![]()
Pasado máis de 50 anos sobre esta situación, a expresión “efecto Eliza”, serve para designar a posibilidade ou tendencia, de poder asociar a utilización do ordenador, a comportamentos humanos
Por Jose Vieira | 31/10/2026
Sempre que dunha forma máis profundamente queremos entrar nun tema, que en especial é punto de extrema popularidade, debemos marcar sempre que posíbel as súas etapas de desenvolvemento.
Pois, será así unha guía para se verificar que as cousas ou os adianto non encalar do ceo, mais si sofren, un camiño que os leva até aos estados en que tomamos consciencia das súas existencias e naturalmente da súa utilidade.
No caso que hoxe nos se depara, estamos a tentar dar unha información sobre a evolución da informática, no sendeiro que levou esta até ao que se pode chamar a Intelixencia Artificial.
Así e cerca de 10 anos tras aquilo a que chamamos o arranque da Conferéncia de Dartmouth, realizada en 1956, o investigador JOSEPH WEIZENBAUM, do Instituto Tecnolóxico de Massachussetts (MIT), presenta o resultado das súas investigacións precisamente 10 anos despois, desa conferencia.
Nesa conferencia de Dartmouth, se da desde ese momento que parecía posíbel ir moito más alén na utilización das posibilidades da informática.
Podemos entón, dicir que aquel investigador e profesor de informática do MIT, presenta un primeiro “ROBOT”, “conversacional”, cuxa gran novidade estaba en que este, permitía, que se estabelecese simulacións ditas lingüísticas.
Este programa desenvolvido polo profesor enriba referido, foi de tal maneira exitoso, que el mesmo se admirou do éxito conseguido.
Como funcionou ese primeiro invento?
Os usuarios, escribían nunha máquina de escribir, que estaba conectada a un ordenador, o programa polo profesor descuberto, estaba deseñado, para que o ordenador analizase o que fora escrito e, desenvolvía unha resposta coerente a partir do “script” e a enviaba de novo so a forma de texto escrito.
O profesor Weizenbaum, entón resolveu chamar ao seu invento ELIZA, como sendo un recordo á obra do escritor irlandés George Bernard Show, e a súa obra Pigmalion, cuxo nome da heroína era Elisa Doolittle.
Tratabase dunha obra de Teatro e, que unha florista, ten que aprender a pronunciara as palabras co acento correcto, pois, tería que se pasar por unha duquesa.
Como podemos ver de aí a similitude de aprendizaxe entre o robot máquina entre o descubrimento do investigador e a obra de teatro de Bernard Show, Pigmalion.
Podemos mesmo dicir, seguindo as súas propias palabras que o investigador e profesor de MIT, sorprendeuse moitísimo co éxito conseguido.
Pasado máis de 50 anos sobre esta situación, a expresión “efecto Eliza”, serve para designar a posibilidade ou tendencia, de poder asociar a utilización do ordenador, a comportamentos humanos.
É como se estivésemos a atribuír aos ordenadores, ou mellor ao sistema informático, unha autentica vida psíquica.
Estamos a ver os ordenadores como poidan na súa vida, teren emocións, posibilidade de comprender e naturalmente intencións propias.
Desde que se comercializou estes aparellos, a través das súas constantes melloras, xamais os robots deixaron de ser conversacionais e estamos no ChatGPT, que se tornan ferramentas indispensábel para unha gran maioría dos cidadáns.
Entramos entón en aquilo a que se pode dicir antropomorfización de nosos comportamentos, sendo o panorama de que dispomos na actualidade.
Na actualidade, incluso na linguaxe por nos empregada, o día a día, se empregan os termos antropomorfos, como sabemos como na Intelixencia Artificial, como Asistente virtual, Asistente conversacional, etc.
No entanto a evolución tamén marcou a vida da Elisa e así, os programas actuais, utilización unha base distinta, ou sexa, os algoritmos matemáticos e, ao contrario de cando o profesor do MIT, procurou explicar sen que restase calquera dúbida sobre o que era a súa máquina Eliza, na actualidade, practicamente ninguén coñece como se constrúe eses algoritmos e, descoñece practicamente todo o proceso en si propio.
Non están ao alcance da poboación en xeral e o paradoxal é canto menos entendemos o sistema, máis antropomorfizamos e mas somos capaces de recorrer a estes apoios informáticos en vez de recorrer a persoas físicas.
Máis parece que as persoas, a medida que se desenvolven e avanzan estes sistemas, son levadas por unha especie de maxia e, como non a unha autentica dependencia emocional da chamada Intelixencia Artificial.
O que acontece é unha dependéncia en sentido inverso, ou sexa, canto máis coñecen o sistema, máis se afastan dunha relación íntima deste, o que mostra que non confían integralmente na súa exención.
No entanto, o que vemos con bastante frecuencia, son as empresas a programar e desenvolver, autenticas ondas expansivas da Intelixencia Artificial, para crear dependencia, sendo esta dirixida aos seus intereses mercantís.
Esta tendencia xa se encontra perfectamente visíbel a través de “scrolls” condicionando as reaccións da poboación, como que os metendo dentro das esferas dos seus intereses.
Somos así explotados polas nosas adicións condicionadas polas emocións e inclinacións psicolóxicas.
Pensamos volver a este tema, pois, a idea de Eliza, non era de retirar o coñecemento, mais si encontrar unha solución sen manipulación e comprensible sen secretismos, que só están ao alcance de moitos poucos.
Se el primero en comentar