Os BRICS xa representan máis do 37% do seu valor mundial e en termos poboacionais, tamén formalmente os seus asociados de traxe, son algo máis do que 46% da poboación mundial
Por Jose Vieira
Os BRICS, son unha asociación dun conxunto de países, que inicialmente constaban dos seguintes, considerados fundadores: BRASIL, RUSIA, INDIA, CHINA E ÁFRICA DO SUR. Foi constituído o ano de 2010, ano en que o grupo fundador denominado BRIC, engadiu a África do Sur.
Este grupo de países se constituíu, como reacción ao chamado grupo denominado G7.
Este ano e, a partir do día 1 de xaneiro, se incorporaron ao grupo de 2010, os seguintes países: Exipto, Irán, Emiratos Árabes Unidos, Arabia Saudita e Etiopía, de acordo coa resolución da reunión dos Brics de Joanesburgo, efectuada en agosto de 2023.
O obxectivo mais inmediato, non deixou de ser o dunha asociación que buscaba un acordo comercial ou mellor económico, para as súas economías que comezaban a despuntar no inicio do século XXI.
É moi importante, que antes de ser presidente da Arxentina Milei, esta se tiña asociado, polo menos tecnicamente ao grupo e, en termos de PIB, xa representan máis do 37% do seu valor mundial e en termos poboacionais, tamén formalmente os seus asociados de traxe, son algo máis do que 46% da poboación mundial.
No entanto, queremos destacar, que tras a elección para presidente da Arxentina de Milei, o grupo descartou a súa entrada.
Debemos ter unha noción o máis aproximada posíbel as zonas de certo interese socioeconómico das respectivas áreas.
Así, o grupo designado por BRICS e seus novos membros que entraron en 1 de xaneiro de 2024, representan unha poboación de 3.772 millóns.
Polo outro lado o grupo liderado polos Estados Unidos da América do Norte (USA), non chega a atinxir, nin sequera os 1.000 millóns de habitantes.
No entanto, non podemos esquecer que o espírito colonialista e ditador dunha ética sen o máis mínimo respecto polos dereitos das poboacións, ten imposto pola forza das armas, primeiro a través de intervencións directas militares, sempre desastrosas, a súa lei de ditadores.
Esta situación veu se tornando cada vez máis insoportable, desde o final dos ano 70 do século pasado (século XX), co presidente Donald Reagan.
Desde entón unha Unión Europea, acovardada e sometida aos intereses americanos, que tutelados e vixiados pola súa organización “terrorista”, tamén denominada OTAN, onde para que non haxan moitas protestas, incluíu os seus súbditos europeos e, así estes pensaban que participaban (que triste ilusión, realmente participaban pagando).
Esta organización con fins expansionistas e controladores, da súa ditadura no mundo de hoxe, tiñan desde sempre (recordemos o período americano do senador McCarter e a caza de bruxas) escollido como inimigo eterno os comunistas, ou mellor a Rusia. Non podemos esquecer que a Rusia actualmente é un pais súper capitalista. Mais para os dirixentes americanos, aínda está no seu espírito que ser ruso é ser comunista e que roubaban as propiedades dos cidadáns americanos.
Así, este país que representa unha area de influencia humana duns escasos 12 %, pretende impor a súa ditadura a todo o mundo.
Este país e os seus dirixentes, conseguiron a cuadratura do círculo, pois, transformaron os gobernos da Europa, desde o fin da Segunda gran Guerra do século XX, en dependentes e seres incapaces de defenderen, os intereses e as súas idiosincrasias nacionais, estaren ao servizo das ambicións neocolonialistas dos USA.
Reparemos, por exemplo, cando lles interesou vender e intermediar, o gas e o petróleo, autorizaron (que co seu auxilio técnico e protección que fose dinamitado oleoduto e gasoduto que pasaría o gas e o petróleo da Rusia para fornecer en mellores condicións de prezo, que as alternativas americana.
Mais, o país que era o socio na construción e explotación dese gasoduto, a Alemaña, se quedase quieta e muda, se escondendo por detrás dunha covardía imposíbel de entender.
Como se pode comprender que os americanos, por un lado digan que a invasión da Rusia á Ucraína é un atentado contra a humanidade e, sempre que os rusos intentaran se reunir para conseguir unha paz, os señores da USA, xamais compareceron. Incomprensíbel.
Vexamos como o señor presidente dos USA, di que os israelitas deben dar posibilidades de asistencia ás poboacións palestinas, nas súas declaracións para a galería, e pola porta de tras apoia e envía material de guerra para que os israelitas continúen o xenocidio da poboación palestina.
Os BRICS, pola voz do presidente do Brasil Lula da Silva, xa se ofreceron para intermediar a resolución dos dous conflitos, o da invasión da Ucraína e o xenocidio do pobo palestino. En ambos os casos os señores dos USA, que representan uns escasos 12 % da poboación mundial, se opuxeron aos 46 % da poboación.
Isto non é posibel de comprender, pois, só se pode ver como un réxime internacional liderado polos USA, como sendo un país, en que cuxas capas dirixentes, posúen un perfil de auténticos servidores dun réxime fascista e, como tal, ditatorial.
Isto ten a ver pois, basta observar como son elixidos os presidentes, a través de campañas de promoción cuns custos estratosféricos, pagados polos “Amos do Mundo”.
Realmente non ten sentido que unha zona de influencia poboacional de 12 %, impoña as regras de vida a 7.200 millóns de cidadáns, que para os dirixentes americanos, non son máis do que seres para eles amorfos. Máis, con que lóxica, desprezan as posicións conciliatorias e os desexos do 46% da poboación mundial (3.772 millóns) do grupo BRICS e seus asociados. E peor aínda, consideran carne de canón, os restantes 3.428 millóns ou sexa dos non agruados, até este momento e que representan 42% da totalidade.
Isto non é máis do que o transporte das desigualdades sociais impostas polo sistema salvaxe capitalista, desenvolvida e soportado, pola USA, para o mundo en termos de poder das respectivas poboacións.
Terminamos, non conseguindo entender, como o mundo en xeral, ou sexa, 46 % do grupo BRICS máis 42 % dos non aliñados, ou sexa 88% do mundo, se deixa escravizar polo ganancia especulativa e até selvática, dos dirixentes americanos
É tempo dos BRICS, tomaren a súas mans o equilibrio do “Mundo en que vivimos” e que queremos deixar aos nosos sucesores.
Se el primero en comentar