Eran dous intelectuais fundamentais na ciencia política, ambos seguidores de Karl Marx e Hegel, que tomaran a súa bandeira e, se tiñan unido aos traballadores alemáns, na insurrección destes en 1918.
Por Jose Vieria
Xa non é nin a primeira vez e, case con certeza, non será a última que volveremos a falar destas execucións criminais, que son levadas a cabo polo poder do momento, cando non recoñecen o dereito de que todos somos iguais en dereitos e obrigas, desde a concepción.
Pasan os anos e, con estes, se van sucedendo xeracións de cidadáns, mais, no entanto, as sañas de persecucións con violencia, menos ideolóxicas, mais máis partidarias, por non se aceptaren as diferenzas a que todos temos dereito, continúan como o foron no pasado, máis ou menos lonxano, como continúan na actualidade.
Estas violencias a que nos referimos, non son só psicolóxicas, mais sobre todas físicas e sociais.
Moitas veces, somos tentados a estabelecer semellanzas con outro tipo de violacións dos dereitos civís dos cidadáns coa violencia de xénero.
No entanto, como ben sabemos, a violencia de xénero, por exemplo, é máis facilmente tratada sen contestación reaccionaria e falar desta é aceptada pola sociedade en que vivimos, mentres as eliminacións psicolóxicas e físicas por choque de ideas, non son tomadas tan en serio, nin tan importantes para todos, canto a violencia de xénero.
Gustaríanos de reflectir sobre este tema e como tal, lembrar que en épocas non tan remotas, os poderosos deste mundo, foron eliminando fisicamente e economicamente, na maioría dos casos sen o mínimo proceso de xustiza, millóns de cidadáns por diferenzas, que non eran nin son, nada máis, do que elementos distinguidos, que só serían molestos, para o proseguimento dos obxectivos dos executores.
É moi triste recordar, que entre os executores destes últimos 200 anos, en que foron eliminados de forma arbitraria, porque non servían aos intereses, dalgunha forma dos executores, unha poboación deste mundo, que se cifra en cerca de 10 millóns de cidadáns (eventualmente curta de números).
É costume nestes momentos, referir como sendo a Alemaña o país que máis crimes cometeu contra as súas poboacións, que por algún motivo non lles eran afectas, sexa por ideas sexa por razas.
Mais, tampouco podemos deixar de clasificar, como o segundo país, os Estados Unidos da América do Norte, que dunha forma directa ou a través de determinadas elites locais, debidamente instrumentalizadas pola CIA, máis poboacións alleas as propias eliminaron.
Podemos mesmo afirmar, que se foren contabilizados os asasinados, directa e indirectamente polas ordes “secretas” e, executadas polo seu brazo executor deses atentados, nos referimos a CIA, pode que non haxa un saldo tan distante entre os Nazis alemáns e os “liberais” americanos.
Estes últimos, comezaron mal se instalaron en colonias de ingleses, en territorio da América do Norte, non dubidaron en eliminar as poboacións autóctonas, un xenocidio de máis de dous millóns, de seres humanos (número que só peca por exiguo).
Coa experiencia adquirida na eliminación dos chamados indios, para ocuparen os territorios que lexitimamente lles pertencían, tomáronlle o gosto e, nunca máis pararon e, máis, levaron esa experiencia, cada vez máis sofisticada á praza o tempo e do espazo.
Recordemos, as súas intervencións no Chile, en toda a América central e do sur, nas Coreas, na Indonesia, no Iraq, no Vietnam, etc.
Recentemente os vemos apoiar o conflito bélico que está a decorrer, coa invasión da Ucraína pola Rusia, cando todos sabemos, que esta guerra podía ser evitada, só que aos americanos non lles conviña (tiñan que vender os stocks de armamento acumulado e aumentar os seus beneficios comerciais como intermediarios no mercado).
Non podemos deixar pasar en branco, a actuación dos israelitas, que sendo os seus ancestros, vítimas da eliminación asasina dos Nazis alemáns, para agora co apoio da CIA americana e a súa policía secreta Mossad, están a facer outro xenocidio, depurando a poboación árabe nos territorios circunveciños ao seu estado.
A mesma saña asasina, xa enriba referida, foi desenvolvida por Stalin, que foi o responsábel pola eliminación duns bos millóns de rusos, que especialmente o incomodaban, para facer a consolidación do réxime e, no seu percorrido como líder absolutista da U.R.S.S.
Este utilizou entre outros, o sistema de desterro nas lonxanas e inhóspitas terras da Siberia, facendo o desterro e internamentos dos seus opositores, nesas rexións, onde acababan por morrer de fame, frío, de doenzas e ou por seren executados (recordemos a obra do renegado Boris Pasternak, que o Occidente concedeu o prêmio Nobel de literatura).
Se aínda recuarmos máis o tempo, a extraordinaria xesta dos descubrimentos de países como España, Portugal, Inglaterra, Holanda e Francia, entre outros e, que segundo reza, deron mundos ao mundo, estes apoiados pola igrexa católica, son responsábeis por máis de 35 millóns de autóctonos asasinados.
Así, como podemos ler, dunha forma sucinta e práctica, non existe ningún pobo no mundo, que poida alardear, de estar totalmente limpo dese pecado, da persecución e eliminación dos opositores e aínda que así sexa, os hai máis culpados uns que outros.
No entanto, o que xa non se pode admitir, en tempos actuais, é que non haxa un sentimento de culpa e un desexo real de se querer reparar, poros crimes cometidos.
Canto aos recordados hoxe e que foron executados na Alemaña, o día 15 de xaneiro de 1919, que fixo 104 anos o mesmo día deste mes, se trata de Rosa Luxemburgo e Karl Liebknecht.
Eran dous intelectuais fundamentais na ciencia política, ambos seguidores de Karl Marx e Hegel, que tomaran a súa bandeira e, se tiñan unido aos traballadores alemáns, na insurrección destes en 1918.
Esa insurrección, se estendeu por toda a Alemaña, tendo como fin derrotar internamente a República Weimar e, substituídela por unha sociedade socialista.
As persecucións e asasinatos nesta ocasión, na Alemaña, foron aplicadas polo partido social democracia, de quen é membro actualmente, deste partido o Chanceler Olaf Scholz (pertence ao SPD, partido padriño do PSOE e dos Partidos ditos socialistas europeos).
A social democracia de entón, creara uns escuadróns (que fan recordar as falanges franquistas), ao servizo do goberno de Friedrich Ebert e Gustav Noske, cuxa principal actividade era a de perseguir e de asasinaren os comunistas.
Terminamos esta nosa homenaxe a eses dous grandes intelectuais e revolucionarios, co comentario e clasificación feita por Lenin, sobre o crime perpetrados polo Partido Social Demócrata Alemán, afirmando: “estes asasinatos, son un certo crime político de transcendencia histórica mundial, que constata o certo carácter da ‘democracia’ burguesa e o rol da socialdemocracia.”
Se el primero en comentar