![]()
Como resultado desta colonización diabólica cruel e infame, os USA, lanzaron estes países nunha crise económica lamentábel e nunha inflación que, como non podía deixar de ser, só aproveitaron os moito ricos.
Por Jose Vieira | 21/01/2025
Estamos no inicio dun novo ano, este ano como é habitual, sempre depositamos todas as nosas ilusións e, pondo toda a carne no asador para que xamais poidamos ser acusados de non apostar, no futuro deste novo bebé que é 2025.
Vimos coas cargas que se nos encalen encima e, que son as imposicións do líder mundial da maldade humana, que son os Estados Unidos da América do Norte (USA) con todos os seus apaniguados seguidores, que case podiamos resumir nos membros da OCDE (ORGANIZACIÓN PARA A COOPERACIÓN E DESARROLLO ECONÓMICO), que está constituída por 34 países, que son os seguintes:
Australia, Austria, Bélxica, Canadá, Chile, República Checa, Dinamarca, Estonia, Finlandia, Francia, Alemaña, Grecia, Hungría, Islandia, Irlanda, Israel, Italia, Xapón, Corea do Sur, Luxemburgo, México, Holanda, Nova Zelandia, Noruega, Portugal, Eslovaquia, Eslovenia, España, Suecia, Suíza, Turquía, Reino Unido e USA.
Os USA, nos impón como todos sabemos, ou debiamos saber, sen estar a ser manipulados polas informacións malévolas e que intencionalmente desinforman, que estes países manteñen un estado de pre-guerra global para facer os seus negocios de armamento e para retirar ao Occidente a posibilidade de ter materias-primas, para as súas industrias a bos prezos así como obviamente o gas e o petróleo, vindo da Rusia. Como resultado desta colonización diabólica cruel e infame, os USA, lanzaron estes países nunha crise económica lamentábel e nunha inflación que, como non podía deixar de ser, só aproveitaron os moito ricos.
Ora precisamente segundo os datos retirados da publicación “BLOOMBERG”, o ano de 2024, que acabamos de pechar, había no Mundo, unhas insultantes 500 persoas, que se destacaban por seren as máis ricas deste planeta.
O máis curioso desta busca de “Bloomberg” é que de entre esas 500 persoas máis ricas do Mundo, as 15 maiores de todas, 14 vivían nos USA. É curioso non!
Recordemos a situación do home máis rico do Mundo o propietario da fábrica de coches Tesla o señor ELON MUSK, iniciara o ano de 2024, cunha colosal fortuna de 229.000 millóns de dólares americanos.
Mas o más incríbel é que este señor inicia o ano de 2025, cunha fortuna de nada menos de 442.000 millóns.
Tratase dun incremento de 213.000 millóns, ou sexa, que no espazo dun ano case duplicou a súa fortuna.
Vexamos a evolución de las fortunas e, para iso, nos serviremos agora da revista “Forbes”, que comezou a publicar as listas das persoas máis ricas do mundo, o ano de 1982, mais imos centrar a nosa atención, nas que son residentes na USA, que nos fornece unha lista dos 400 máis ricos dese país, e reparemos que nesa data, soamente 13 desa mole, tiñan nesa altura un patrimonio superior a mil millóns de dólares (1.000 millóns de dólares americanos).
Segundo os analistas da mesma revista, para figurar nesa actual lista, o valor do patrimonio hai data de 2024, será preciso posuír un patrimonio de polo menos 3.200 millóns de dólares.
E ese aumento de valor como plataforma inferior, non pode ser xustificado por medio dunha desvalorización do dólar.
Queremos salientar, que neste momento e segundo os últimos datos dispoñíbeis, xa hai nos USA, polo menos 15 multimillonarios que superan os 100.000 millóns de dólares de patrimonio netos.
Estamos, por tanto, diante dun aumento espectacular do aumento da desigualdade no Mundo e en especial nos USA.
Por estas circunstancias, os máis ricos e en especial o máis rico do Mundo, Elon Musk, se permite comprar un presidente para os USA, o sr. Donald Trump, cunha aportación para a obtención dos votos populares, dos americanos e do respectivo Colexio Electoral, con máis de 200 millóns de dólares.
Como esa súa intervención no país máis capitalista do mundo, este señor, está agora, impondo a súa prepotencia e política fascizante por todos os países da esfera de influencia dos USA, ou sexa, pola OCDE, cuxos compoñentes enriba xa indicamos.
A súa intervención, se impón no país, mais importante como economía, da Unión Europea, que é sen dúbida a Alemaña, mesmo a pesar da súa economía estar en auténtico paro (se encontra nunha recesión notoria, cando antes era o motor da economía europea).
É moi significativo que os analistas, consideran como persoas interesantes para seren tratadas con obxectivo, os que xa posúen un patrimonio igual ou superior a 30 millóns de dólares e, a razón, segundo os mesmos analistas, pois, permitirían que estes puidesen seren estimulados para facer inversións, no mundo das bolsas, sexan de activos ou de futuros.
No entanto ao final do ano pasado, estes mesmos analistas verificando o aumento descomunal da riqueza dos “MÁIS RICOS DOS USA”, se permitiron cambiar, tendo como albo os multimillonarios que superen os 100.000 millóns.
Así o que vemos cada vez máis nítido e gritante, é que eses ricos teñen o seu jet privado (avión privado, que en moitos casos o seu custo superou os 70 ou 80 millóns de dólares) e a par, uns jets privados doutros 100 millóns e que o seu mantemento anual supera os 2 ou 3 millóns.
Mentres por outro lado, crece exponencialmente, os que non chegan ao fin do mes, os que pasan fame e frío e unha auténtica multitude de estudantes universitarios, que se hipotecan de pór vida para conseguir terminar as súas carreiras, traballando toda a súa vida para pagar os préstamos contraídos para posuír unha carreira, de estudos superiores.
Durante este ano de 2025 e, de acordo co xa estabelecido, o 1% máis ricos, van ter unhas rebaixas fiscais que lles permitiron aínda enriquecer en máis de 61.000 millóns de dólares a custa do erario público, que para non perder receita aínda vai sobrecargar os máis débeis.
Mais hai máis, destes, 0,1 % destes máis ricos, se enriqueceron en media, cada uno, con algo máis de 252.000 dólares.
E en contrapartida, os 60% inferiores, só poderán contar, cun desagravamento de menos de 500 dólares, cada uno.
ESTE É O MILAGRE AMERICANO, QUE POR EXEMPLO O PARTIDO POPULAR E O VOX, PUBLICITAN CANDO PRETENDEN IMPOR AS SÚAS IDEAS FASCISANTES Á POBOACIÓN ESPAÑOLA.
É este o programa que o señor Elon Musk, está ou vai impor na Europa e como sabemos, até xa se aliou coa secretaria-xeral do partido de extrema-dereita alemana AfD, a señora Alice Weidel.
Ten como súa apoiante a extrema-dereita francesa coa señora Mariana Le-Pen, en Italia a súa primeira-ministra, Giorgia Meloni e, en España Vox, sendo invitado a estar presente na toma de posesión do novo presidente dos USA, o señor Abascal.
O Partido Popular, de forma escondida, dá o seu total apoio a esta fascizante política de extrema-dereita e de empobrecemento da maioría da poboación española e, como non do enriquecemento dos máis ricos.
Esperemos que a poboación mundial se de canto de que está a volver a ser escravizada, a través dun engano sistemático dixital que é apoiado pola Intelixencia Artificial, orientada por Elon Musk “e seus muchachos”.
Se el primero en comentar