Prezo ou Valor

Por Jose Vieira

Nun noso libro “O Casino en que vivimos” volume I, abordamos a Teoría do valor, nos apartados 24, I, II, III e IV (ou sexa, das páxinas 159 a 173), no entanto, neste presente texto, falaremos da súa relación co prezo.

Este tema, é algo que moitos dos nosos mais soados macro economistas, se teñen empeñado a dar os seus prestixiosos esforzos, para explicar o que está acontecendo.

O noso interese neste asunto, ten a ver con algunhas cuestións que nos foron postas nalgunhas ocasións en “charlas” pasadas.

Comezaremos por unha célebre frase dun escritor, dramaturgo un home polifacético, que é realmente máis coñecido polas súas calidades de literarias do que pór a súa implicación en temas de economía.  Referímonos a Oscar Wilde (1) e a súa frase: “sabemos o prezo de case todo, no entanto, o valor de nada – a custos incalculábeis para a nosa sociedade”.

Así, cando facemos as nosas compras ou vendas e nos dedicamos a ofrecer os servizos que as persoas necesitan, o “mercado” en si, se mostra limitado. Isto se traduce en que cando pasamos dunha economía de mercado a unha sociedade de mercado, non hai dúbida que tanto o valor como os valores difiren. Aquí, podemos buscar unha frase do economista, moi considerado e mellor pagado, Mark Carney (2), que sobre o tema sentencia: “cada vez máis, o valor de algo, dalgún acto ou de alguén se equipara co seu valor monetario, un valor que está determinado polo mercado. A lóxica de comprar ou vender xa non se aplica aos bens materiais, senón que goberna cada vez máis toda a vida, incluíndo a atención médica, a educación, a seguranza pública e a protección do medio ambiente”. É que os mercados nos instrumentalizan, mercantilizando as necesidades das persoas.

Segundo o filosofo e político Michael Sandel (3), “cando decidimos que certos bens e servizos se poden comprar ou vender, dunha forma implícita, polo menos, que se tratan de mercadorías como instrumentos de lucro e uso”. Isto non é máis do que dicir que a mercantilización pode romper o valor do que se “cotiza”.

Se reparamos no noso entorno, estamos rodeados de prezos, toda as actividades humanas ten un prezo, queremos pensar que isto desgasta dunha forma moi importante, aquilo a que podemos chamar bens morais e cívico.

Cremos que se pode plantar unha cuestión, que a formulariamos da seguinte forma: até que punto poderiamos conducir cambios interrelacionados para aumentar con vantaxes a eficiencia e, non sería isto unha cuestión moral?

Volvendo ao libro de Carney, este exemplifica este tema, formulando dúas preguntas:

“- Debería o sexo estar á venda?

– Debería porse no mercado o dereito a ter fillos?

Ou

– Se podería pór en poxa o dereito de cumprir ou non o servizo militar?”

A pesar de Carney ser un gran defensor dos mercados, como Adam Smith, este último non o era en todos os casos como se pode ver. Pois, este se opuxo aos monopolios, a corrupción en favor do libre mercado, no entanto, o limitou como debendo ser un apoio moral aos máis débiles e explotados.

Así parece que Carney se afasta da filosofía liberal máis radical de Milton Friedman, ao se apoiar en Adam Smith.

Sobre este aspecto Carney, sita Adam Smith coa súa frase “por máis egoísta que poda ser o home, hai algúns principios en súa natureza, que fan que se interese polo ben estar dos demais e, que forman parte da súa felicidade, sen calquera outro interese que non sexa o pracer do ver satisfeito”.

Sexamos un pouco marxistas e, entón Carney chega á dualidade prezo ou valor?  No entanto, no utiliza a teoría do valor marxista que sustituiría o valor e o prezo por valor de cambio ou valor de uso? ou por lucro ou necesidade social?

É nosa convicción de que a economía está posicionada en absoluto, cos prezos de mercado, cando o que debía estar, era co aumento de ben estar social.

Aquí Carney entra en querer demostrar, que se ten que restaurar o equilibrio entre mercados e a moral, entre o prezo e o valor. Este será o erro de moitos dos economistas ao uso, que insisten en tratar “virtudes cívico e sociais” como “bens escasos, a pesar de ser máis que evidente que a práctica aumenta o espírito público.

