Perigo á vista: inflación (II)

Por Jose Vieira

No anterior texto, co mesmo título e subtítulo I e, onde demos unha idea, moi xeral do fenómeno económico así designado.

Agora, estamos xa en condicións de avanzar, un pouco máis e analizar algúns dos seus aspectos máis relevantes, utilizando as respectivas teorías económicas, que se inclinaron na resolución dos problemas que carrexa este éxito.

Recorremos neste momento a un cálculo que habemos xa expresado no texto anterior e, que agora imos explicitar, de forma analítica:

Se trata de calcular o valor dunha inflación en determinado ano, partindo dos respectivos valores índices, de prezos ao consumidor, de cada ano, en cuestión.

(ano que serve de fronteira/ano que serve de base) -1) x 100 = % de Inflación

No noso exemplo, tiñamos que en 2007 era de 202,416 e o ano de 2008 fora de 211,080, ambos o mesmo mes, así substituíndo na fórmula, indicada teriamos:

(211,080 / 202,416 -1)  x 100 = 4,28029 %

O que nos permite dicir, merce dos cálculos, que a inflación no período en cuestión foi de 4,28 %.

Antes de entramos en máis pormenores, queremos dar un cadro das maiores inflacións ocorridas, o século pasado, considerando unicamente os seus “picos” mensuais de inflación

PAÍSINICIOFIM%/MENSUALCRECIMIENTO MENSUAL DE DINERO
AUSTRIAOUTUBRO 1921AGOSTO DE 192247%31%
ALEMANIAAGOSTO 1922NOVEMBRO 1923322%314%
GRECIANOVEMBRO 1943NOVEMBRO 1944365%220%
HUNGRIA –  A)MARZO 1923FEBEREIRO 192446%33%
HUNGRIA – B)AGOSTO 1945JULLO 194619.800 %12.200%
POLÓNIAJANEIRO 1923XANEIRO 192482%72%
RUSIADECEMBRO 1921XANEIRO 192457%49%

Queremos agora mostrar, o que significa unha inflación mensual, a través de por exemplo. Sexa, un crecemento mensual do 40%, en termos de prezos, e queremos saber, ao fin, de por exemplo 21 meses, cal é o valor de se ben: o seu cálculo se fai dá a través da seguinte formula:

(1+0,4)^21 = 1.171 veces o nivel dos prezos, existentes ao inicio.

É realmente impresionante!

Esta é unha das principais razóns, polas cales nos parece imprescindíbel, alertar do perigo que se nos está a deparar, sobre todo polas posibilidades dos especuladores, entraren sen regras, nos circuítos económicos.

É necesario, que as poboacións estean, moi ben atentas e, non se deixen manipular, impondo aos seus respectivos gobernos, as políticas de control, para que non sexan os seus cidadáns, vítimas dun empobrecimento sen dó.

É que sen case, non repararmos en canta, do perigo que se aveciña, se nos depare unha desigualdade social, moitísimo máis severa, do que a que temos actualmente, que xa insustentábel.

Non poderemos deixar de pasar en balde, a oportunidade, sen ter unha palabra, sobre este tema das multitudinarias inxeccións de diñeiro, que os próximos anos, entrarán en España, pola vía dos fondos de apoio da Unión Europea.

Estamos perante miles de millóns de euros que entraron no país, sen contrapartidas produtivas.

 Non somos arautos de desastres esperados, o que pretendemos, é ver que as aplicacións non se fican nas mans, dos grandes grupos e, a través de operacións equivocadas, para a poboación en xeral.

O que ten que ser feito, é un control, rigoroso, de la aplicación dos fondos comunitarios, para que entre outras obxectivos, se consiga diminuír as desigualdades sociais existentes, cando o que os gran grupos o que pretenden é que os fondos entren a aumentar os seus capitais.

O que se debía pretender, sería poder a vir modernizar o tecido industrial de España, que se ten vindo a contraer, estando practicamente o país a ser sustentado polo sector terciario e, veña poder diminuír a brecha cos países máis desenvolvidos da Unión Europea.

