Desigualdade social e manipulacións políticas

Como non pode deixar de ser, estes conflitos que se queren desencadear, son motivados, polas necesidades de desenvolver as actividades económicas, que os grandes grupos de poder estabelecen aos seus “empregados”, que tamén son chamados de políticos de quenda.

Por Jose Vieira

Desigualdade social, de tantas veces ser repetida esta expresión, practicamente ás persoas xa nin lle prestan atención, a non ser, ós que realmente están a sentir nas súas carnes, a inxustiza manifesta desa exclusión da sociedade en que vivimos.

Outros, pero menos, son os que ao ouvir ou a ler esta expresión, se senten incómodos, pois, ao non estaren nesa situación, temen dalgún modo que poida vir a acontecer un calquera acontecemento, que a poda vir a enviar, para ese apartado de cidadanía.

Aínda outros, a quen cabe a responsabilidade desa exclusión social, viran a cara para o outro lado, pois, como calquera arranxo para diminuír esa lacra, pode retallarlles os seus beneficios, comentan que esta situación se debe á incapacidade destes traballaren con afinco, aforraren e facérense a vida.

Os cognominam como mínimo de vagos ou aínda peor da borralla da sociedade.

Finalmente quen debía ter como obxectivo tomar todas as medidas para a súa eliminación, encontrando as solucións, que por certo están por de máis coñecidas, falamos dos señores políticos, de todos os cadrantes (queremos dicir, de todos os partidos, sexa a ideoloxía que sexa), se absteñen de ter ese problema nas súas mentes, pois, desde hai moito tempo, que a direccións dos seus partidos mandou riscar ese tema, das axendas.

Así, cando lemos os informes da World Inequality Report de 2022, un traballo a nivel Mundial, elaborado sobre os datos estatísticos oficiais, posíbeis, nos quedamos de pedra, pois, non conseguimos entender, como a mente dos señores políticos, ao uso, non mostran de verdade ese problema como prioritario. No entanto, se entreteñen a encontrar asuntos e até éxitos inventados, mentindo aos seus “pseudorepresentados”, creando centros especulativos de falsidades perigosas. Pois, saben perfectamente, que ese é o camiño do marketing político, ou sexa, a diversión e distracción dos certos problemas, das persoas que os elixiron.

Normalmente, neses instrumentos de diversión, teñen o coidado de mesturar problemas en que poden conter perigos de guerra coas súas espantosas consecuencias sociais, mais, no entanto, teñen o coidado dos simular, en lugares distantes do seu hábitat e, como sempre, recreando as películas do Oeste (os  Westerns), sendo eses señores os bos e os amigos correctos do  sheriff, que tamén olla pola seguranza de todos, que loitan contra os  malos da película, terminando o guión coa  moralidade dos bos a vir ao decima e todos ficaron  felices. Falamos claramente dos Estados Unidos da América do Norte e, como non, da súa filial a OTAN (ou Nato), a Europa irresponsábel. Tamén é claro, que como convén, o fan sistematicamente, apuntando como sendo as forzas do mal, os Rusos do señor Putin e, igualmente a China. É que é necesario escoar os arsenais de armas existentes, así reclaman os señores produtores de armamento (debaixo das ordes dos “Amos do Mundo”), que queren ver renovados máis e mellores os próximos contratos de fornecemento e, como non, igualmente os investigadores dos novos adiantos e perfeccionamento das novas armas de exterminación dos seres humanos.

O que realmente acontece, é que a través da habitual e masiva comunicación social (esta necesita das aportacións de capital do sistema neoliberal capitalista para viviren), a mensaxe pasa a diario, cos matices, que a disciplina, que o marketing político aconsella, para que o efecto sexa, o desexado.

O que vemos, no presente, está perfectamente enmarcado, como dunha película de John Ford.

Mais até aí, todo está correcto mentres película, o peor é que xa se deixou o estudo de gravación e, xa pasou á triste realidade, pois, se están a mover os medios, por todo o bloque,  cognominado de Occidental, para unha guerra, que se foramos responsábeis e, se realmente temos consciencia dos problemas, con que nos  afrontamos neste Mundo, por máis condescendentes que queiramos ser, non conseguimos sobrepor unha  fantasía de “cowboys e sheriff”, ás necesidades urxentes dos nosos concidadáns.

Como non pode deixar de ser, estes conflitos que se queren desencadear, son motivados, polas necesidades de desenvolver as actividades económicas, que os grandes grupos de poder estabelecen aos seus “empregados”, que tamén son chamados de políticos de quenda. Non temos nada contra os políticos, antes polo contrario, temos moita pena de que non pasen de meros funcionarios, pagados por todos os electores, mais que só están ao servizo dun grupo moi limitado de patróns.

É un negocio redondo, para os patróns, que mandan a través deses seus empregados, non gastando un único euro, pois, quen lles pagan son os cidadáns. E estes, os políticos, se quedan unicamente á espera do lugar prometido nas empresas, dos seus patróns, onde irán ser pagados con soldos de vertixe e, a non facer realmente nada. A maioría dos políticos son ineptos totais, na vida empresarial.

Comezamos este texto, falando de desigualdade, no entanto, nos afastamos só aparentemente do tema, pois, o que se gasta nestas preparacións de destrución da humanidade, daría con total  solvencia, para  reconverter as industrias de guerra en actividades que mellorarían a maiorías das poboacións e, naturalmente, poderían posibilitar e, sobraría moitísimo diñeiro, para implantar un soldo universal a todo o ser humano, deste Mundo que, no momento, non é outra cousa do que un vale de bágoas para a gran maioría da poboación.

Reparemos por exemplo en los impostos, a que se chegou a acordar, pola polución dos distinguidos países, o chamado imposto do CO2, se este imposto, fose debidamente estabelecido e igualmente ben cobrado, o seu resultado líquido, permitiría estabelecer unha pagada universal a todo o mundo, sen máis ter que recorrer a outras cláusulas.

Interesante non?

Todos temos a certeza de que é necesario diminuír o ritmo de crecemento das producións, pois, os recursos do noso planeta, non son ilimitados. Esta redución, da produción industrial, é inevitábel, se queremos continuar a vivir no planeta Terra. No entanto, se diminuímos o ritmo de produción industrial e se imos utilizar, como é natural os adiantos da tecnoloxía e como non, a Intelixencia Artificial, moita máis xente se quedará sen emprego.

No entanto, como eses millóns de desempregados van sobrevivir e as súas familias?

E mesmo os que se encontran a traballar, mais como traballan menos horas e, a menos traballo menos soldo, como van poder vivir coas súas familias?

Estes problemas non interesan aos que mandan, pois, ese será un éxito, para eles inevitábel e que vivan como poidan, cos subsidios de miseria que a súa magnanimidade lles vai conceder. É que eses exércitos de traballadores pobres, para eles son a carne de canón que forman parte da paisaxe e nada máis. O que van facer os que mandan máis, é mandar perfeccionar as leis mordazas, por todo o lado e estabelecer sistemas en que os dereitos e garantías sexan restrinxidas ao máximo, para que as masas non teñan veleidades revolucionarias, contra o estado estabelecido polos “Amos do Mundo”.

O que se vislumbra, se non hai cambios de sistema e nas estruturas, inmediatos ou a moi breve prazo, caeremos non “nun admirábel Mundo novo”, mais si, nun detestábel Mundo en que non será posíbel vivir con dignidade.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.