Algunhas consideracións sobre a Renda Básica Universal e Incondicional

Por Jose Vieira

Nunca é de máis falar da RENDA BÁSICA UNIVERSAL E INCONDICIONAL, tema de que por varias veces, temos algo dito nestes textos e, como nos gusta moito dalgúns aforismos populares, aproveitamos estes, que se enmarca perfectamente na nosa acción de que: “auga mole, en pedra dura, tanto dá, até que fura”, pois, é “sempre oportuno mallar en ferro frío”.

Non é que moitos e máis avalados estudosos do tema non o teñan tamén feito, pero o importante é non deixar parar a corrente de iniciativas, sobre a divulgación do mesmo e, ao mesmo tempo, demostrar, que o día que se segue ao fin da anormalidade en que actualmente vivimos, non deixará de mostrar, que este instrumento económico, pode e debe ser posibelmente a única ferramenta, capaz de crear as condicións, para que a vida poda ter para a maioría da poboación mundial, o sentido e a dignidade, canto baste.

Este instrumento de política económica, non só é lonxevo, como ten tido varías oportunidades de ser examinado, no pasado e, así como non se esgotaron aínda as súas experimentacións no presente, nin tan pouco se descartan cada vez máis novas utilizacións aínda para aquilatar de forma empírica da súas virtudes.

Este recorrido, non ten só anos, senón decenas e até centenares, deles, sendo estudado, das máis diversas maneiras e sempre con vista a súa mellor comprensión, por economistas, por filósofos, historiadores, sociólogos e até por políticos. Se ten realizado, moitos e intensos debates sobre todo a partir da década de 80 do século pasado.

Hai experimentos, un pouco por todo o mundo, situación que se veu a tornar bastante fácil, no que di respecto, ao troco de impresións pois, o ano de 1986, se creou a BASIC INCOME EUROPEAN NETWORK (designada sinteticamente por  BIEN).

Como é do coñecemento xeral, ou polo menos dos iniciados nestes temas, se efectuaron ou efectúan experiencias de comprobación das súas virtudes, entre outros países na: Finlandia, Alemaña, Kenia, Francia, Escocia, Holanda, Canadá, Namibia, Brasil, India Estados Unidos da América. Algúns destes proxectos experimentais, xa chegaron a seu termo, estando a ser estudados os resultados, outros continúan en marcha e algúns máis en vías de arrancaren.

No entanto, como temos a perfecta constancia este instrumento de economía, carece a simpatía, do capital neoliberal, dado que a súa implementación levara a que a súa bolsa de traballo “escravo”, deixe de funcionar, como até aquí a seu belo pracer.

Como sabemos a través da vida cotiá, que o que interesa aos capitalistas empregadores, é que exista unha gran proporción de poboación abaixo do limiar de pobreza pois, desa multitude, poden extraer, os traballadores nas condicións que lles son proclives. Isto significa, que cando non se ten posibilidades de resolver as necesidades básicas, vivenda, alimentación, educación, saúde, dependencia, e servizos sociais, non a capacidade para dicir non á contratación en condicións de miseria e estrita dependencia. Non hai dignidade humana, esta é “roubada” polos empregadores.

Esta é a principal razón pola cal, os políticos non escoitan os técnicos e estudosos do tema, que por diversas e repetidas veces, ten presentado este instrumento debidamente estudado e, como se pode financiar. A razón está, en que os señores das grandes corporacións económicas, só ten un pensamento, a obtención e concentración, cada vez máis acumulada da riqueza e, como tal, non o permiten. Isto é así, pola falta de dignidade política, dos señores que gobernan o país, dado que están agardando e preparando as súas retiradas, as chamadas xubilacións douradas.

Que é preciso para que esta situación de rexeita sistemática sexa superada?

Un esforzo da parte dos cidadáns, pois se non o houber, non se consegue, dado que o neoliberalismo, á moito, que no seu estertor de morte, apostou por non morrer só.

A historia en xeral e, a de o traballo en particular, está completamente cravada de loitas de clase en que aos poucos, a pesar de con un sufrimento imposíbel de esquecer, se foron conseguindo as condicións mínimas de horarios, vacacións, condicións laborais na empresa, dereitos de saúde e de ocio, que antes desta escalada da extrema dereita (en virtude da visíbel chegada ao fin por fallo total do capitalismo global), eran visíbeis.

Así, non resta dúbida, a necesidade das poboacións tomaren os encaixes das súas reivindicacións en súas propias mans. Máis, só as mobilizacións, poden levar os partidos a descubriren que algo vai mal no país. Até ese momento, os políticos só escoitan os patróns das grandes empresas ou as corporacións empresariais. Só o ruído intenso será posíbel espertar, os políticos da seu letargo secular.

Se, realmente estivesen os políticos interesados en facer un curto circuíto, o círculo vicioso, da obediencia cega ás corporacións de empresarios, se quebraría e, se podía suxerir, pensando que estabamos, de traxe nunha democracia, que funcionaban os instrumentos xurídicos dispoñíbeis, postos á disposición das poboacións, podéndose propor, por exemplo, unha INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR (chamadas ILP) pois, esta en si propia, contén un amplo período de esclarecemento público, o que significa a posibilidade dunha ampla información popular, desfacendo moitos dos perversos esclarecementos, postos a circular a través das manipulacións, da comunicación social, que nas súas diversas expresións, ten vindo a divulgar e, peor, a terxiversar.

Este instrumento da democracia representativa (non esquecer, que a Constitución española, dixen explicitamente que España é unha Monarquía representativa), está titulada, a través da Lei 31/1984 de 26 de marzo e no caso da Galiza, se debe enmarcar na Lei autonómica 7/2015 de 7 de agosto. Por tanto, non á que temer recorrer a este instrumento, pois como poderemos ver, este instrumento democrático, está debidamente lexislado e por tanto, dispoñíbel dentro das condicións estabelecidas.

Outro caso, é que os señores representantes do pobo, sexan capaces de representar dignamente os intereses dos seus representados e, non unicamente representen os intereses dos patróns.

É aí que as cousas se torcen, pois, os representantes do pobo, teiman en non representar, quen os elixiu en súa gran maioría, representando unicamente a quen non deben, pois os seus intereses, do grande patronato (por exemplo a CEOE), son diametralmente opostos aos de quen os elixiron en masa.

Esperamos que por unha vez por todas, os señores deputados e de máis políticos debidamente instalados no poder, obren en favor da maioría e non como até agora unicamente en favor de pouco máis de 7/8%da poboación do país.

            Queremos que a poboación desperte.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.