Máis, pretendemos que as referidas axudas, non se queden na man das grandes multinacionais, mais si nas as unidades produtivas máis modestas, así como, nos autónomos e, que estes sexan realmente participes das axudas e, non marxinados, como parece ser o habitual, no reino de España.

Posta esta primeira alerta, imos agora entrar, nas varias teorías que pretenden explicar a aparición da inflación, comezando pola

TEORÍA MONETÁRIA

 Nesta teoría, tomamos como  característica que a velocidade do crecemento monetario (aumento da cantidade de medios líquidos),  es aproximadamente equivalente à inflación, se restamos o crecemento real do PIB.

Así sendo, se pode resumir a tres, as bases de reflexión:

– O prezo dos bens de consumo e servizos

– Os importes que representan a procura agregada por bens e servizos e

– Os importes que representan a oferta agregada de bens e servizos ao consumo.

A explicación é simple, os prezos subirán, se o agregado de procura aumenta máis que o agregado da oferta. Esta é a teoría da procura agregada, que podemos dicir que está baseada, na cantidade de masa monetaria que existe no sistema.

Entón ao aumentar esa masa monetaria, a procura de bens e servizos se incrementa, e claro se non é acompañada por un aumento de oferta agregada idéntico, o que resulta deste desaxuste, se chama INFLACIÓN

Nota 1:

Se pode relacionar coa ecuación de  Cambridge, que se expresa da seguinte forma:

M^d = K (P x Y)

Cuxo significado de cada termo é:

M^d = procura de diñeiro

Y    = nivel de ingresos

K     proporción de reservas

Esta ecuación representa esencialmente ou formalmente, a teoría do equilibrio, ou dos saldos en efectivo, que se debe ao economista Alfred  Marshal e, que é unha alternativa á teoría  cuantitativa, clásica do diñeiro.

Este plantexamento, é distinguido da teoría cuantitativa do diñeiro dos economistas clásicos.

 Pois, para estes clásicos, a cantidade de diñeiro que circulaba dependía, da oferta de diñeiro, mentres para os seguidores da ecuación de Cambridge, a cantidade de diñeiro en circulación, depende a procura de diñeiro.

Nota 2:

O enfoque teórico, busca unha explicación, de como circula o diñeiro, tomando en consideración a relación existente entre o diñeiro co nivel de prezos, os ingresos e, a procura efectiva.

Postas estas dúas notas, imos mostrar que o noso coñecido Milton Friedman, da escola austríaca e o mentor dos “Chicago Boys”, escola de Chicago, afirmaba que “a inflación é sempre un fenómeno monetario”

Este é o señor, é o teórico máis encarnizado do liberalismo económico, ortodoxo, como se pode verificar, a través dos efectos dos seus experimentos, de entre os cales, resaltamos o golpe do Chile contra Allende, co apoio do secretario de Estado Americano da altura Henri Kissinger, pondo no poder a ditadura do xeneral Pinochet.

Milton Friedman, foi o grande teórico e ao mesmo tempo experimentador, das aplicacións do máis salvaxe capitalismo.

Con este réxime, de que aínda hoxe se nutren, a maioría dos países do G20, continuamos a sufrir as consecuencias, como por exemplo as diferenzas sociais, que normalmente se designan por desigualdades sociais. Basta recordar, que 1% da poboación máis rica detén case 70%, da totalidade da riqueza mundial.

Os campións das aplicacións de Miltan Friedman, foron as políticas de Ronald Reagan nos Estados Unidos e de Margareth Thatcher na Inglaterra.  Estas súas políticas, son as responsábeis polo constante aumento da riqueza dunha minoría, mentres, por un lado, a maioría da poboación pasaba de ser unha clase media, masa inmensa de pobreza e, até à pobreza severa.

Esa década dos anos 80, deixou para sempre plantados no limbo de esquecidos os máis humildes, os traballadores.

