Non ao aumento dos gastos militares! Evitemos a escalada bélica que nos conduce á III Guerra Mundial Nen un só €, nen unha soa vida galega para a súa guerra!
Por Galiza pola Paz e contra a OTAN | 12/02/2025
O presidente dos EUA Donald Trump, e os seus patróns reais no lobby das elites globalistas ocidentais, queren un rearmamento acelerado dos Estados Unidos para perpetuarse como os amos indiscutidos do mundo.
Estamos asistindo a unha escalada bélica para salvar os privilexios do imperialismo e frear o ascenso dos pobos articulados a volta dos BRICS.
Pretenden que o obsceno aumento do gasto militar o paguemos os pobos traballadores da Europa. Queren desmontar o xa de por si precario estado social, recortando dereitos básicos en educación, sanidade, servizos sociais, pensions, para así poder cumprir co obxetivo de atinxir o 5% de gasto militar no PIB.
Argumentan demagoxicamente que é necesario pola nosa «seguridade» e para defender os «valores» europeos, ameazados por Rusia e China.
Estas falacias fican descubertas cuando sectores do imperialismo na Europa e no Reino Unido queren reventar posibles negociacións con Moscovo, e cuando a UE ten amparado e xustificado o xenocidio sionista contra a Palestina, e imposto un goberno yihadista en Damasco.
A nova administración Trump tenta intimidar á desesperada con guerra económica e co patrocinio de parte das forzas fascistas na Europa e na América Latina. Todo para garantir a supremacía do dólar e trabar o ascenso dos BRICS con aranceis, sancións e mais militarización.
Porén, unha parte dos dirixentes da Alianza e a cúpula corrupta e nazificada da UE, queren seguir con provocacións, submetidos á estratexia ianque. Deseñan planos dunha Guerra Mundial contra da Rusia en moi poucos anos, ameazando a mesma supervivencia humana neste continente.
Os prognósticos son ainda piores para nós, para a Galiza, pola nosa sumisión secular ao Estado español e a presenza de bases militares en Ferrol, no Monte Iroite (Barbanza), Marín, Figueirido, aeródromo de Lavacolla, entre outras, todas instalacións ao servizo da OTAN.
Bases que poñen en risco a nosa seguridade individual e colectiva, o futuro de todas as nosas crianzas, o noso medio ambiente e os direitos e liberdades básicas.
Non podemos seguir observando en silencio o rearmamento, os discursos belicistas das autoridades e das forzas políticas maioritarias. Nom podemos permitir que xustifiquen publicamente a necesidade de termos que facer sacrificios para aumentar os gastos militares.
É hora de sairmos a protestar e ocuparmos as rúas da nosa Terra en defensa da Paz, contra o aumento do gasto militar e contra a posible guerra imperialista que están preparando en Washington e Bruxelas.
Por este motivo o día 12 de marzo, aniversario do enganoso referendo da OTAN realizado en 1986, convócase una Xornada Galega contra a OTAN e pola Paz, en todas aquelas localidades da Galiza que queiran sumarse a esta urxente necesidade de xerar un movimento social contra a III Guerra Mundial, que a OTAN e a UE preparan contra Rusia.
É hora de voltar ás rúas a reclamar Paz e Xustiza Social, a exixir OTAN NON BASES FORA, a evitar a que nos arrastren á guerra, a que a nosa mocidade se converta en carne de cañón das mutinacionais e dos grandes fondos de investimento!
Non ao aumento dos gastos militares!
Evitemos a escalada bélica que nos conduce á III Guerra Mundial
Nen un só €, nen unha soa vida galega para a súa guerra!

Se el primero en comentar