Poesía primeira das pretensións universitarias, de Martiño Estévez Otero

Daniel Seixo

Cando lin a pregunta de Martinho acerca de se debía publicar os seus poemas, non o dubide nin por un segundo, a resposta era si. Non só polo talento que se esconde neles, algo que algúns poderían considerar subxectivo, aínda que para o meu parecer resulte evidente, senón pola súa ousadía e compromiso á hora de pisar as rúas como un auténtico poeta.

Non estamos a falar dun mozo que camufla as súas ideas e sentimentos tras unha base ou que os plasma con maior ou menor fortuna a través da tinta nunha parede ou no corpo dalgún amigo por medio dunha agulha, falamos de pura poesía, a versión máis clásica e case desaparecida para transmitir aquilo que a alma nos dita.

Martinho: «Sacar este proxecto non me deu vertigem grazas ao alento de moita xente que me animou a iso.»

Ao enfrontarse a «Poesía primeira dás pretensións universitarias», o lector pronto atopará o retrato dun tempo. Un retrato que nos fala de soidade, anos pasados absurdamente e distancia, distancia entre a xente, pero tamén entre o que debería ser a cultura e no que realmente se transformou. Martinho foxe desde un principio desa pretensión cultural moderna do rendemento económico ou simplemente social en termos cuantitativos. Non busquen por tanto nestas páxinas un poema que vaia a ser recitado nas súas letras pola última estrela do trap melancólico, nin esperen de Martinho que se transforme nun fenómeno editorial de masas da man dun trabalho que por outra banda consentiu ata o último momento. Nun mundo que fixo do amor, o sexo, a amizade ou mesmo a soidade e a tristeza un mero produto de márketing que empaquetar e facer atractivo para o seu consumo social e comercial, a sinceridade que o autor galego desborda na súa páxinas seguramente será incomprendida.

A minha recomendación deste poemario é para todos e todas aquelas que fartos xa do cinismo de todo tipo de xogo de aparencias sociais, cansos do consumo de corpos, substancias e experiencias baleiras e desexosos de atopar unha saída, arrísquense sen mirar atrás á lectura dun autor sincero, nin máis, nin menos. Un autor que en tempos nos que é máis común atopar felacións, espidos, corridas, orxías, tríos, drogadicción ou masoquismo nos trabalhos artísticos que a maioría dos novos autores realizan para lanzar a súa carreira, opta simplemente por mostrarnos o seu interior, a súa clara visión do mundo e os seus pensamentos.

Martiño: «Sentirse só, entrar a reflexionar cun mesmo, segue sendo o gran tabú nos nosos tempos. Vivimos inmersos no ruído, por iso tento aproveitar a soidade e a reflexión para facer poesía, tento transmitir coa minha escritura a necesidade de conhecernos a nós mesmos. Con este poemario tento deixar unha pegada que explique as minhas dúbidas, os meus pensamentos e os meus estados de ánimo ao longo do tempo. Para iso uso o papel como un medio co que sincerarme co mundo.»

«Poesía primeira dás pretensións universitarias» é alma e corazón nun mundo cheo de corpos e medos. Todos nos espimos fisicamente dunha forma máis ou menos normalizada, quitámonos a roupa cada día ante outros para ter sexo, na praia, nunha consulta médica ou mesmo por pura rutina, pero son poucos os que nos nosos días atrévense a abrir realmente o seu corazón e os seus sentimentos ao gran público. Nestas páxinas o autor ofrécenos un ben escaso, móstranos o seu verdadeiro eu, sen redes sociais, sen filtros, sen grandes números de seguidores ou amizades virtuais que o tempo rematará deixando tarde ou cedo en nada. Martinho bríndanos coa súa obra a verdadeira oportunidade de conhecelo, poida que non vos siga nunca na vosa conta de Instagram ou que non chegue a chamarvos amigos unha noite de festa, nin a compartir un ano de universidade convosco como aquel que comparte unha porción dunha pizza ou un tiro de coca nos bamhos dalgún antro de mala morte, pero sen dúbida tras a lectura da obra deste autor galego, poderedes chegar realmente a conhecelo. Polo menos farédelo durante o período de tempo que abarca a mesma, só del depende abrirvos a porta ao resto da súa existencia.

Martinho: «Practicamente todos os días regreso á lectura deste libro para lograr lembrar o que pensaba e sentía no momento de escribilo. Lograr transmitir esas sensacións, eses sentimentos, á minha propia memoria e en quen poida lelo, é a forma que tenho de deixar a minha propia pegada»

Tenten conseguir esta obra nas rúas de Santiago de Compostela, mergulhen entre os bares, as charlas políticas na universidade, os entroidos galegos ou os parques os días nos que o sol agradece a presenza dos novos autores. Busquen sen descanso, pero sen présa, a recompensa seguro valeralhes a pena. Sempre queda a opción de ponherse en contacto co autor, Martiño Estévez Otero, a través das redes sociais, pero coido que un esforzo maior e máis real, sen dúbida valerá a pena.

Fotografía de portada: Vagalumeeeee

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.