Hoxe, por hoxe, os americanos recriminan o masacre das poboacións da Ucraína, mais non se avergoñan dos bombardeamentos que fixeron no Vietnam, masacrando millóns de civís sen calquera culpa. Que gran contradición.
Por Jose Vieira
Xamais conseguimos ver un país, que non estivese virado para si propio, como os americanos ou polo menos os seus gobernos, son exemplo por excelencia.
Tampouco nos esquecemos de que o pobo americano, cando visita países fóra do seu continente, acostuman a mostrar orgullosamente que proven do máis importante país do mundo, mostrando unha correcta sobranceira.
Ese orgullo, está moito ben e é realmente de considerar, como un xesto que hai que enaltecer, dado que cada un debe, en principio, ter un sentido moi arraigado ao recanto, que o vino nacer. Sempre que non resulte prepotente.
Como estamos habituados, estes excelentes cidadáns, non só se senten debedores da súa terra de orixe, como moitas veces, exceden ese excelente sentido das súas orixes, para se tornaren un pouco prepotentes por traeren, no seu ADN, os xenes dos “shériffs pistoleiros” do Oeste, en tempos das masacres dos lexítimos propietarios das terras que viñeron a ocupar, os indios (entre outros autóctonos). Foron realmente os emigrantes que fixeron os Estados Unidos da América do Norte, os colonizadores por excelencia da idade moderna.
Claro que pensamos que, o pobo americano en xeral, non lle cabe a totalidade desa pequena e variábel prepotencia, pois esa responsabilidade debe ser imputada, principalmente aos seus políticos investidos de permanentes “Sheriff”. (Pensamos que estaban posuídos da febre do inmenso territorio e do cheiro das pepitas de ouro).
Cabe aquí un esclarecemento, a xeito dunha puntualización, pois, como en case todo o mundo, os políticos en xeral, nos países que abrazaron os réximes capitalistas, do tras Segunda Guerra Mundial, non conseguiron outra cousa, que non ser meros executores das ordes dos seus grandes empresarios, ou sexa, que están unicamente ao servizo dos intereses dos chamados “Amos do Mundo” (1).
Reparemos que o pobo americano, sempre foi un auténtico policía de todas as actividades, que poderían afrontar os desexos sutís ou mesmo expresados, deses señores, que toman nas súas mans, os seus empregados (léase políticos de quenda, quere sexan do partido republicano o democrático), á praza e estendido do planeta que habitamos. Tanto dentro como fóra do seu territorio.
O interesante é que esas súas incursións de policías de ocasión, sempre ocorreron en territorios exteriores ao seu. Para estes a integridade territorial é “sagrada”, a de os outros é que non. Non se recordan, que os seus ancestrais, foron os invasores do territorio, hoxe que consideran seu, o roubando aos seus lexítimos propietarios.
O mal maior e, a súa toma de consciencia, de que tamén eran vulnerábeis, foi cando houben o acto de terrorismo no seu propio territorio, o que ocorreu co ataque ás Torres Xemelgas en Nova Yorque e ao edificio do Pentágono. Esto como sabemos ocorreu o ano de 2001 (2). A partir desa altura viñeron ao decima, todo o carácter belicista e, ao mesmo tempo, todo o mundo pasou a informarse de que os americanos non actuaban por mero altruísmo, mais si polos estritos intereses económicos, en todo o territorio do planeta.
Xamais os representantes dos intereses dos referidos señores, deixaron de apertar o seu ritmo de intervencións, un pouco por todo o mundo, para que todos e cada un dos países, que conforman o planeta, non tivesen a veleidade de non se recordaren que debían enteira e exclusiva “vasalaxe” aos imperialistas americanos. Para iso, crearon unha lista de países e cidadáns considerados terroristas, que impuxeron a todos os países, que consideraban amigos. Foi e é unha forma de imperialismo, esta imposición.
Mais, o como pasan as cousas no seu territorio? Recordemos, cun exemplo, en relación ás promesas que, o actual presidente Joe Biden, tiña feito ao seu pobo a cando da campaña para presidente en que foi elixido e, que non foron nin mantidas, acabando no cesto dos papeis.
Máis, foron tomadas medidas non de melloría da vida dos cidadáns, como antes, polo contrario e, que viñeron a penalizar a respectiva poboación máis carenciada, os castigados de sempre. Recordemos o muro para non permitir que os emigrantes entren no seu territorio.
Probabelmente, as medidas máis sociais de Joe Biden prometidas, non terían o apoio dos republicanos pois, estes sempre están en contra, dunha forma apriorística de todas as políticas sociais.
