![]()
Porque guerreamos e consideramos mal a acción do señor Adolfo Hitler, na altura e non consideramos igualmente mal as accións do señor Trump na actualidade?
Por Jose Vieria | 4/05/2026
Cando foi executado o matrimonio Rosenberg (1), o filosofo, sempre moi mal visto en España (era moi próximo á liña dura do Partido Comunista Frances), Jean-Paul Sartre, escribía, no órgano de comunicación social francés, “Libèration” do día 22 de xuño de 1953:
“Desde pronto, hai algo podre nos Estados Unidos. Un día, talvez, todas esas boas vontades os curarán do voso medo; iso é o que desexamos, pois, os tiñamos amado. Non obstante, non nos estrañedes se gritamos dunha punta a outra da Europa: COIDADO, ESTADOS UNIDOS SOFRE DE RABIA. Rompamos todos os vínculos que nos unen a eles, de contrario, acabaremos sendo mordidos e contraeremos esa rabia”
Este espectacular escrito nun artigo publicado nese órgano de comunicación social francés, como enriba referimos, ten só nada menos do que algo como 73 anos.
Xa naquel tempo, os Estados Unidos da América do Norte (USA), seguían unha política policial do seu departamento FBI, polo seu máximo dirixente J. Edgar Hoover, que era o irmán do secretario de estado do presidente Truman e que reparaba no mesmo nome de Edgar Hoover.
Non podemos deixar de referir, que na actualidade, na presidencia da República dos USA, repite, aínda despois dun presidente demócrata Joe Biden, o señor Donald Trump.
Neste seu segundo mandato, este señor, ten mostrado un perfil, que debía ser estudado exhaustivamente polo señor, que por profesión de se dedican a estudos das personalidades, “que da lei da morte se van liberando”, polos seus feitos.
Queremos alertar, que estes feitos, non son necesariamente sempre bos para os seus concidadáns, e no caso concreto de Donald Trump, non deixa de ser polos maos actos.
Xa hoxe parece que son poucas as persoas que pertencen ao mundo dos vivos, que dalgunha maneira, presenciaran directamente ou a través de seus directos amigos ou familiares, os éxitos dunha Alemaña Nazi.
Temos a sensación que os máis mozos, cando se falan do réxime que o señor Adolfo Hitler, austríaco de nacemento, impuxo a Alemaña, cando asumiu as rédeas do poder nese país.
Sempre pensamos que cabe chamar a atención, de quen ten a paciencia de ler este pequeno texto, de que actualmente a citada Alemaña se está a armar militarmente en maior volume e intensidade, que o tiña feito ese señor Adolfo Hitler.
E isto pode que este a acontecer, pois, este señor ten como acompañante no goberno a señora Alice Weidel, prominente membro do partido mais extremista de raíz nazi da Alemaña, o AfD, firmando, que o propio Hitler, para o seu concepto de home de brandos costumes, era un perigoso socialista (non se refería a un nacional socialista).
Retomando este, temos que estrañar moitísimo, que aquel tempo, tras as invasións dos países seus veciños, a Europa se teña levantado en armas, e procurado, eliminar da face da terra o réxime implantado polo señor Adolfo Hitler, nese momento.
Pensamos que tal acontecemento, debe ser feito por algo de equivoco, pois, o que debía estar ese señor Hitler, non debía ser reprimido.
Ou entón, agora as invasións do senllos Trump, máis efectuadas até contra seus aliados e sen calquera xustificación, minimamente plausíbel, debían ser paradas de forma igual.
Así que non entendemos, o que está ben o mal.
Porque guerreamos e consideramos mal a acción do señor Adolfo Hitler, na altura e non consideramos igualmente mal as accións do señor Trump na actualidade?
O tempo do señor Hitler, este e os seus concidadáns alemáns (el era austríaco), foron os que desenvolveron o xenocidio ao pobo xudeo e, esta actuación, criminal foi condenado por todos o mundo non nazi.
Porque non se tomou ningunha medida de igual dureza, como contra Hitler, agora que os socios e mentores ideolóxicos dos USA, os Israelitas, que están a proceder a dous xenocidios, un sobre o pobo palestino e, non contentos con este, o estenderon ao pobo do Líbano.
O que sospeitamos, é que na actualidade, existe unha Unión Europea, perfilada dentro dun corsé administrativo, acollido en Bruxelas, que mercé das valentías e, rigor aplicado, por estes, completamente ao servizo, do patrón Trump, non son capaces de non estar completamente axeonllados aos pés do “deus americano”.
Realmente, non debemos estar moi errados, pois, moi recentemente, este mesmo emperador, e deus dos novos fascistas, o señor Trump, exerce de tal maneira o seu poder a través do planeta, que os dirixentes de Bruxelas, só saben repetir a célebre frase do anuncio americano HIS MASTER VOICE, dunha marca de discos de música.
Esta situación é tan insólita, que o que vemos no horizonte, é o fascista Trump e dos seus colaboradores, que conseguen superar en criminalidade a Goering, a Himmler, e todos os seus colaboradores.
Por exemplo, nos arrestos dos emigrantes e, de todos que incomodan o seu status, os arrestan en cadeas que non envexan en maos tratos as dos alemáns nazis… Só faltan os formos crematorios…, mas pensamos, que é só unha cuestión de tempo.
Como o mundo permite que un calquera presidente dun país, no caso dos USA, afirma que destruirá o Irán, e o transcribimos “eliminaremos totalmente unha civilización de millares anos da Pérsia, arrasándoa”.
Como se permite que un presidente dun país, dicir e peor facer a invasión dunha Venezuela, arrestar ao seu presidente, dicir que a seguir, fará o mesmo a Cuba. Antes ameazara anexar o Canadá (xa parou esa bestialidade), tomar a illa da Groenlandia, que pertence a Dinamarca, etc.
Como o deus Trump, ameaza e di autenticas criminalidades, atentando contra o Papa e, contra a igrexa.
Non hai dúbida, que está a sobrar na Europa a Intelixencia Artificial, así como a manipulación da comunicación social, feita polas redes sociais, que son pertenza dos socios e financiadores de Trump.
Somos, finalmente, un bando de covardes, ao servizo do “PUTO AMO”
Anexo:
1 – O matrimônio Rosenberg, Julius e Ethel, eran americanos, que foron executados o día 19 de xuño de 1953, por cadeira eléctrica, na cadea de Sing-Sing, en Nova Yorque, pois, estaban acusados de practicaren espionaxe, a favor da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas. Se trata dun período da designada Guerra Fría que ocorreu posteriormente ao final da Segunda Grande Guerra Mundial- Se acusaba de espionaxe atómica. Estes sempre se declararon inocentes. Segundo parece foron executados por unha declaración, de David Greenglass, que era irmán da Ethel Rosenberg e, que era falso, o xuíz que pronunciou a sentenza de morte foi Irving Kaufman e era presidente dos Estados Unidos da América Harry S. Truman, o mesmo que mandou deflagrar as bombas atómicas sobre Hiroshima e Nagasaki nun Xapón xa negociara a capitulación. Posteriormente o mesmo David confesou que mentira.
Se el primero en comentar