![]()
O novo presidente dos Estados Unidos da América do Norte e os seus acólitos europeos, como os dirixentes da Alemaña da AfD a señora Alice Weidel e agora o todo poderoso Friedrich Merz da democracia Cristiana, queren desfacer dos emigrantes, de que tanto precisan.
Por Jose Vieira | 11/02/2025
Non temos a menor dúbida de que os sitios por onde teñen que transitar os grandes transportes de mercadorías, ou de pasaxeiros por vía marítimo, son puntos de conflito desde os tempos en que o home se comezou a mover.
Xa anteriormente o mesmo sucedía, nos traxectos pola terra dura, pois, os usuarios das terras, non lle gustaba de se sentir invadidos o mesmo que só outros utilizasen a seu belo pracer os seus espazos.
Esta noción de paso, vén desde moito tempo xerado outros problemas, pois, como todos sabemos, o dereito de paso está intrinsecamente ligado ao dereito de propiedade.
Mas o que pode ser hoxe o dereito de posesión dun determinado espazo, pode que para un determinado outro individuo que toma ese espazo como súa pertenza, non sexa líquida esa situación de pertenza.
Desde moi cedo na antigüidade, se puña o problema de se este espazo en que me encontro a disfrutar dunha pausa na miña vida activa, é meu, é do meu veciño.
Claro que o espírito práctico ou non, do home desde as cavernas, determinou que o estar, o ocupar, e o usufrutuar, lle daba o dereito, claro se era o máis forte, de chamar á cousa detida, como súa e, defender esa situación, como sendo defender a súa propia vida.
Claro que esta situación, non se resolveu dun momento para o outro sen haber moitas querelas, máis ou menos sanguentas que chegaron até aos nosos días.
Soamente é que os nosos días, nos encontramos coa disputa desa propiedade, chamémoslles así, como espazos territoriais, ou como chamaban os fascistas alemáns, como espazos vitais de expansión (estabamos entón o tempo dos Estado Nazi).
Gústanos moito, de buscar exemplos, que nos poidan mostrar como este fenómeno social do pasado, aínda en tempos non moi distante, tiveron amplo volve atrás, vindo a ser inmortalizados a través do cinema.
Más este problema da posesión de terras foi un caso perfectamente esclarecedor de como usurpar espazos aparentemente de ninguén, foi un deporte practicado coa axuda da forza do máis forte, e nestes casos que imos referir coas armas de fogo, por un lado e o xenocidio por outro lado.
Entramos no continente americano, pois, dado o tema que hoxe nos trae, nos interesa un pouco as películas do Oeste Americano. Tal vez sexa até, máis indicativo, dunha forma directa, falar da “CONQUISTA DO OESTE AMERICANO”.
Sobre este tema existen non decenas de películas, mais talvez máis dun centenar.
O interesante destas, é que como non podía de ser para a moral estabelecida, estas películas, sempre procuran afrontar aos maos (chamados maos da película), os chamados homes bos (vaqueiros bos e cheos de valores humanos) e, como non podía deixar de ser, sempre triunfan os bos.
Vese que aquí os que camiñan nas caravanas para o oeste, van conseguindo polos marcos a delimitar as súas terras, nalgún lugar.
A pregunta é elemental, pois, se pode pór da seguinte maneira:
De quen eran esa terras con anterioridade?
Segundo a historia que os señores americanos proclaman aos catro ventos, non eran de ninguén.
Mas outras veces algúns outros historiadores máis conscientes dunha determinada verdade, afirman que esa terras en determinado momento anterior a toma de posesión polos exploradores do oeste americano, pertencían a razas de indios autóctonos, que sempre viviron aí ou foron nómades, pero nese largo territorio.
O que podemos dicir, é que dunha maneira ou doutra, efectúose un roubo, con ou sen violencia sobre os anteriores usufrutuarios dos espazos, mais quere se queira quere non, non hai unha lexitimidade manifesta.
Aquí e antes de continuarmos, temos de dar espazo a “muleta” que sempre o home recorreu, isto por un lado e, polo outro as igrexas procuraron satisfacer a saciedade de poder do home, para de aí retirar os beneficios que lles conviña.
Outro caso curioso é de que non hai sido unha soa relixión a xustificar lexitimado a propiedade da terra, mais si as relixións dos máis variados cuadrantes, mais sempre en especial a que estaba máis ligada aos católicos e súas ramas.
Nesta altura, temos de volver a nosa atención para os escritos por exemplo de Tomas Moro, (14778 a 1535) mais sobre todo ao igualmente inglés Thomas Peine (1737 a 1809), que en seu libro titulado a “XUSTIZA AGRARIA”, afirmaba que “cada propietario de terreos cultivados debía de pagar un encaixe á comunidade, pola utilización dese solo que ocupaba e cultivaba”.
Más tarde, Joseph Charlier (1816 a 1896), no seu libro “Solution au problème social ou constitution humanitaire, basée sur la loi naturelle, et précédée de l’expose de motifs” afirma que toda a persoa tiña dereito a un “dividendo territorial”. Esta afirmación e sobre todo o seu desenvolvemento é toda unha declaración que toda a propiedade é realmente un sistema de apropiación (dade a raíz … propiedade…), individuo desde o principio.
Así non conseguimos ver igualmente como o novo presidente dos Estados Unidos da América do Norte e os seus acólitos europeos, como os dirixentes da Alemaña da AfD a señora Alice Weidel e agora o todo poderoso Friedrich Merz da democracia Cristiana, queren desfacer dos emigrantes, de que tanto precisan.
Mas volvamos a América do Norte e ao señor Trump, que é na mellor dos casos un descendente de emigrantes, que renega a súa orixe, victimizando os que tal como os seus ancestrais, emigraron para buscar unha vida mellor.
Que tal como outros seus compañeiros promotores inmobiliarios, se fixeron herdeiros das terras que roubaron aos Indios e, para tal os exterminaran, ou dito dunha maneira máis comprensíbel fixeron o xenocidio das rasas autóctonas americanas para se faceren cos seus territorios.
E non contento con todo isto agora, queren coacción sobre o Panamá, para que os barcos mercantes americanos, se paseen pola canle dese país, como se en seu territorio fose.
Este presidente dos Estados Unidos da América do Norte, funciona no seu país, non cun sistema de democracia lexítima, mais si cunha oligarquía baseada en que os seus votos para ser reelixido, foron debidamente pagados por anticipado polos seus oligarcas (grupo constituído polos homes máis ricos do Mundo – Elon Musk a liderar o proceso de fascismo do mundo en que vivimos).
O que realmente neste momento máis angústia os demócratas da Europa e, en especial da Unión Europea, é que mo Parlamento Europeo a maioría actual, e constituída por un partido de nítida tendencia a restaurar o fascismo. E naturalmente cunha cantidade de gobernos e primeiro-ministro todos de dereita ou moito cerca a dereita.
Así que o novo señor presidente dos Estados Unidos da América do Norte, está perfectamente a gusto, pois ten no horizonte do vello continente un bando de servidores incondicionais aos seus pés reverentemente.
Se el primero en comentar