Estamos mesmo convencidos, pois, as evidencias así o demostran, que a crise europea e a respectiva inflación, resultaron da respectiva saña imperialista americana, pois, as sancións impostas a Rusia, como eles moi ben sabían, irían enfraquecer non só a Rusia, mais tamén a súa colonia, a designada Unión Europea
Por Jose Vieira
É un título moi extenso, mais non encontramos un que se axuste de forma aceptábel para o tema en cuestión.
Estamos no presente asistindo a guerras determinadas polo imperialismo americano, mentres por outro lado vemos unha submisión total, como escravos, dos gobernantes da Europa en que vivimos.
Mais iso é outra historia, é unicamente unha chamada de atención para o contexto actual.
Así que, comezamos por nos referir a Silicon Valley, terra de que temos falado noutros nosos escritos, como por exemplo, no noso libro “A Nova Orde”, onde dabamos conta do extraordinario desenvolvemento das industrias de nova tecnoloxía, aí instaladas.
Entón o que se está a pasar?
Neste texto, non iremos probabelmente falar moito da IA (intelixencia artificial), mais si o que se estaba ou está a pasar nese paraíso do desenvolvemento da máxima tecnoloxía. É nesta zona que habitualmente se designa como a capital das “Start-up”.
Como en todos os terremotos desencadeados polos humanos, existe ou debía existir cando se intentan analizar, unha cronoloxía de base. Sen ese guía é difícil temporizar os éxitos. Neste caso, tamén avanzamos a tal cronoloxía.
Parece que todo se desencadeou, cando o 16 banco por tamaño, dos Estados Unidos da América do Norte, que repara no nome da zona donde se sitúa, ou sexa, Silicon Valley Bank (cuxas siglas porque é coñecido son SVB), a través da súa dirección anunciaron que tiñan que ingresar a módica contía de 2.250 millóns de dólares, para cubrir as súas perdas, en caso contrario quebraban de inmediato.
Sempre que se produce unha noticia deste tipo, a primeira reacción popular, é de pánico, por parte dos seus clientes. E neste caso foi o que pasou, pois, no fin do dito día, sacaran do banco 42.000 millóns dos seus depósitos.
Claro que os principais estresados son os que teñen as súas economías depositadas no banco, ou sexan os depositantes.
Como case sempre sucede nestes casos, os responsábeis, tiveron que encerrar o banco, e as autoridades dos asuntos bancarios, tomaren o control dos depósitos dos clientes.
Claro que se hai posto o problema de sempre, “será este banco demasiado grande para poder caer?”
Imos caracterizar o banco en cuestión:
Este Banco, foi fundado, no alborecer do boom económico da rexión, o sexa en 1983, en Santa Clara, na California e, como non, a súa expansión foi perfectamente explosiva, a semellanza do desenvolvemento da industria e servizos acollidos en Silicon Valley.
Os seus principais clientes foron e son as chamadas empresas das tecnoloxías de punta estabelecidas, na zona. Moitas veces llas denomina coas “Start-up”, da costa oeste dos EUA.
Este banco, exerceu a súa actividade esencialmente como o principal fornecedor de crédito para as empresas de tecnoloxía punteira. E máis, para alén de fornecer créditos as empresas, tamén é socio de case 50%, das empresas de tecnoloxía e de atención médica garantidas por firmas dos EUA, que cotizaban nos mercados de valores, polo menos o ano de 2022.
Así que a administración deu orde para encerraren as instalacións, tendo o pánico aumentado, de forma case incontrolábel, pois, os depositantes máis pequenos, ao se dirixiren ao banco encontraron as portas cerradas.
Este banco estaba estabelecido esencialmente nos EUA, mais tamén dispuña dalgunhas filiais fóra do país. No entanto, a maioría dos seus traballadores se situaban no país e eran cerca de 8.500.