Así, Joe Biden, diverxe de política e, presuntamente para obter a compracencia dos republicanos, logrou conseguir, con todo o éxito, levar os seus compañeiros da OTAN, a estabelecer un cerco a Rusia e, a impor restricións ás súas exportacións para a Europa.
Esta súa imposición, tiña como finalidade satisfacer as ordes das cinco maiores empresas do mundo do armamento (catro delas son americanas sendo a outra inglesa) e, que tiñan os seus almacéns con stocks excesivos e, como tal, tiñan necesidade de colocar eses excedentes da produción.
Non podemos esquecer, que a imposición fixo que se retiren cláusulas que eran necesarias para mellorar o benestar das poboacións, para o derivar para gasto en defensa. Esta unha contradición intolerábel.
Esta a orde foi executada polo señor Joe Biden ao servizo da fortísima industria de armamento. Recórdese, que para tal, esta súa imposición, resultou nun aumento de gasto militar imposto inusitado en tempos de non haber conflitos xeneralizados, ao conxunto da OTAN.
Esta imposición tivo como resultado, ao parecer, (no estado americano) que, agora vai ser posíbel facer unha melloría no seu sistema de saúde, que antes lle tiña sido negado polos republicanos, e que foi aprobado co voto de desempate da vicepresidente americana (a votación tiña dato 50/50 respectivamente demócratas/republicanos e coseu voto de calidade, se desempatou). Esta é unha contradición, que resulta, posibelmente positiva, tendo como orixe un negocio redondo para as empresas armamentistas.
Unha vez máis, se verifica que as políticas imperialistas americanas, teñen unha vara de moitas distinguidas medidas, que as aplica conforme as circunstancias, ou sexa, dunha forma notoria se mostra contraditoria, sempre que as aplica no seu territorio ou no exterior.
A outra contradición, a noso ver fundamental, é a que resulta das medidas que os imperialistas americanos, obrigaron os seus socios da OTAN a tomar represalias con Rusia, tras a súa invasión da Ucraína, cando en tempo oportuno, tivo a posibilidade de evitar o respectivo conflito.
Máis, sabendo de antemán, que as medidas de boicot aos produtos importados da Rusia, terían un efecto devastador non só na economía dos seus socios da OTAN (debe lerse en toda a Europa) e, como sempre, a abertura e melloría de largos beneficios, para os americanos, ao substituírse como provedor preferente aos rusos e, aos prezos que o seu mercado impuña (lucros extraordinarios e especulativos, un estímulo máis a inflación, sobre todo a exportada).
Hoxe, por hoxe, os americanos recriminan o masacre das poboacións da Ucraína, mais non se avergoñan dos bombardeamentos que fixeron no Vietnam, masacrando millóns de civís sen calquera culpa. Que gran contradición.
O que os americanos, non se penalizan é de eliminaren máis de 200.000 xaponeses civís, só porque eran xaponeses, desencadeando o masacre nuclear. Outra gran contradición.
Outra enorme contradición, a destrución do Iraq, aínda por riba coa conivencia de toda a Europa e dos seus políticos, que resultou nun negocio redondo para moitos políticos americanos e, sobre todo para as empresas americanas, que fixeron ou están a facer reconstrucións, nese país.
O que nos fai pensar, é que imperialismo americano, conseguiu desenvolver, no estertor, o seu capitalismo, aínda que que xa está na unidade de coidados intensivos, cunha tan excelente e eficaz política de colonización da Europa e, que esta, continuase a se axeonllar a seus pés e a bendicir a súa subserviência a ese imperialismo.
Terminamos este pequeno texto, coas actuais provocacións da política americana, pretendendo armar outro conflito, evidentemente fóra do seu territorio, coa visita efectuada a illa de Taiwan.
Para os americanos hai que eliminar calquera posibilidade de que a China continúe a ser unha gran potencia económica e como tal, a lle facer sombra.
Non podemos deixar de recordar, que cando nos referimos “aos americanos”, eximimos a gran maioría dos cidadáns dese país, que realmente non ten culpa dos seus “AMOS e POLÍTICOS”.
Pode aínda, que o título deste texto non se axuste, pois, máis parece que non serán contradicións dunha política a curto prazo, mais si, dunha estratexia ben estruturada a largo prazo, tendente a eliminar todos e calquera imperialismos, que non sexan o seu.
Para nós todos os imperialismos, non son outra cousa que imperialismos, veñan de onde veñan.
Notas:
1) Ver o libro “A Nova Orde” de José Vieira, existe a versión en portugués e en castelán, onde se pode encontrar unha explicación de quen son realmente os referidos “Amos do Mundo”, no entanto avanzamos que estes son entre outros os membros do Club de Bilderberg, e os máis poderosos e ricos homes de negocio da América no Norte.
Se el primero en comentar