O premio do banco de Suecia aos economistas, coñecido por Premio Nobel de Economía

No fondo, ao que chegaron, foi á conclusión, de que os bancos se tornan non só vulnerábeis, ás “turbulencias da economía, como as súas quebras complican e agravan aínda máis os desastres financeiros.

Por Jose Vieira

Este ano, os señores do xurado para o premio da Economía do Banco de Suecia, apoiado por este mais atribuído en conxunto coa Real Academia Sueca e, considerado como o Nobel da Economía, recaeu sobre o trío formado por Ben Bernanke, Douglas Diamond e Philip Dybvig.

Como xa vén sendo tamén de certo modo habitual, foi atribuído a un traballo de investigación, que tiña como obxectivo, saber como reaccionaban os bancos ás carreiras a estes e de como as evitar. Fundamentalmente, de que se trataba era de como coñecer, en que se diferenciaba a situación actual da que ocorreu nos idos de 1930 (estaban na década de 1980).

Comezamos por dar una rápida biografía, sobre quen son cada un dos elementos principais, desta investigación e, como tal mereceron o respectivo premio.

Imos comezar, exactamente polo máis coñecido destes tres laureados, ou sexa, por Ben Bernanke.

Este economista e político, naceu en Augusta, na Geórgia, dos Estados Unidos da América do Norte, a 13 de decembro de 1953.

É de orixe xudía, estudando a carreira de economía na universidade de Harvard, coa máxima clasificación, ou sexa, de “summa cum laude”. É doutor en economía polo Instituto Tecnolóxico de Massachussetts (en siglas MIT), en 1979.

Foi presidente da Reserva Federal dos Estados Unidos (adiante polas súas siglas FED), entre 2006 e 2014, con dous presidentes da USA, nomeado primeiro por George W. Bush, tal como el republicano e, de novo, reconducido no cargo agora polo demócrata Barak Obama en 2009. Ese ano foi considerada a figura de política do ano na USA.

Se notabilizou como sendo un experto, na crise de 1930. E igualmente, en particular, sobre a teoría monetarista, que dominou na crise de 1930, tendo tal como Milton Friedman, a considerado, como unha das principais responsábeis por esa crise.

Este economista, tivo moitos puntos negativos e algúns positivos, destacándose sobre todo como crítica, a súa falta de transparencia, cando ameazou o Banco da América, para que comprase a Merrill Lynch, durante a súa pasaxe como presidente da FED.

Foi un acérrimo defensor da banca privada e da excelencia e volume de sus negocios.

Como punto positivo este é coñecido como un dos seguidores da nova economía Keynesiana.

Ficou famoso un seu discurso en que afirmou que “nun sistema de diñeiro fiduciario, o goberno é o dono en termos físicos de crear diñeiro e de manter a liquidez. E así, de controlar a oferta monetaria o que permite que o goberno pode sempre evitar o problema da deflación, simplemente emitindo máis diñeiro” (obxectivo dunha inflación do 2%).

Máis, este tamén creou a expresión “superabundancia de aforro”, coa idea de que “un nivel relativamente alto de aforro mundial, mantería baixos os tipos de interese (tipos de xuro) y financiaba os déficits por conta corrente da USA” (as traducións son de nosa enteira responsabilidade).

Falemos agora de Douglas Warren Diamond, naceu en outubro de 1953. É profesor de Finanzas do Servizo Distinguido Merton H. Miller na Escola de Negocios Booth de la Universidade de Chicago (coñecida como a escola dos economistas de extrema dereita), sendo un especialista en estudos de intermediación financeira, crises financeiras e liquidez.

O seu traballo máis coñecido é “Crises financeiras e carreiras bancarias”, creando un modelo de investigación moi coñecido e influente co seu compañeiro Dybvig, designado como modelo “Diamond-Dybvig” e publicado en 1983.

Posúe varios premios de recoñecemento da súa capacidade como macroeconomista.

Se graduou na Universidade de Brown en 1976, asumindo un doutorado na Universidade de Yale en 1980.

Falaremos axiña de Philip Hallen Dybvig, este economista e financeiro, naceu na USA, en 22 de maio de 1955. É, esencialmente máis coñecido, como especialista na fixación de prezos de activos e inversións, así como do goberno corporativo nesta área.

Foi creador con Douglas Diamond dun modelo financeiro en 1983 e, que é designado como enriba referimos, polos seus nomes, conforme referimos cando nos referimos a Diamond.

Este economista e financeiro, se licenciou en economía pola Universidade de India Bloomington, en 1976, posteriormente obtivo o master, en 1978, así como un doutorado, en 1979 estes dous títulos, na Universidade de Yale.

Foi titular na universidade de Yale e tamén ensinou na de Princeton. Entre os anos de 2002 e 2003, presidiu á WesternFinance Association.

Foi profesor de Banca e Finanzas na Escola de Negocios de Olin, da universidade de Washington en S. Louis.

A súa produción científica é dun gran valor e, é autor de máis de 35 artigos científicos, publicados en periódicos da especialidade.

Tamén é coñecido por ser uns dos consultores máis recoñecidos a nivel gobernamental, así como, de institucións privadas.

É un especialista, nas seguintes áreas: xestión de negocios, asuntos de bancos e financeiros, finanzas corporativas, educación en negocios e bancos e institucións financeiras.

É tamén editor, en moitas revistas da especialidade.

Queremos deixar o texto da Real Academia Sueca, de xustificación dos seus Nobeles e, que reza de la seguinte maneira (a tradución é da nosa responsabilidade), “que as súas conclusións (nos rexeitamos a traducir literalmente como descubrimentos), resultantes da investigación dos tres economistas, que se remonta a década de 1980, se reforzan entre si es que en conxunto, ofrecen importante información sobre o papel beneficioso que desempeñan os bancos en la economía, aínda que as súas vulnerabilidades poden conducir a crises financeiras devastadoras”

No fondo, ao que chegaron, foi á conclusión, de que os bancos se tornan non só vulnerábeis, ás “turbulencias da economía, como as súas quebras complican e agravan aínda máis os desastres financeiros. O que eles se empeñaron foi, na verdade, encontraren solucións para a seguridade dos bancos e con tal para os poderosos lobbies financeiros, esquecendo-se de forma absoluta, que o mundo non está só poboado por ricos e por corporacións financeiros.

Eses son unicamente os responsábeis polas crises do mundo.

As súas receita foron e son para que a explotación continúe a salvo dos explotadores, por “saecula saeculorum”, o que significa, de forma literal, por séculos dos séculos, mais un pouco menos, do que infinito ou eternamente.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.