Porque non estamos nunha Europa social

lamentamos o cerco inconsecuente, un autentico ollar para outro lado dos Europeos, que xamais se debían de esquecer do sacrificio do pobo ruso para liberar os europeos, cuxos fillos e netos queren hoxe destruír

Por Jose Vieira

Algúns de nós, pasamos os anos setenta, do século pasado, debidamente adultos e, conscientes de que nos gustaría vivir nunha Europa máis social e, sobre todo, que os nosos descendentes puidesen disfrutando dicir que vivían nunha Europa, multinacional, mais que era un Estado Social.

Esta idea, foi sobre todo un produto deses anos e, dos movementos da esquerda de entón, mais que non pasaron de proxectos.

Estamos encima de eleccións para o Parlamento Europeo, pois, estamos a escribir este texto, hoxe día 6 e, esa consulta será levada a efecto, en toda a Europa que pertence ao espazo da Unión o día 9 do corrente mes.

O interesante, é que estando a maioría dos estados pertencentes a Unión Europea, con gobernos bastante aliñados a unha dereita reaccionaria, na maioría dos países que a compoñen, os seus dirixentes (queremos dicir líderes da Europa), están a facer campañas en que pretenden vender a idea dunha “Europa Social”.

Son exemplos, os discursos de Marine Le Pen, da Francia e dirixente do partido de extrema dereita FN/RN, o mesmo suxire o dirixente do PS de Francia o señor Glucksmann, ou de Valérie Hayer, tamén esta francesa e do partido Renacemento. Parece que están todos a tentar ofrecer o mesmo produto, para limpar as paredes do edificio Europa, buscando os mesmos electores, con idénticas propostas, para que a confusión, sexa xeral e, para que votar ou non, sexa indiferente.

O caricato da situación, é o aspecto escénico das súas presentacións, pois, desta vez eses políticos, levan a man esquerda ao corazón, como que a relevar a esquerda a través do saúdo de fidelidade, pois, desta vez, é que será, segundo estes, se fará unha Francia Europea, dentro da Unión Europea, que será, grazas aos seus esforzos, un Estado social.

Parece mesmo que buscan, por esas bandas da Francia, que os cidadáns da marsellesa, fiquen en casa, tranquilamente a ver unha película na televisión, primando pola abstención.

Este mote para este texto, nos xurdiu, pois, tiñamos estado a reler un texto sobre unha nova orde, que xurdira na Europa, animada dunha dinámica distinta e implicada nunha transformación social. Ecolóxica e progresista de “EUROPA”, publicada pola asociación de dous dos máis respectados intelectuais europeos da actualidade, Thomas Piketty e Julia Cagé.

Segundo estes, “As crises sanitarias, climáticas, xeopolíticas, veñen grazas a que a Unión Europea a abrir lagoas no que se coñece como sendo o “Consenso de Maastricht”.

Estaban a falar do problema da crise e súas consecuencias da pandemia de Covid19. Nesa altura, como sabemos despois de varios choques de opinións, se acabou pola creación dun sistema de solidariedade de 750.000 millóns de euros.

O interesante da situación, é que foi apoiado por unha creación de bonos dunha divida mutua.

Aquí nos xorde unha dúbida e unha pregunta, que podiamos formular da seguinte maneira:

– Estabase a crear un mecanismo de solidariedade cando se aboou ese apoio de bonos de débeda común?

– Foi que os patróns da austeridade, e, de que estabamos a vivir por enriba das nosas posibilidades, ou sexan; os alemáns, os dos países baixos e, os puritanos nórdicos, que ou estaban distraídos, ou realmente pensaran que sería oportuno comezar a pensar na posibilidade da creación dun Seguro Social da Unión Europea (SURE).

A noso ver pensamos que o corsé que eses señores de austeridade luzidia, ao final do seu recorrido, tamén teñen fraxilidades e cando inclinados contra o muro das execucións, os desregrados e os que só pensan en festas, segundo os dous consagrados autores enriba referidos, se os partidos, políticos dos países do sur, que realmente son de esquerda e, estean interesados no ben social dos seus votantes, deben aproveitar a ocasión e, como di o noso bo pobo, “quen fai un punto tamén pode engadir mais outro punto”, non sería ben así o aforismo, pero esta nosa variación nos dá moi xeito.

Recordemos, que antes de se ter conseguido, este fondo de 750.000 millóns de euros con garantía mutua, varías tentativas de se encontrar situacións de maior solidariedade entre os compoñentes da EU, foron sempre goradas pola férrea oposición dos países que xa referimos, que son non só os guardiáns do templo, como os “donos” de toda a moralidade e honestidade.

Mais mesmo así, ou a pesar de todo, o “Next Generation” está aí viviño e a saltar, como é debido.

Posto isto, realmente o que tiñamos que facer, segundo a nosa modesta opinión, é reforzar a presenza de partidos de esquerda nestes comicios que están incluídos na axenda para est domingo día 9 de xuño, e non deixar de reivindicar, aquilo a que temos todos os europeos dereito, que non é ser un parque de diversións dos Estados Unidos da América do Norte e, nos transformarmos, en carne de canón, para morrer polas armas e coas armas, ao servizo desa organización terrorista, chamada OTAN, e que por covardía, aínda formamos parte dela.

Non debemos esquecer, que o día de hoxe e á oitenta anos, morreron máis de 10.000 cidadaos no desembarque da Normandía, e que foi o inicio da liberación da Europa, dominada polos nazis alemáns.

Era o princípio do final da Segunda Guerra Mundial, pois, o heroico pobo ruso, para liberar o resto da Europa, sacrificou cerca de 20 millóns dos seus cidadánss para vencer os nazis alemáns, liberando do outro lado a Europa.

Por iso tamén lamentamos o cerco inconsecuente, un autentico ollar para outro lado dos Europeos, que xamais se debían de esquecer do sacrificio do pobo ruso para liberar os europeos, cuxos fillos e netos queren hoxe destruír.

Finalmente, o que sentimos e o que resulta, é que unhas vezes a memoria é curta e outras veces non sabemos ou non queremos buscar leccións nos seus asistentes.

SEREMOS COVARDES, OU TEMOS MALOS POLITICOS?

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.