Memento ducta defuntus est homo

Por Jose Vieira

Cada persoa é un ser individual, coas súas idiosincrasias, coas súas virtudes e consecuentemente, cos seus defectos.

Da poboación en xeral, habitualmente se dicía “da maioría, non reza a historia”, pois eran absolutamente neutros os seus actos, non se tornando significativos nin importantes que se rexistrasen. Iso era o que pasaba, nos idos dos tempos. A historia só recollía os chamados notábeis, “que da lei da morte se ían liberando” (1).

Hoxe, as cousas non pasan da mesma maneira pois, coas varías posibilidades que os medios dixitais nos facilitan, cada un pode divulgar, dunha maneira simple, mais eficaz, a súa propia historia, e así pasar á posterioridade. Menos confesabades, viñese a condenar, as actuacións da desgraciada e facínora Dirección Xeral de Seguridade.

Chato Galante, é o home animador das querelas xudiciais, quere en España, quere na Arxentina, para que a xustiza non deixase de ser exercida, a través de condenas dos actos de tortura e outras sevicias, que foron albos os loitadores contra o fascismo de Franco, e que el propio sentiu na carne.

Non era tolerábel que individuos como “Billy el Niño”, andasen paseando por España, e recibise honras e condecorados polo réxime franquista, polo feito de seren torturadores, e delincuentes. O grave da cuestión, é que xamais lles teren sido pedidas responsabilidades polas súas atrocidades.

Os tribunais españois, alegaban que as súas torturas estaban prescritas e, que non podían ser consideradas delitos contra a humanidade. Para a Audiencia Nacional, non se “trataba dun ataque sistemático e organizado” contra a poboación, do que se trataba era dun grupo de funcionarios policiais illado e concreto, pronto prescrito e nada a facer.

Xamais podemos esquecer que organizou “o xuízo popular”, contra o referido Billy el Niño, creando en paralelo na Universidade Complutense, a Coordinadora Estatal de Apoyo a la Querella Arxentina – CEAQUA.

Eran os anos de 2014, cando o referido asasino Billy el Niño, acudiu a declarar á Audiencia Nacional. Pois esta anunciaba dunha forma redundante que “rexeitaba a petición de extradición á Arxentina” do torturador Antonio Goncálvez Pacheco, máis coñecido, como enriba referimos por Billy el Niño pois, se sabía que aí se faría xustiza.

Chato Galante foi sempre o loitador incansábel que preparaba dunha maneira exhaustiva e sen fallos todas as súas tentativas, para que a xustiza española desa voz ás vítimas do torturador.

Non podemos xamais esquecer a pasaxe dun día de abril de 2014, en que, en Madrid, de micrófono en puño, Chato Galante, contou publicamente as torturas que sufriu, desde a súa primeira detención en 1969.

Chato Galante, penou na prisión, desde ese año de 1969, un total de 4 años, tres meses e 17 días, só saíndo dese réxime represivo, pola marcha de outubro de 1976, (saíron entón, 287 presos e presas políticas).

Queremos remitir para unha entrevista, que concedeu Chato Galante, en “la Frontera”, en 31 de xaneiro de 2019, onde conta con todos os pormenoresd a súa detención, dirixida polo facínora Billy el Niño e, onde escoitou a ameaza do executaren cun tiro pois, como estaban cerca da cidade universitaria, logo dirían que fora morto por un axuste de contas entre grupos opositores ao franquismo. Este relato, é como mínimo arrepiante.

Recordamos especialmente unha das últimas veces en que coincidimos nun encontro, de varias Asociacións da Memoria Histórica efectuado en Ribeira, na Galiza, onde tivo unha intervención, dunha clareza e pragmatismo impresionantes.

Non podemos deixar de ter que prestar toda a nosa admiración, a este enorme loitador pola súa colaboración en todos os actos da Memoria Histórica, o que lle valeu o epíteto do “azotador da desmemoria histórica”.

Por todo isto, sobre todo por exemplo e espírito de dedicación e, altruísmo á destrución do esquecemento dos loitadores ante franquistas, queremos deixar este humilde texto de homenaxe ao home e ao loitador.

Ben haxas…

(1) “Que da lei da morte se van liberando”, verso da Proposición, do poema épico de “Os Lusíadas” do poeta renacentista portugués Luís Vaz de Camões.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.