Oposición e democracia, precísanse!

Por  José Vieira

Pensamos que nun Estado democrático, é un sistema político, debidamente organizado, en que se caracteriza entre outras cousas, por ser formalmente representativo e onde resalta esencialmente seren todos os cidadáns iguais. Esta última característica significa, que todos os seus cidadáns, están equiparados xuridicamente, independentemente das súas idiosincrasias persoais.

Democracia en sentido restrinxido, “é unha forma de organización social que atribúe a titularidade do poder ao conxunto da cidadanía”.

Dunha forma máis explícita, “democracia é unha forma de organización do Estado, no cal as decisións colectivas son tomadas polos cidadáns, a través de instrumentos de participación, directa ou indirecta, en que están lexitimados os seus representantes”.

Subindo máis un patamar, tamén “é unha forma de convivencia social en que todos os seus cidadáns son libres e iguais, sendo as súas relacións na sociedade, estabelecidas de acordo con regras contractuais”.

Obviamente teremos que nos introducir nos escritos de Platón e Aristóteles.

Comezaremos por Platón e, para tal nos socorreremos dos seus “DIALOGOS”:

Democracia vén no grego, de “demos” = pobo e de “kratos” = poder ou goberno. Así temos o goberno do pobo.

Así podemos dicir que que a democracia, comezou na antiga Grecia, sobre todo co mandato de Péricles, que floreceu o século V, antes da nosa era (adiante N.E – nosa era). Por esta razón, se acostuma moitas veces referir que a democracia é un elemento “puramente ateniense”.

Non podemos deixar de pasar a oportunidade, para facer notar, que o creador da Academia de Platón (429 ou 456? N.E.), foi segundo moitos autores, o máis influente filosofo antigo en ramos como a ontoloxía e a metafísica. Sempre expresou as súas ideas, so a forma de diálogos, onde as divulgou, sobre todo en tres principais desas pezas, Geórgicas, A República e as Leis. Non é unha filosofía sen algunhas discrepancias, no entanto, no esencial é imprescindíbel, para quen se dedique á praxes política.

Por esa razón non entramos máis profundamente na súa analices, pois consideramos do coñecemento, de todos cantos falan de e en democracia. Ou talvez non!!!

Falemos doutro filosofo esencial sobre estes temas, se trata de Aristóteles, sobre todo na súa obra, “A Política”. Este libro se divide en catro partes, a primeira fala de forma moi sucinta dos primeiros usos da palabra grega democracia (demokratia) e da súa evolución en Atenas. Así como das críticas dirixidas contra o réxime democrático na altura vixente en Atenas.

Na “Constitución de Atenas” (algunhas veces atribuída indebidamente a Xenofonte), aparecen algunhas críticas, súas.

Na segunda parte, Aristóteles, aborda as partes esenciais da ciencia, dando especial relevancia ao que di respecto a “polis”, entre as comunidades humanas, é nesta parte, que aborda a idea da constitución (a que chama politeia). Na terceira parte aborda con profundidade, a democracia, así como as oligarquías e, presenta un réxime simbiose de ambos, que sería o preferido por este filosofo, a que chama por antonomásia Constitución (“Godoy moi acertadamente, traduce para castelán como Republica, explicando a teoría aristotélica, do cambio político”). (1)

Posto esta introdución, imos pór as nosas mans a camiño da situación de situación instrumental existente, no caso concretamente en España.

Sabemos de experiencia feita, o que é unha monarquía, pois vivimos neses pantanos, á demasiado tempo. Houben algúns momentos de luz, que pronto, foron eliminados pór a horda dos saudosistas, axudados polas igrexas, sobre todo a católica (de máis completa e ortodoxa monarquía, existente sobre o planeta Terra).

Recordemos, cunha definición máis actual, o que é unha “República Constitucional”, utilizando unha referencia da Wikipedia e, que reza así: “se trata dunha forma de Estado, que funciona coa separación, absoluta, de poderes, lexislativo, executivo e xudicial (segundo Montesquieu), onde o xefe de Estado, ostenta o poder Executivo e, os seus outros representantes, ostentan o poder lexislativo, todos debidamente elixidos polos cidadáns e por períodos determinados o tempo”. Está inherente a exclusión, de calquera tipo de nomeamentos.

É evidente, que todo este “sistema funcional institucional”, está debidamente enmarcado nun conxunto lexislativo, directamente denominado, Constitución.