Este é o espírito de Carney, en mostrar à elite financeira, que é necesario moralizar, “sobre os fracasos do capitalismo”.

Non hai sido só Carney, tamén o expresidente do Banco Central Europeo e, hoxe primeiro ministro nomeado de Italia, Mario Draghi, que por certo, provén da mesma institución, o banco de investimentos Goldman Sachs, tamén avoga que, a filosofía moral debe orientar, as intencións nas accións executivas e estratéxicas do capital financeiro.

Recordemos unhas frases de Mario Draghi, aquando da crise grega: “a crise hai minado a confianza das persoas na capacidade dos mercados, poderen xerar a prosperidade para todos. Esnaquizou o modelo social da Europa. Por outro lado, produciron un aumento asombroso da riqueza de moitos poucos e, mentres a maioría sofre dificultades económicas.

Moitos países están a sufrir as consecuencias de medidas anteriores erradas e tamén de forzas incontroladas dos mercados”.

Nesa altura Draghi preguntaba: Cal será a boa medida para conciliar a empresa os intereses e os obxectivos de beneficios individuais, mantendo a preocupación polo ben común, a solidariedade e fraternidade cos máis débiles (cal é o equilibrio).

A contestación, a súa propia pregunta, foi de que debiamos guiarnos por un máis alto valor moral e, crer que é posíbel crear unha orde económica, que serva para elevar o ben de todas persoas.

Esta posición, está de acordo con outro  Marx, que non o  Karl  Marx, pois, se trata do  cardial de Múnic Reinhard Marx, que escribiu un libro en que analiza en profundidade, segundo a súa  ótica, a crise de 2008 e, que se titula “O Capital: a favor do home”.

Este pretende “unha economía máis amábel cos débiles e oprimidos e, non dar as enormes recompensas aos que se comportan dunha maneira inmoral na economía”.

Este pensamento atraeu a Draghi e pensamos que está implícito tamén en Carney.

Como xa referimos, ambos provén de Goldman Sachs e, tamén o seu anterior xefe, Lloyd Blankfein, en Goldman Sachs, que levaba moitos anos ao servizo dos poderosos e ricos, do mundo, se molla neste lavado de imaxe con esta frase un pouco patética, de que “no seu traballo como banqueiro importante, era e foi, levar a bo termo a “obra de Deus”.

Para rematar este pequeno recorrido por algúns dos economistas máis influentes do mundo, non podemos deixar de referir, que Carney, un economista consagrado e dos que mellores son pagados no mundo, procuran dalgunha maneira, lavar as súas imaxes, e tal como a doutrina que todos coñecemos, pretendedo, que os recordemos por aquilo que deixaron en sus escritos de evasión professional e, non polo que na práctica fixeron. Por certo, Carney non fala de Karl Marx, ao referir a dualidade de prezo e valor, no entanto, refire a Oscar Wilde, que por certo era socialista e, que Mark Carney no refire. Cousas de estratexia e intereses económicos!!!

Notas:

(1)        Oscar Fingal O´ Flahertie Wills Wilde, nacido en Dublin, na altura aínda pertencente ao Reino Unido (orixe irlandesa), falecendo aos 46 anos en París a 30 de novembro de 1900.  Cultivou a comedia, a literatura gótica, a poesía, o teatro, a traxedia, os contos de fadas, a novela e o ensaio. Unha das súas obras máis coñecidas é a novela “O Retrato de Dorian Gray”. Unha das súas obras de teatro de maior éxito é a peza “A importancia de se chamar Ernesto” Sufriu unha serie de accións xudiciais por ser demandado e contra demandar, polo traxe de ser homosexual.

(2)        Mark Carney, economista natural do Canadá, onde foi Gobernador do Banco Central, foi tamén o penúltimo Gobernador do Banco de Inglaterra, tendo na altura, usufrutuado dun salario de 680.000 libras esterlinas e doutras 250.000 para gasto de vivenda. Non podemos deixar pasar a oportunidade para deixar constancia dunha súa frase moi recente “No che fas rico no servizo público”. Este economista acaba de publicar un libro denominado “Valor – Construír un mundo mellor para todos”.

(3)        Michael Sandel, filosofo e político, foi premio de Príncipe das Asturias para as ciencias sociais. É profesor de Dereito na Universidade de Harvard, foi consultor de George W. Bush, cando Presidente dos Estados Unidos da América.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.