![]()
a importancia desta industria é de tal peso na economía dese país, que os seus empresarios, impuxeron que o mercado aberto pola OTAN inicial non chegaba para as súas ambicións e, como tal, era necesario aumentar o mercado
Jose Vieira | 10/07/2026
Imos falar da Organización do Atlántico Norte (OTAN), dado que esta organización, ten algo parecido coas cervexas cando son “tiradas” moito ben.
Tamén estas saen con pouco liquido e, moita espuma, máis ao pouco tempo, crecen até deitar fóra do recipiente que a contiña.
Así é tamén esta organización, creada para defender os países que a fundaron, do perigo do comunismo ou talvez dos comunistas (non se sabe ben ao correcto).
Do que se ten a certeza é de que esta organización, deu orixe á creación por parte do bloque comunista de entón, coa Unión das Repúblicas Socialistas Soviéticas como organizadora, a implantación dun bloque de países, desa esfera de influencia, a que se chamou PACTO DE VARSÓVIA, con vista a se defenderen da organización enriba referida, creada por imposición dos Estados Unidos da América do Norte (USA).
O Pacto de Varsovia, foi organizado como enriba dicimos, na altura pola Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas e polos seguintes países, Albania, Bulgaria, Checoslovaquia, Hungría, Polonia e Alemaña Oriental. Este acordo firmouse a 14 de maio de 1955.
O que significa que a resposta comunista á organización pro americana demorou 6 anos a se producir.
A OTAN, foi creada o día 4 de abril de 1949, por un grupo de 12 países liderado polos americanos e, composta polos seguintes: USA, Reino Unido, Canadá, Francia, Bélxica, Dinamarca, Islandia, Italia, Luxemburgo, Noruega, Países Baixos e Portugal.
No entanto, queremos deixar desde xa indicado, que esta asociación, desde o seu inicio, a súa principal actividade, foi permitir que os militares de carreira dos países en cuestión, puidesen lucir os seus belos uniformes e, así como de tempos a tempos engadir unhas cantas medallas pola antigüidade atinxida.
Máis, nos falta indicar cal era e é, a certa razón da súa existencia, para alén da que referimos enriba. Esta organización tiña e ten a finalidade de manter as fábricas de material de guerra a traballar en pleno rendemento.
Máis hai máis, destinouse e destinase a alimentar, como dixemos, a industria de armamento, en especial do país coa maior sector industrial nesta área, que é sen sombra de dúbidas os USA.
Como sabemos, a importancia desta industria é de tal peso na economía dese país, que os seus empresarios, impuxeron que o mercado aberto pola OTAN inicial non chegaba para as súas ambicións e, como tal, era necesario aumentar o mercado.
Así, de golpe en golpe, se foi expandido esa organización e, estrañamente para alén das finalidades, para o que fora creada, pois, o pacto de Varsovia extinguiuse, de forma oficial, o día 1 de xullo de 1991, sendo firmado na Hungría.
No entanto, as concentracións e actividades militar, tiñan se extinguido o día 31 de marzo de 1991.
A súa extinción ten a ver, como causa próxima a caída do Muro de Berlín en 9 de novembro de 1989.
Máis a industria militar americana, non estaba suficientemente satisfeita, coas vendas de material de guerra que conseguía obter da formación inicial de 12 países, que compuñan a OTAN, na altura.
Non obstante, os USA, foron desenvolvendo variadas intervencións militares, agredindo distinguidos países, sempre como temos a posiblidade de verificar, no sentido de proporcionar, a venda de armas.
Pois, como todos sabemos, as armas só se desgastan o se tornan obsoletas, polo uso que se fan, das mesmas.
O que acontece é que esas guerras inventadas e desenvolvidas polos USA, implican a utilización tamén de soldados americanos e, isto non sería o ideal para conseguir votos, así que os presidentes dos USA, seguiron o camiño de obrigar a expandir a OTAN, co pretexto, de que a Rusia (agora xa non hai a URSS) é, unha ameaza inmediata e, é necesario que a esta organización sexa militarmente o máximo de poderosa, para poder vencer aquela.
Entón, amparada polos intereses dos industriais americanos, os varios presidentes dos USA, cederon integralmente aos seus obxectivos e, ampliaron e desexan aínda ampliar esta organización.
Antes de proseguirmos, queremos recordar, que esta se chama do Atlántico Norte e, cremos sinceramente, que os actuais membros da organización, nin todos son veciños do Atlántico Norte.
Queremos referir que a Francia, que é un dos máis antigos membros da OTAN, en determinada altura, tendo como seu presidente da república o Xeneral Charles De Gaulle, retirou as súas tropas da referida, organización, por diverxencias de orientación político/militar cos intereses dos USA.
O que acontece, é que pertencendo a esta organización, as autoridades de calquera país, perde a súa autonomía, militarmente e dos seus arsenais e, contra esa situación reaccionou o xeneral De Gaulle, pois, perdía incluso o seu poder acerca das súas armas nucleares.
Pasamos a indicar quen son actualmente, a pesar da calquera momento poida variar, pois, todo é de xeografía variábel, co señor Donald Trump, “xefe dos asaltantes de dilixencias” e, así os actuais son, por continentes:
Na América do Norte: Estados Unidos da América do Norte e Canadá.
Na Europa do Norte: Alemaña, Bélxica, Dinamarca, España, Francia, Islandia, Italia, Luxemburgo, Noruega, Países Baixos, Portugal e Reino Unido.
Na Europa central: Albania, Bulgaria, Croacia Eslovenia Estonia, Grecia, Hungría, Letonia, Lituania, Macedonia do Norte, Montenegro, Polonia, República Checa, Rumania e Turquía.
Membros recentemente adheridos, son os países nórdicos: Finlandia en 2023 e Suecia en 2024.
Por esta razón, de cuestións de imposición dos financiadores do presidente Trump, que son especialmente os grandes empresarios, este tivo que esixir, con todo o teatro de ameazas posíbeis, que os países pertencentes a esta organización, comprasen armamento militar.
Esta situación o faría saír, a economía dos USA, dunha situación próxima da estagnación e conseguir saldos positivos da Balanza de Pagamentos, á custa de levar a industria de armamento a traballar non só a pleno emprego, como até facendo horarios suplementarios.
Temos que recordar, que día 7 de xullo realizouse o cumio da OTAN, na cidade de Ankara, na Turquía.
Tamén queremos alertar, que este cumio realizase nun contexto terribelmente inestábel, pois, o señor Trump, presidente dos USA, alimenta desde que chegou ao poder neste seu segundo mandato, o control, ou polo menos el así o pensa, dun mundo que quere manter en chamas, para que de cando en cando, mostrar a súa infinita condescendencia, e deitar un vaso de auga encima do lume, mais que este nunca se apague.
ESTE SEÑOR E OS SEUS APOIANTES, NON SON MÁIS DO QUE BATALLÓN DE BOMBEIROS PIRÓMANOS.
Se el primero en comentar