![]()
Estes dirixentes, acomodados e que automaticamente se consideran por cima do ben e do mal e, como tal, só eles é que saben o que debe ser considerado mal ou ben, para o resto dos seus acomodados “súbditos”, que pertencen aos países que están amontoados na chamada Unión Europea.
Por Jose Vieira | 15/05/2026
Non nos gusta, mesmo nada, facer xuízos temerarios en especial, cando non son minimamente sentidos pola maioría das persoas.
Así comezamos este texto, cun certo sentimento de que os nosos dirixentes da Unión Europea, están completamente paralizados polo medo da posíbel invasión da Rusia de Putin, e anexión de toda a Europa.
De tal maneira ten instrumentalizado a comunicación social, que para o común dos europeos, a situación que se dá por esa ameaza rusa, a toman como un pesadelo, imposíbel de aguantar o día a día.
As mensaxes que pasan, a señora Ursula Van-Leyen, o acomodado Antônio Costa e a señora Kaja Kallas (a xefe da diplomacia da UE), instigan dunha forma catastrófica á poboación europea.
O que non vemos, en ningún momento, que un calquera deses extraordinarios dirixentes da Unión Europea, condenan dunha maneira firme e coherente, ó seu patrón (pensamos que están eses señores, por esa razón, en nómina, dos Estados Unidos da América do Norte) o señor Donald Trump, polo apoio e colaboración activo e bélica con Israel, na eliminación da poboación palestina nin da libanesa.
Estes dirixentes, acomodados e que automaticamente se consideran por cima do ben e do mal e, como tal, só eles é que saben o que debe ser considerado mal ou ben, para o resto dos seus acomodados “súbditos”, que pertencen aos países que están amontoados na chamada Unión Europea.
Non entendemos como calquera persoa, que dispón dun posto de comando, neste espazo e, das actividades políticas a el inherente e, que desta diversa xuntura, o que máis se nota é que unha mestura de intereses tan distinguidos, que sobre todo na vixencia da señora Ursula, esta só conseguiu tornar cada vez máis evidentes.
Como pode ser desculpado, por unha hipócrita xustificación de prudencia diplomática, dar cabida, primeiro a calar e, axiña, tentar xustificar por palabras, o xenocidio do pobo palestino, do pobo libanés e a destrución do Irán.
Realmente, non resta dubida que deben ter unha nómina dos seus patróns, extra comunitarios dun valor tal, que non lles permite sequera seren lectores da carta dos Dereitos Humanos nin a da ONU.
Imos transcribir unhas “sabias palabras” do xefe dos terroristas e, recoñecido imperialista e ultra fascista (recordemos que Adolfo Hitler, tamén afirmou algo de semellante) o señor Donald Trump, que afirmou o seguinte:
“Toda unha civilización morrerá esta noite para no volver máis”
Este señor Trump, estabase a referir a nada menos do que a destrución dun país, o IRÁN, que non se fallan as estadísticas, posúe unha poboación de máis de 90 millóns de cidadáns e, que nos aporta unha civilización representada por múltiples monumentos, que non son pertenza dese imperialista e criminal terrorista, mais si de toda unha humanidade.
Xa que falamos en humanidade, queremos e non podemos deixar de referir, que este energúmeno, dada as súas afirmacións e a maneira como se comporta, así como o bando, non está a un nivel máis elevado do que calquera banda de narcotraficantes.
Este señor, só persegue esas bandas, pois, non quere partillar as chantaxes e os beneficios que ese trafico aporta. Por esa razón, a súa acción invadindo os países produtores de petróleo, así como se someter a apoiar, os actos criminais co seu mentor intelectual, o primeiro ministro de Israel, o señor Benjamin Netanyahu.
Mais, este “facínora”, puña e puxo, o prazo para este xenocidio, o tendo anunciando no momento de maior audiencia das televisións de Washington, ou sexa, ás 20 horas locais.
Recordemos, que desde os xuízos de Nuremberg de 1946, onde foron xulgados os crimes da Segunda Grande Guerra Mundial, a Convención para a Prevención e a Sanción para o Delito de Xenocidio, prohibe “a instigación directa e pública de cometer xenocidio ou o promover”.
Está consignado expresamente no Dereito Internacional, como “actos ou ameazas de violencia cuxo principal obxectivo sexa estender o terror entre a poboación civil” e, como tal está completamente vetado.
No entanto, os tres empregados, de Trump “o imperialista fascista americano, enriba referidos, que dirixen a Unión Europea, nada dixeron e peor desculparan a situación.
Referímonos á señora Ursula, ao señor Antônio Costa e a señora Kaja Kallas.
Por outro lado, finalizamos, este pequeno texto de alerta do camiño que nos están obrigando a seguín, excepción feita polo primeiro Ministro Español Pedro Sanchez, e pedimos a atención, ao rearmamento descomunal da Alemaña, que está dirixido, na actualidade por un home de dereita e asociado a unha nazi confesa, a señora Alice Weidell do partido AfD.
Así nos parece que os ventos da inestabilidade, saltan de dentro da Unión Europea e non da Federación Rusa.
Recordemos que o século pasado (XX), os alemáns tentaron tomar a Europa por dúas veces… non estarán a se preparar par o volver a facer este século?
Aquí fica a nosa dúbida, polo menos por método.
Se el primero en comentar