Tamén é evidente que as constitucións, son instrumentos democráticos, normalmente representan as ganas do pobo que libremente, creou un ordenamento de representantes seus, debidamente elixidos para que expresen esas real ganas maioritaria do pobo (Asembleas Nacionais Constitutivas).

Posta esta breve explicación, podemos dicir con toda a propiedade, que o Estado, que sairá desta Lei Fundamental e Fundacional, será un Estado que se sustenta en bases Constitucionais e Democráticas.

Así un Estado, que non asenta os seus principios nesta Lei, está en frontal oposición á noción expresada de democracia e moi menos constitucional.

Para non complicar o racionamento de tal incongruencia, basta referir, que un Estado debidamente democrático constitucional, non admite xamais a existencia de poboacións, xerarquicamente distinguidas. Pois ao non ser así, ese Estado, nin é democrático, e como tal, nin existe debaixo dunha Constitución debidamente democrática e lexitimada, por tanto pór as ganas das súas poboacións.

Así deixan as poboacións de ser constituídas por cidadáns, pasará a ser constituída por persoas sobre as cales, recae unha ditadura, aínda que sexa, dun maior ou menor grao de limitacións dos seus Dereitos, Liberdades e Garantías. Pois deixan de ser cidadáns (basta seguir os ensinamentos do sociólogo inglés T.S. Marshal) (2).

Dito dunha maneira moi simple, o concepto de cidadanía, parte do principio de que todos somos iguais, perante as leis, independentemente, de calquera diferenzas. Esta será unha regra, que non admite calquera excepción, sobre pena da destrución do castelo que artificialmente nos impón.

Entón se pregunta o que é antes de todo un Estado democrático?

Dunha forma moi simple “é unha organización política, formalmente igualitaria e representativa”

Isto nos leva a concluír que, a institución monárquica, está frontalmente ferida de morte, perante os principios que deben rexer un Estado Constitucional.

Trocando todo por unha linguaxe corrente, unha monarquía, por exemplo a española, como forma política, está frontalmente e permanentemente, ferida dunha necesaria extinción.

Como chiste, o actual Rei de España, perante rumores moi concretos de mais prácticas de seu pai o Rei Emérito, dixen que renunciaba a súa herdanza, pois cando se renuncia a unha herdanza familiar, ou se renuncia a todo ou non. E o ser Rei é unha herdanza.

Non se encontra coherencia en tal afirmación.

Nun Estado Constitucional, non ten “cabida unha maxistratura de tipo hereditario”, opinión partillada con moitos outros, que non se senten certos cidadáns mentres haxa estas contradicións esenciais (3).

Igualmente pensamos, que por todo o que se dixen, a Monarquía, non parece ter calquera posibilidade xustificación, polo menos de forma racional, nun “Estado Democrático”.

Pensamos, que unha vez máis, que a única razón da existencia dunha Monarquía en España, se trata dun desexo do xeneral Franco, de perpetuar a súa política de deixar “todo marrado e ben amarrado”, despois da súa extinción física. O sexa unha forma histórica de manter as súas orientacións.

Unha Monarquía, na actualidade, está permanentemente a ser posta en cuestión na opinión pública, e onde persiste, está permanentemente convertendo ese Estado nun plebiscito continúo (ver Renan), por adulteración democrática.

Estamos completamente coñecedores, de argumentos sólidos de seu fariseísmo, Alfonso XII, Alfonso III, Juan Carlos I e, se pregunta:

Con tales representantes da Institución Monárquica, se xustifica a Institución?

E se xustifica que o herdeiro, Filipe VI (xa vimos a contradición das maxistraturas por herdanza), sexa o Xefe do Estado Español?

Pensamos que non, por iso, será necesario, canto antes un referendo que poida ser levado a efecto, sen a habitual manipulación dos “herdeiros do estado franquista”.

Pois non nos resta calquera dúbida, se non houber a manipulación da igrexa nin dos sucesores do franquismo, haberá un cambio seguro.

Notas:

(1)       Godoy 2012; pág. 249

(2)         T.S. Marshal, definía a cidadanía moderna como un conxunto de dereitos e obrigas que comprendían tres grupos de dereitos; os civís, os políticos e os dereitos sociais.

(3)       Ver entre outros Javier Pérez Royo

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.