Que vai acontecer coa entrada na Europa Comunitaria, coa entrada dos apoios, monetarios?

Erradamente se ten informado, que non se ten que pagar a metade dos fondos de apoio. Se trata dunha mentira espantosa, pois, os fondos son obtidos por un préstamo de 750.000 millóns de euros, que a Unión solicitou, aos mercados financeiros, con aval de toda a Unión Europea, cunha taxa de xuros baixos é correcto, mais como todos os préstamos, se terá que pagar, á data do seu vencemento e, na proporción do que cada país recibiu.

Estamos, perante unhas enormes cantidades de masas monetarias, que van entrar e, que ten que ter utilizacións, que non conduzan na realidade unicamente, a seren medios líquidos, inflacionistas no circuíto do consumo.

Até ao momento, non están divulgados, coa clareza e simplicidade suficiente, para que o suxeito da callar, se poda informar de como van ser distribuídos, ou sexa, como vai ser a súa utilización, nos varios estratos da sociedade.

Cremos que a falta de información correcta, clara e simple, é unha estratexia de defensa, do goberno de quenda.

O que si se sabe, é que algunhas autonomías, xa se acautelaram a dar a xestión dos respectivos recursos a seus achegados (Deloite en Madrid e Abanca en Galiza). Cremos que sobre como se vai xestionar eses fondos, se nada mudar, xa se está a ver quen se van ser os beneficiados, os grandes grupos que son os grandes clientes, desas organizacións.

Así, e utilizando, as palabras enriba referidas de Milton Friedman, de que “a inflación é sempre un fenómeno monetario”, estarán conxugadas as condicións, para que existan, as chamadas tensións inflacionistas.

Quen perde, desde xa, son os traballadores, que son os principais elementos da economía, que non teñen a capacidade de poder subir os seus ingresos. Pois, as súas entidades patronais, recibirán as respectivas axudas e, nada farán, para axudar os seus traballadores.

O que farán os que algo investirán, será a ser despedir persoal fabril, agora que dispoñen de diñeiro fresco, substituirán os traballadores por equipamentos, ou sexa, por medios automáticos de última xeración (robots, sistemas dixitais e toda a cibernética posíbel para eliminar os custos de persoal).

Non sería de todo mal para a economía en xeral, no entanto, o desemprego se disparará, se non foren creados empregos alternativos. Haberá que formar o persoal desempregado e os reciclando, para os tornar aptos, para novas actividades, no caso de existiren alternativas. Dubidamos da eficacia do proceso, no entanto, desexamos estar equivocados.

Isto quere dicir, que non resta outra, que encontrar os medios adecuados para non deixar que a inflación se descontrole.

Xorde aquí a pregunta:

¿Como controlar a inflación na teoría Monetaria?

Comezaremos por dicir que nun primeiro momento o aumento de cantidade de diñeiro, debido ao desfasamento existente, provoca os seguintes efectos: diminución dos tipos de xuros nominais e reais, aumento da procura e naturalmente aumento da produción.

No entanto à medida que persiste o aumento da cantidade de diñeiro, a inflación se instala, con toda a súa forza, se consolidando os efectos negativos para a maioría das poboacións.

Cabe aquí unha anécdota moi coñecida e, que se contaba en Israel, cando este país estivo sobre a acción dunha forte inflación: “Era preferíbel ir a calquera sitio de taxi, do que de autobús, a razón era porque o autobús se tiña que pagar no inicio, mentres o taxi só no fin”, esta era a consecuencia da rapidez con que perdía, o seu valor, o diñeiro. Sempre estaba a diminuír a súa capacidade de troca por bens e servizos.

Que se está a pasar, no momento presente e, o que se aveciña. Todos sabemos, por experiencia do noso día a día, que a economía xa viña a presentar, unha desaceleración nitidamente visíbel, e esta, se mostrou agravada, co problema das restricións e perda da procura, por parte dos cidadáns, no bienio de 2020/2021.

