Deben os políticos ir para a escola?

A clase política, de calquera lado do hemiciclo, está a ter unha urxente necesidade de pasar por unha escola de educación e de prácticas de boa maneira.

Por Jose Vieira | 24/11/2024

Os dous primeiros obxectivos dun partido político, é formar os seus cidadáns e, demostrar que os programas, por eles propostos, van coa máxima honestidade de encontrar as necesidades dos mesmos e máis aínda, proporán as innovacións e transformacións que a sociedade ten necesidade, para atinxir cada vez máis, un maior grao de satisfacción.

Igualmente, cando formulan as súas propostas, estas deben ser exequíveis, dentro das realidades existentes, de tal forma que as propostas non sexan meros soños, imposíbeis de seren realizados.

Os partidos, xamais deben saltar as realidades pois, un partido non pode mentir ao seu electorado, nin tao pouco, pretender ilusionar os seus votantes, con propostas irrealistas, nin asentes en utopías, que saben de antemán que non serán sequera viábeis, no horizonte a súa fronte, quere a curto quere a largo prazo.

Di o noso bo pobo, que quen máis promete, máis mente.

Por outro lado, unha das tarefas máis urxentes e importantes dos partidos políticos, é a educación dos seus votantes, sexan militantes ou soamente simpatizantes, co partido.

Todos sabemos que a maioría dos cidadáns, por razoes de falta de motivación, entenden que en principio, deixan a política, seguir pola man dos seus representantes e, como tal a súa actividade política, se circunscribe, ao acto periódico de depositar unha papeleta, co-sentido da súa escolla, en quen van a votar, naquel momento.

A súa lóxica asentase en que, a política activa, ou sexa, a práctica dunha profesión orientada nese mester, debe ser deixada entre eleccións e eleccións, aos seus representantes, pois, segundo “a voz popular” é para iso que son pagados.

Por outro lado, tamén estamos habituados a ouvir, que o home é eminentemente político, mais este dito, non ten a ver, coa práctica de política no sentido da “praxes” partidaria, mas si en que as nosas vulgares decisións son froito de escollas más ou menos criteriosas.

Sabemos de ouvir constantemente, as insinuacións dos varios partidos, con asento parlamentario, en España, que en vez de propor solucións de gobernación, a súa “praxes” é realmente non propor absolutamente nada, mais si, estar en oposición frontal, á todo o que o partido de quenda no poder.

Cando dicimos que están en oposición, non queremos de modo algún dicir que presentan alternativas ás propostas do goberno en exercicio. O que realmente fan é unha argumentación, baseada en despropósitos persoais, e más habitualmente, até referencias a comportamentos persoais dos ministros e ou deputados, do partido ou partidos, no caso de coalicións, no sentido de desclasificar a súa competencia, sen evidenciar a da oposición, entrando mesmo en groseiras manifestacións de falta de estatura política e peor do que iso, total falta de educación cívico.

Parece que o que está a ser máis que evidente é que a clase política, de calquera lado do hemiciclo, está a ter unha urxente necesidade de pasar por unha escola de educación e de prácticas de boa maneira e, cando pasasen por ese primeiro ciclo, entón se veñan a presentar a candidatura a cursos acelerados de formación política.

Tamén, neste proceso de formación, polo cal deberían pasar os distinguidos membros de todos os partidos, tamén ao final de cada trimestre de formación, terían que pasar, obrigatoriamente por un detector de mentiras, sendo desvalorizado cada mentira que teñan proferido en súas prácticas de estudo.

Neste percorrido formativo, terían obrigatoriamente, que seren instruídos sobre a historia do seu país, pois, revelan unha falta de coñecementos da mesma confrangedora.

Diremos sen calquera medo de ser inxusto, que o descoñecemento, das realidades das condicións das poboacións, que din que representan, é case sempre máis un timo do que un coñecemento da realidade en que están inseridos.

Outra importante materia que os señores políticos, ten naturalmente pendente, se sitúa na súa ocupación como profesionais da política, pois, en xeral, tendo de estar en determinados locais para exerceren os seus “mesteres” de profesionais de política, priman pola súa ausencia, sempre se xustificando, que estaban a atender os seus cidadáns nalgún recanto do seu espazo de actuación, mais inaccesíbel ao común dos outros seus concidadáns.

Neste capítulo, por estraño que pareza, existe unha solidariedade total, entre case todos os señores que exercen lugares na política, sexa a que nivel sexa, cubrindo as costas uns aos outros.

E esta solidariedade só se quebra, en determinados momentos, cando realmente por razóns de “súper interese político”, se mostran os “divinos” intereses caníbales dos distinguidos partidos.

Todos estas nosas observacións, non son sacadas de ningún manual de boas prácticas, para profesionais da política, pois, como todos sabemos, para se ser membro dun partido e ascender dentro das súas xerarquías, non é necesario calquera formación específica, o que é necesario é ser agresivo, ter aquilo que é unha das principais características dun político, ter cara de “póker”, ou sexa, moita cara, para poder mentir manifestamente e se quedar cunha expresión como se tivese dito, a maior e incontestábel verdade do mundo.

Todo isto que temos escrito nesta primeira parte deste noso texto, sería dun atrevemento sen calquera sentido, se non se puidese comprobar dunha maneira inmediata e de forma inequívoca.

Pois, é exactamente o que se pode ouvir ou ler, o día a día, en todas as cadeas de televisión, radios e outros distinguidos medios de comunicación, así como nas cadeas de mentideiros oficiais, que son as chamadas redes publicas.

Toda esta displicente forma de actuar, na causa pública, é un froito do “efecto imitación xeral”, importado, sobre todo do referente de todas as actuacións publicas españolas e de todos os outros países europeos, que son colonias dos Estados Unidos da América do Norte (USA), ou sexan os que pertencen esencialmente ao chamado G 7. E os seus asociados.

Se quixermos ter unha inmediata visión debidamente ordenada en todas estas faltas de formación dos señores axentes da política nacional, aconsellamos a teren a TV, ligada para as tertúlias que todas as cadeas de información ofrecen aos seus espectadores, normalmente despois das 8 horas da mañá.

Más llo fan estes días, serán premiados co espectáculo máis vergonzoso que pode un ser humano minimamente ben formado asistir, que é a falta de responsabilidade dun partido que ten como líder un señor que para alén de ser o maior produtor de “bulos”, ou sexa, de mentiras bordes para confundir as poboacións, e manter un torrente de informacións de carácter manipuladoras, quere internamente e peor do que o que fai en España, o está a facer, dunha forma anti española, na Unión Europea, boicoteado o nomeamento dun elemento español que podería ser moi importante para o futuro da propia España, independentemente do partido que estivese no poder.

Ese partido das mentiras e, más prácticas, da falta de presenza dos seus dirixentes no momento en que tiñan que dar secuencia aos avisos de catástrofe, debidamente anunciada, que designa como tormenta DANA, non é outro que o Partido Popular, na man do seu máximo dirixente e, herdeiro do réxime do xeneral Franco, o señor Feijóo e seguidor das ordes dos USA.

Neste caso exemplo, preguntamos, se houbese formación e responsabilidade do dirixente do Partido Popular, apoiado polo señor Feijóo, cantas vidas se terían evitado?

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.