Por Jose Vieira
Estamos moi preocupados, diría atemorizados, non polo problema que anima as manifestacións saudo-fascistas, ou sexa, as negociacións que permitiron a continuación do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE), a liderar unha coalición de partidos (moitos), mais que dan este partido a lexitimidade constitucional de formar un Gobierno para a España, mais si por unha noticia que brama aos ceos.
Se trata dun manifesto elaborado, sobre o nome dun conxunto de militares, non sabemos se por eles composto, ou por algunhas das forzas políticas, que estes apoian, como sendo o seu estertor de súa inutilidade como certos operacionais.
Estes señores ex-militares, piden e transcribiremos: “aos responsábeis da defensa do ordenamento constitucional, a destitución do presidente do Gobierno e a convocatoria de eleccións xerais”.
Este documento, está subscrito e firmado de polo menos 7 xenerais, pertencendo principalmente ao Exército do Ar e ao de Terra.
Estes señores, dan vida a este comunicado, se así se pode cognominar, amparados, segundo din no artigo 8 da Constitución co seu medo de “posíbel ruptura da Unidade da Nación española, única e indivisíbel”
Segundo as orixes onde extraemos a respectiva noticia, por obsequio de Infolibre, anota o nome de 50 elementos dese colectivo saudosista dos tempos en que se encontraban ás ordes do Xeneralísimo.
Esta saña, xa non é de agora, pois, recordamos ó Brigada do Exército de Terra, que o ministro Federico Trillo o nomeara en 2001, director da Academia de Infantaría e comandante militar de Toledo. Este señor, forma parte dunha familia de insignes militares, portadores do nome de Armada, este é o señor José Ángel Armada Sarriá.
Estes señores son os mesmos que consideran que a desativación do simbolismo do “Valle de los Caídos” como unha operación de manual contra as familias franquistas.
Até estamos de acordo, pois, non debiamos ter dúbida de que xa non estamos na ditadura do Xeneralísimo, pois, segundo parece, por veces xorden dúbidas, de que ese réxime se extinguiu durante a transición, sendo substituído, por unha monarquía constitucional e democrática.
Cremos pensar, que xa chega de saudosismo e autentica rexeitamento ao racionalismo político.
Está rebeldía, agresiva, cremos extemporánea, dos señores ex-militares, que por outro lado, xamais parecen se teren levantado, contra o ilexítimo GOLPE DE ESTADO FRANQUISTA, contra a República electa legalmente e, Gobierno lexítimo da Nación española.
É realmente interesante como poden estes saudosistas, poden induciren miles de persoas, a actos de cariz perfectamente terrorista.
Se veñen miles de persoas, que cremos que nin se informan moi ben sobre que protestan (cantos saberán realmente o que é unha marcha e, cales son as súas formas negociadas dos acordos de Gobierno), repiten que se divide España, que deixa de haber liberdade, que xa non hai democracia e tan pouco se desfai a igualdade entre cidadáns.
É evidente que nin todos poden ou ten formación para tal, mas o grave non é a falta de educación política das poboacións, son os falsos profeta, que sementan fogos e aínda por encima os alimentan con gasolina.
Tratase de manifestacións unitarias, que buscando segundo os seus mentores (a dirección) do PP, que debía ser un partido de Gobierno, mais que acaba actualmente, por ir a reboque, o que é gravísimo, da súa antiga á de extrema dereita, hoxe constituída en partido político designado por VOX.
VOX, hoxe é o partido que non só lidera a extrema dereita española, como tamén a dirección actual do Partido Popular e, ambos patrocinan os grupos neo-nazis, que de forma violenta promoven nas manifestacións auténticos actos de terrorismo urbano.
Como é posíbel ver os mozos implicados e conducidos por eses falsos profeta, portan bandeira do tempo da ditadura, cousa que nin saben o que foi, para seu ben, agriden a policía, intentan secuestrar dentro das unhas súas instalacións os militantes do partido, no caso PSOE, que é o obxecto da rabia, de todos os saudosistas frustrados.
Como é posíbel nun país democrático, un deputado, co seu carné en puño, intente impor ordes distinguidas das determinadas pola cadea de mando, que é defender as persoas e o seu patrimonio.
Isto parece imposíbel, mas foi verdade, unha coacción infame e prepotente aos axentes de autoridade.
Esso se é querer quebrar a separación dos poderes e, non o que se entretén a proclamar para que os incautos crean nas súas historias (sen h) de manipulación dos mozos e dos frustrados señoritos da saudosa ditadura en que escravizar os traballadores.
Moitos deses saudosistas, non teñen outro motivo para vir para a rúa protestar, do que recrearen a través das súas gargantas sequiosas, polo odio, cantaren o cara ao sol.
Ouvimos algunhas veces persoas que xulgabamos como bos cidadáns, argumentar “que saudades teño, dos tempos que xa pasaron, cando os meus creados me acompañaban tres pasos por detrás da miña persoa”.
Caros lectores, este é realmente o momento en que moitos dos que se manifestan e animan os mozos a participar, mentindolles, sobre as grandezas das ditaduras, o que están é a intentar perpetuar, os seus tempos de prateleira (coñecida por xubilación).
Despois, segundo se pode ver, tamén arrastraron seus familiares que dunha maneira ou doutra, están dependentes economicamente das súas pensións de xubilación.
Claro que os políticos de Vox e do PP, buscan a través da mentira, diciren que os xubilados irán perder as súas pensións pois, o diñeiro o mal gastou o goberno, dando aos seus novos socios de coalición.
Temos todos os certos demócratas que verificar, que os tempos corren realmente contra as liberdades conquistadas, polos traballadores e a través da implantación de xubilacións de fondo, que permitiron avanzar con dereitos máis do que necesarios para a modernización do tecido social do país. Mais o que queremos alertar, desde xa é o camiño que quere o PP, a reboque de Vox, está a querer conducir a poboación de España.
Non hai dubida que o discurso, que está aí para quen o desexe escoitar, do patrón de Vox no Congreso, a pesar de se ter queixado da falta de liberdade de poder soltar os improperios e de máis brutalidades e ameazas, da súa extrema dereita cun PP, manipulado e, manietado, no entanto existe transcricións do mesmo.
O que o señor en cuestión dixen, recorda os discursos de Benito Musseline, en vésperas da marcha dos 100 días sobre Roma.
Isto non é outra cousa, do que ameaza, bastante clara do seu desexo de implantación do fascismo, puro e duro.
E, meus queridos lectores isto non é que a democracia está en perigo, coa elección deste goberno de coalición, o que estes señores de VOX e a actual dirección do PP, é realmente anular as liberdades a democracia e os dereitos sociais da poboación.
Se el primero en comentar