Naturalmente é aquí que se nos pon os cabelos en pé, dado que até ao momento, as xeracións que hoxe andan cerca dos 30 e os 50 anos, xamais tiveron contacto cun sistema inflacionista.

E mesmo os que máis vellos tiveron algunha experiencia non hai sido tan traumática como as que describimos enriba.

Terá que haber, unha aprendizaxe de como vivir no momento en que existe unha inflación, o que non é o mesmo que vivir, da forma como hoxe o facemos.

Tamén conforme xa dixeramos, que unha pequena inflación é até un motivo de ánimo para os empresarios, se disporen a axustar producións e as desenvolver, dado que nunha primeira fase obterán beneficios adicionais.

Que pasa por exemplo xa nos Estados Unidos da América, que é o país idolatrado polos dirixentes de España? Pois moi ben, a inflación o mes de xuño atinxiu nada menos do que 5,9%. A noso modesto ver, se a Reserva Federal non intervir así como as restantes autoridades gobernamentais, pode que a inflación homologa (no fin do ano), sexa algo de que confirme as nosas previsións pouco optimistas.

Pode que esa inesperada inflación, ou polo menos non tan estimada, teña moi a ver coa inxección de dúas series de 1,9 billóns de dólares no país. Moito diñeiro, implica a tentación dos mercados aumentaren os prezos dos seus bens e servizos.

Como sabemos, na América o plano de choque do presidente Joe Biden, está en pleno desenvolvemento e, como tal a chegada de liquidez a economía xa é un feito real. Así moitísimo diñeiro, sen contrapartida produtiva, leva à subida xeral dos prezos. Isto quere dicir, que a posibilidade de aumentar a procura, sen unha contrapartida, de aumento inmediato da oferta, atrae a inflación.

Poden ser trabados os aumentos dos prezos no mercado?

A resposta, é que poden, o problema é o poder dos monopolios, que queren e poden impor ao goberno, só as medidas que non os prexudiquen, como por exemplo non controlar os prezos finais dos bens e servizos.

Non queremos entrar neste texto en cales serían ases políticas necesarias para tal. Ficarán para un próximo artigo.

Centrémonos en España. Os últimos datos, do nivel de prezos do Instituto Nacional de Estatística, apuntan que na mesma altura en que os prezos na #América creceron 5,9%, en España, se quedaran por 2,9%.

Aparentemente, parece que o perigo da inflación en España, parece máis longínquo, pois 2,9%, é aínda un valor que é considerado, asumíbel.

No entanto, o que queremos avisar é que os fondo na América xa están no mercado e, o que pasa xa existe efecto das tensións provocadas polo aumento da masa monetaria, por outro lado, en España, aínda non chegaron de verdade os diñeiros da intervención das políticas europeas de recuperación (entre outros, os da Nova xeración) e, como tal a masa monetaria está practicamente igual, que antes da pandemia.

Con isto o que queremos dicir, que ou se toman medidas de carácter especial, desde xa, para a contención do aumento dos prezos, ou entón, como xa estamos a sentir, ases grandes corporacións xa comezan a aumentar prezos dicindo que os materiais que necesitan, as chamadas materias primas, están a subir, na procedencia.

Máis, este é o primeiro sinal de preparación psicolóxica para a escalada de prezos. Por outro lado, tamén os empresarios están se queixando, que a subida do salario Inter profesional, os vai obrigar a aumentar prezos.

Todo isto, se trata dun proceso, máis vello e caduco do mundo dos negocios, preparar a poboación para que trague sen dor a ambición desmedida dos gran “Amos do Mundo”.

Concluiremos dicindo que perante unha inflación do 2,9%, sen control e cun aumento da masa monetaria de cerca de 140.000 millóns de euros, aínda que graduados á praza dos próximos anos, facilmente se chegará à unha inflación de dous díxitos.

Parece estar a aproximarse algunhas nubes negras, no ceo azul, que irán de máis, se non se fan as cousas ben.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.