Debemos recordar, que a primeira filial que este banco dispuxo no exterior do país, foi no Reino Unido, tendo esta quebrado e, sido adquirida polo enorme complexo bancario inglés, HSBC un dos grandes do mundo, por unha libra inglesa, o que significa que o comprou por $1,21 dólares americanos.
Tamén este banco foi afectado, pola quebra das accións dos seus socios e como non, pola agresiva política da subida dos tipos de interese por parte da Reserva Federal.
Tamén as aplicacións de depósitos dos seus clientes foran utilizadas para a compra de “bonos” de encaixe fixo, que se consideraban unha aplicación segura. Cabe aquí a explicación de que sempre que soben os tipos de intereses, os prezos dos “bonos” descenden, o que significa que o banco en cuestión, perdeu moitísimo diñeiro nesa inversión. Claro que se o banco puidese manter eses bonos en carteira, podía até recuperar, mais a falta de liquidez a creado a necesidade de vender para aumentar a súa liquidez.
Por outro lado, os seus clientes comezaron a utilizar depósitos que tiñan no banco, con moi máis rapidez, para non se teren que endevedar máis, dato a subida dos intereses por parte da Reserva Federal.
Perante estas situacións cumulativas, a propia secretaría de estado do Tesouro americana, expresou a súa confianza no sistema bancario americano, nunha clara intención de calmar os ánimos da poboación.
Entón, as autoridades competentes, nestes casos, a Reserva Federal dos Estados Unidos (que funciona como o Banco Central do país), no proprio domingo, fixo constar a través dos órganos de comunicación social, que esta mesma Reserva Federal, tomaba posición no asunto e, garantía todos os depósitos, tentando de momento trabar o pánico.
Mais, existe sempre un, mais, neste caso, os depósitos nos EUA, están asegurados até aos 250.000 dólares, mais o problema é que “case 90% dos seus clientes, superaban esa cantidade e, como tal, temeron polos seus depósitos.
O presidente dos EUA, o señor Joe Biden, o “vendedor de armas” das catro maiores fábricas de armamento do mundo, veu a intentar tranquilizar os depositantes da banca americana en xeral e da Silicon Valley en particular, dicindo que a partir da segunda feira seguinte xa podía acceder aos seus depósitos. Iría traballar a rotativa do papel verde…
Máis o referido señor, mentres, aproveitou a ocasión, para ameazar os inversores, dicíndolles textualmente que debían: “asumir un risco e que cando un risco non rende, os inversores perden o seu diñeiro” engadindo “é así que funciona o capitalismo.”
Pensamos que o goberno do “vendedor de armas Joe Biden”, tentou blindar o goberno para evitar, unha ira xeneralizada, como a que foi provocada cando os rescates de Wall Street, en 2008.
Desde esa sexta feira, o banco Silicon Valley, se quedou adstrito a unha entidade designada por Corporación Federal de Seguros de Depósitos (en siglas FDIC), que é unha axencia federal independente.
Este organismo, fora creado durante a gran Depresión de 1929, coñecido polo CRASH DA BANCA e, que ten como obxectivo a recuperación do diñeiro dos clientes dos bancos en quebra.
Así, segundo o que se sabe, esta entidade FDIC, aínda conseguiu protexer os depósitos residuais do banco e, que aínda ascendía a 175.000 millóns de dólares.
Ese mesmo domingo, saíu un comunicado conxunto, firmado pola secretaría de estado Janet Yellen, polo presidente da Reserva Federal Jerome Powell e polo presidente da FDIC Martin Gruenberg, asegurando, que todos os depósitos mesmo os que superaban a cláusula garantida polo fondo de garantía (os tales 250.000 dólares), serían resarcidos.
Mais isto non só afectou o banco Silicon Valley, así como outro banco, aínda que de menor dimensión chamado Signature Bank, cuxa sede se sitúa en Nova York. Este tamén se quedou nas mans da FDIC, desde ese pasado domingo.
