel, transformou a Palestina nun espazo ridículo, canto ao seu tamaño e perfectamente descontinuo, como se tratase dun pequenísimo arquipélago.
Por Jose Vieira | 11/01/2026
O Dereito Internacional, esixe que a potencia invasora e ocupante, non ten que negociar, ao final da ocupación, absolutamente nada en termos de territorio, máis si a retirada, non só inmediata como incondicional.
Considerando as fronteiras estabelecidas en 1967, a superficie que correspondía ao entón designado “Estado de Palestina” correspondía a 6.225 quilómetros cadrados.
Neste momento, o que podemos ver, é que iría corresponder no futuro, unicamente cerca de 32%, do territorio do “Estado de Palestina”, tras os Acordos de Oslo.
Por tanto, e se consegue impor as súas pretensións, o señor Smortrich (pretendese quedar con máis 1248 km2, da zona identificada como zona B) e, que lidera a extrema dereita de Israel, así o “Estado de Palestina” acababa ficar reducido o seu territorio a 12,2 % do que debía de ser.
No fondo, o que parece imposíbel de aceptar, é a existencia dun “Estado”, que máis parece unha broma de mal gusto.
O que acontece, é perante unha Unión Europea, sen calquera capacidade de se impor ao estado ditatorial de Israel, liderado polo patrón de Donald Trump, o señor Benjamin Netanyahu, garante que este faga o que lle der na gana, pois, a Unión Europea, é unicamente o súbdito fiel e submiso, do señor Trump, que é representado na Europa, polo militarista e seu porta voz, o Chanceler alemá, Friedrich Merz.
Así os israelitas, en vez de respectar o Dereito Internacional, seguen o seu socio e discípulo e, o señor Trump e, como tal, non respectan ningunha lei do Dereito Internacional, como acabamos de ver, coa invasión e aprisionamento do presidente da Venezuela, Nicolau Maduro.
O más incríbel desta situación, é que os israelitas, coas expansións dos colonatos polo territorio palestino e dado que como non permiten a devolución deses espazos aos seus lexítimos donos o pobo palestino, transformaron o posíbel país Palestino nun arquipélago de pequenas illas.
Israel, transformou a Palestina nun espazo ridículo, canto ao seu tamaño e perfectamente descontinuo, como se tratase dun pequenísimo arquipélago.
Máis, en vez de estar cercado de mar, están rodeados de israelitas, custodiados polas forzas armadas dese país, maioritariamente fascista que é Israel.
O que aconteceu e acontece, pois, Israel non respecta o alto de fogo e moi menos o cesar de fogo definitivo, é a apropiación de 182 quilómetros cadrados de Gaza, sendo estes a liches da súa liña Amarela, con que de forma unilateral, aqueles designaron como súa nova fronteira.
Máis, de 349 quilómetros cadrados, da zona de Xerusalén.
De cerca de 180 quilómetros cadrados de reservas naturais que estaban debidamente protexidas.
E se sumarmos as áreas dos asentamentos israelitas, que enriba referimos como illas dentro do espazo palestino, falamos de máis outro roubo, de cerca 2.188 quilómetros cadrados.
Finalmente impón a reserva de máis 1.328 Km2, para futuros asentamentos (desde xa previstos), o que corresponde a outro roubo máis (na chamada zona C).
Así, dunha forma un pouco dura, con todas estas esixencias de Israel, que son apoiadas polos americanos do señor Trump e coa posición liderada polos alemáns do señor Friedrich Merz .
Este chanceler alemá, debe e teñen unha obediencia cega, ao seu patrón, Trump e, máis, aos seus complexos de culpa, pois, ao estar coligado coa extrema dereita de Alice Weil do AfD – (esta señora considera Hitler un perigoso socialista).
Así con este seu síndrome, de ser dirixente dun estado que é o herdeiro do nazismo, exterminador dos xudeus, apoia e apoiará a destrución da Palestina, sen calquera dúbida.
Máis, a Europa, covarde e distraída, non á dado canta, que a Alemaña se está a rearmar como ningún outro país da OTAN… e non estará aí un perigo dun novo ataque á liberdade dos Europeos, apoiando o seu ancestral desexo de “Espazo Vital”.
Parécenos moi perigoso este rearmamento alemá, do que as “pseudo” ganas de invasión de Unión Europea, pola Rusia de Putin. Recordamos a quen non ten presente, que o século pasado, os desexos dos alemáns, desenvolveron dúas grandes guerras.
Entón como non estarmos atentos aos movementos de rearmamento, moi máis do que sería de esperar.
Pensamos que, o que se está a pasar no mundo en que vivimos, é como mínimo algo que en termos de arte, nos parece surrealista, por un lado e por outro, un medo e como tal, un conxelamento dos dirixentes Europeos, que continúa a responder ás patadas de Israel e dos Estados Unidos da América do Norte á Unión Europea e esta, ofrece biquiños e abrazos a eses dous anxos do mal.
Por último, esperamos que más pronto que tarde, a poboación europea de conta de que se entregou aos tales chamados “Anxos do Mal”, cando realmente o equilibrio mundial e a paz e convivencia pacífica entre todos, está na contra posición ofrecida polo bloque liderado polos BRICS, más o México.
BRICS = Brasil, Rusia, India, China e África do Sul; estes foran os fundadores recordemos que só a India e a China, pasan os 2,8 miles de millóns de habitantes e un crecemento dos PIBs muitísimo maiores que os Estados Unidos da América do Norte.
Sigamos a Gandhi – o pacifista e non o representante dos asaltantes das dilixencia do Oeste.
Se el primero en comentar