O mundo dos horrores

O acceso a futuros lugares de destaque en cada actividade, foron os que máis de acordo se mostraron coa organización do poder instituído.

Por Jose Vieira | 24/02/2025

Utilizamos unha expresión, inspirada noutra do comentador e xornalista Ben Casselman, utilizada nunha súa crónica, no periódico americano The New York Times, en que este detalla o que chamou, “principios centrais”, da economía dominante. Dende entón nos afastamos desa crónica, por estarmos interesados en dar outra forma e, como non, outra orientación ao noso texto.

Temos a certeza de que na vida de calquera profesional, e independentemente da súa capacidade profesional, existe aquilo a que podemos dicir que é o lugar que lle destinan na sociedade os azares da fortuna social.

Dito dunha maneira, máis crúa, podemos dicir que o que pasa, é que tamén nas diversas profesións existen categorías e, que estas, na maioría das veces, son froito de circunstancias alleas a súa capacidade intrínseca.

É máis que evidente que nas máis diversas profesións, nin sempre están nos respectivos ensinos os mellores, pois, nin sempre as notas dunha carreira ditan que os alumnos que ostentaran as máis altas clasificacións son realmente aqueles que á praza do tempo mostran ser na certa vida, os máis aptos, na respectiva actividade.

O que acontece na maioría das veces, a pesar de haber honrosas excepcións, é que existe unha barreira levantada polas institucións de ensino, no sentido de non dar senón acceso aos que foron os que tiveron as mellores clasificacións, pois, de certo modo, foron os máis adaptados e acordes cos tipos de formación que se lles foron administrando.

Podemos dicir, doutro modo máis directo, o acceso a futuros lugares de destaque en cada actividade, foron os que máis de acordo se mostraron coa organización do poder instituído.

Esta regra é más ou menos xeral, sendo a práctica común en calquera tipo de réxime da actualidade.

Esta situación, está tamén espallada non soa por todos os réximes, sexa de esquerda ou de dereita, como tamén en calquera cuadrante xeográfico.

Un exemplo típico, é que a maioría das multinacionais, teñen nos seus cadros superiores, os chamados elementos, que admitindo que son bos nas súas especialidades o que máis pesou na súa admisión na empresa, fose esencialmente as súas relacións cos diversos poderes instituídos.

Temos constatado, que dende que os señores políticos dirixentes americanos, así como os máis poderosos multimilionários dos Estados Unidos da América do Norte, resolveron desencadear conflitos, militares, como sempre lonxe do seu territorio, servíndose dos seus socios europeos, que non teñen tido capacidade de se oporen aos desexos abusivos americanos.

Debemos recordar, que os señores economistas das escolas universitarias americanas, aconsellaron os políticos, quere demócratas primeiro e pronto os republicanos do señor Trump, na súa subordinación total, a eses poderes, así como aos dos seus financiadores e patróns das multinacionais, pois, como todos sabemos son os que patrocinan as súas respectivas universidades, a economía da Europa entrou en crise.

Recordemos que estes enormes cerebros, donos dunha infinita masa cincenta, designaron como salvación da industria de guerra americana, tiña que patrocinar, unha guerra, nun territorio, que permitise impor un conxunto de medidas que desencadeando e mantendo esa guerra, se trata da guerra na Ucraína, estes cerebros horrorosos, conseguían estancar o comercio satisfactorio até entón, entre a Rusia e a Europa.

Esta situación, o que permitía, era que esta se fose desenvolvendo, cousa que non interesaba aos Estados Unidos da América do Norte.

Por outro lado, impuxeron un réxime de terror, coa ameaza de que os rusos invadirían a Europa.

Así impedirían a compra de armamento, como dunha pre-guerra se tratase, aos seus socios na organización terrorista, polos americanos controlada que repara no nome Nato e, que ten a Unión Europea como maior número de socios.

Non se trata realmente dunha solución para os problemas das poboacións mundiais, mais si, dunha enorme corrupción da honestidade mental, para quen se xulgan ser, os mellores cerebros do mundo en economía e súa estratexia.

O que fixeron eses tales grandes espertos da economía ao servizo dos americanos e seus multimilionários, foi destinada a eliminar a influencia comercial crecente da Rusia, como provedor privilexiado da Europa, no fornecemento das materias-primas necesarias ao desenvolvemento europeo e a bos prezos, impondo que agora todo o bolo comercial, pasase a ser soamente americano.

Non podemos ter outro raciocinio que non sexa o de considerar, que á fin e ao cabo a intelixencia e a extraordinaria formación deses tales fenómenos da economía, non serven á humanidade, mais si aos destrutores da HUMANIDADE.

Recordando o artigo do comentador e periodista enriba referido, Ben Casselman, este refería a chamada reunión anual, da American Economic Association, recentemente se realizou, na cidade de San Francisco, nos Estados Unidos da América do Norte.

Segundo as notas xornalísticas, foron dados como estando presentes neste cume, de “brillantes economistas”, os máis destacados e ilustres especialistas deste ramo das ciencias sociais.

Non pomos en dúbida a cantidade de masa cincenta aí reunida, pois, con toda a certeza, sería imposíbel cuantificar tal grandeza, sen que nos tornásemos escasos ao tomar as respectivas medidas.

Mais, o que nos trae en coidado é que cando estabamos a ler o texto do respectivo comentador, fomos traizoados polo mesmo seu pensamento.

Tanta capacidade, tanta masa cincenta, tanta experiencia en xestión universitaria de los éxitos dos tao querido “seus mercados” e, probabelmente, até sexan as persoas que lideran as principais institucións de ensino do mundo no ramo das economías.

Entón nos xorde a pregunta, propia dun ignorante:

QUE PROBLEMAS ESTES CEREBROS NON CONSEGUIRON RESOLVER?

Para non sermos demasiados pesados e, excesivamente mal respectuosos para coas sumidades de tanta masa cincenta, enumeramos algúns asuntos que non foron capaces de resolver:

– a crise financeira dos anos de 2007/2009

– a desindustrialización

– o crack inmobiliario de 2008

– a crise dos prezos de 2021/2022

– a inflación resultante

Estes son algúns dos horrores que tanta masa cincenta non conseguiu resolver, ou será aínda peor, que non o quixen ou até lles foi obxecto de súa actuación intencional.

Segundo o mesmo Ben Casselman, este refire a outro tratadista, Jason Furman que afirma, que os economistas teñen que pasar a “facer mellor o seu traballo” e, máis adiante engad …“comprendendo os problemas que preocupan as poboacións”.

Terminamos estes horrores que non están resoltos, cunha afirmación de Glenn Hubard que se deteñen dicindo que se cadra.. .os tales cerebros, se mostran “desdeñosos e insensíbeis”, diante das preocupacións das xentes da rúa.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.