Como podemos imaxinar, esta situación non só subscribiu a estas dúas entidades, basta ler o comunicado da Reserva Federal, que tamén anunciou que ofrecerá asistencia a través dun novo programa de financiamento, que facilitará que os bancos obteñan préstamos na crise en cuestión.
Desde este comunicado, se pode concluír que se desencadeou unha crise real.
Non estaremos tamén perante unha das consecuencias decorrentes da subida dos intereses por parte da Reserva Federal, no seu labor de frear a inflación?
Foron as subidas de intereses un dos instrumentos esenciais para desencadear esta crise bancaria?
Non sería, moi mellor, que os EUA, deixaren de ser un estado imperialista e terrorista e, teren feito un acordo internacional para evitar a invasión defensiva da Rusia, contra a Ucraína?
Recordemos o que está a suceder na Europa, que coas sancións impostas polos EUA, así como da súa colonia Unión Europea, a Rusia, a maior parte do refluxo negativo das sancións, caeu inevitabelmente na Europa (escaseza de produtos cerealíferos, gas, petróleo, uranio enriquecido, aluminio, fertilizantes, un sen fin de etc.), xerando esta inflación, cuxa a inepcia política non ve outra forma de frenar, senón dunha forma indirecta, ou sexa, a través do aumentos de intereses, para que as grandes empresas, non se aborrezan cos políticos seus empregados, por un intervencionismo, agresivo mais eficaz de control de prezos (se trata de que queren continuar a gañar os diferenciais por enriba dos custos inflacionistas – a historia habitual, só os moi ricos van saír de máis esta crise gañando).
Non esquecemos que esta tamén é unha medida destinada a fortalecer a desigualdade social, pois, o punto de acumulación, como sempre está na man dos máis ricos e, quen paga a factura, teñen que ser os máis pobres, pois, que son débeis.
Non podemos ignorar, que os americanos desde que se construíu o gasoduto Nord Stream 1, o consideraron desde pronto, un elemento pernicioso para o seu dominio económico e político e, un ataque ao seu imperialismo. E basta ver que foron directamente ou indirectamente quen inutilizou o novo gasoduto Nord Stream 2, nunha acción perfectamente terrorista, facendo que este explotase no seu treito marítimo.
Estamos mesmo convencidos, pois, as evidencias así o demostran, que a crise europea e a respectiva inflación, resultaron da respectiva saña imperialista americana, pois, as sancións impostas a Rusia, como eles moi ben sabían, irían enfraquecer non só a Rusia, mais tamén a súa colonia, a designada Unión Europea. Cun único tiro resolveron dunha asentada o obxectivo proposto, que era enfraquecer ambos (o inimigo e a súa colonia europea).
Non podemos esquecer, por outro lado, que a señora Christine Lagarde, a timoneira do Banco Central Europeo, non ten seguido outra estratexia, para repor a inflación dentro dos parámetros dos 2%, que non sexa, a que o señor Jerome Powell, da Reserva Federal americana lle ten imposto. É máis unha proba da supervivencia europea.
O que non nos deixa, concluír doutra maneira, a non ser a confirmación de que a Europa “hoxe por hoxe” non pasa dunha colonia de segunda clase do imperialismo americano.
Finalmente, non queremos deixar de comentar, que as noticias que nos chegan polos grandes órganos de comunicación social, están de tal maneira manipulados, que só transcende o que o imperialismo dos EUA, desexa que se saiba. Recordemos que un dos principais órganos de información é o The Washington Post e este pertence a un dos tales señores que pertence aos “Amos do Mundo”, se trata de Jeff Bezos e, que este periódico ten como principais clientes de publicidade, a CIA, o FBI, o Pentágono, o Servizo de Emigración e Control de fronteiras (ICE), así como outras axencias estatais. Entón a dirección do periódico, fai o que estes clientes desexan, senón acaban os anuncios e, como non pode deixar de ser, os fluxos monetarios para a organización do periódico.
Volveremos a esta asunto, proximamente en especial aos rescates bancarios.
Se el primero en comentar