Sobre os novos premios Nobel de Economía de 2024

Aos USA, lles interesa manter o chamado “exército de poboación” en condicións deshumanas, para servir de man de obra barata para as súas necesidades.

Por Jose Vieira | 7/11/2024

No texto número 104, falamos sobre os novos premios NOBEL, da economía Daron Acemoglu, que é profesor no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), de Simon Johnson, igualmente membro do mesmo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) y de James A Robinson, que é profesor da Universidade de Chicago. Como sabemos este premio non é un premio Nobel, mais si un galardón monetario, instituído polo Banco RIKSbank, en honra de Alfredo Nobel.

Parece que este premio destinouse a recoñecer os seus traballos ou sexa, “os seus estudos sobre como se forman as institucións e como afectan a prosperidade”.

Antes de avanzarmos máis neste texto, queremos pór en cuestión esta nosa dúbida que nos parece esencial desde pronto.

Prosperidade será o contrario de pobreza?

Serán palabras que se poderán explicar unha á outra?

Seguiremos:

Por prosperidade, encontramos unha cantidade de palabras sinónimos desta, inclusive no dicionario da Real Academia de Lingua Española, como segue: bonanza, benestar, felicidade, riqueza, desafogo, progreso (se pregunta en positivo ou en negativo???), expansión, éxito, auxe, esplendor.

E dunha forma máis prosaica, como un crecemento económico, inclusivo, sustentado e digno (sendo este crecemento un factor esencial para o desenvolvemento dunha rexión ou un país).

Por antónimos de prosperidade encontramos varios, como sexan, os que axiña vos deixo: Desgraza, recesión, vacas flacas (versión popular), decadencia, atraso, pobreza.

Avanzadas estas axudas de texto, podemos propor unha outra cuestión, que non é máis do que unha observación sobre como se está procesando a evolución da pobreza no mundo de hoxe.

Como mundo actual, para a nosa análise, o imo tomar, como estando situado na década de 20, deste século XXI.

Postas estas consideracións, constatamos que durante estes últimos entre 15 e 20 anos, o número de individuos que estaban por debaixo da ILP, xa referida, tivo unha forte diminución. Esta situación é realmente un grande logro no camiño das desigualdades sociais.

Mas, como sempre, estes adiantos deben e teñen que ser debidamente interpretados, pois, logo á partida, son inmensamente contraditorios. Senón vexamos.

Se verificamos que ouve unha inmensa cantidade de poboación que conseguiu pasar a barreira do ILP, e crendo na afirmación, que sabemos ser certa e, que segundo o Banco Mundial, desde que se encarga de facer, entre outros estudos, os sobre a pobreza, “xamais esta, diminuíra tao rapidamente como nas últimas tres décadas”.

Pegando agora, na lente con que se debe analizar os distinguidos números que se nos a posibilidade de ter ideas máis concretas, sobre o estado das poboacións, en relación á súa sustentación en termos de dignidade humana (a reportamos como o estar, por encima da liña de pobreza, non xeral ou global, mais si, a que se reporta a cada país).

E isto nos parece ser absolutamente inegociábel.

Con isto, tamén queremos engadir, que as liñas do IPL do Banco Mundial, en si non se basean en avaliacións directas e moi menos, na contabilización das necesidades esenciais, de cada poboación, así como doutras idiosincrasias particulares e, con gran peso nas desigualdades sociais.

Podemos entón, avanzar sen calquera dúbida, por menor que poida aparecer, que este gran adianto na diminución da pobreza no mundo en xeral, se debe ao enorme “SALTO EN FRONTE”, que deu a República Popular da China.

Pasemos agora a analizar, os limiares calculados como sendo as liñas mestre dese limiar.

Mesmo a nivel de estudos efectuados, por exemplo polo Departamento de Agricultura dos Estados Unidos da América do Norte, estes discrepan, dos anteriores 2,15 dólares e suxiren 5 dólares, por día.

Mas como sabemos e temos que reter na nosa mente, é imposíbel vivir nese país, con menos de 30 dólares día. Como podemos observar estes números fornecidos polas Institucións, e son naturalmente passivos de manipulación política e, que é imposta, polo líder bélico, coñecido de todos nós, os USA, que todo impón pola súa prepotencia reparada na súa preponderancia militar.

Esta a a súa democracia musculada, que impoñen até as orientacións dos estudos aceptados en moitas as universidades americanas.

Como todos sabemos, este estado de vida infrahumana, ten moitas consecuencias, mais basta recordar un estudo de Peter Edward que en 2006, recordou estos efectos, na esperanza de vida, conseguindo determinar, que os números das liñas de limiar de pobreza, terían que aumentar entre tres a 4 veces, para que a esperanza de vida se acercase aos 70 anos.

Peguemos de novo nos números das e verificamos que un novo estudo do Banco Mundial, estimaba que os anteriores valores de 2,15, deberían pasar para algo como cerca de 7,5 dólares. Se transformamos estes datos en poboación, chegamos a astronómica figura de que 4,2 miles millóns de persoas viven na pobreza.

Queremos referir de novo que un dos gañadores deste premio do banco sueco en homenaxe a Alfredo Nobel, o señor James A Robinson, centrou en estudar institucións, se esquecendo de que as persoas no mundo, morren de fame.

Más, este señor, proveniente da máis selvaticamente escola capitalista do mundo, a Universidade de Chicago, dá como probábel maior contribución ao atraso e às dificultades dos países máis atrasados, este señor se refire case en exclusive a América do Sur, as secuelas deixadas pola colonización occidental.

Que pouco criterioso e honesto é o seu estudo. Ou talvez, o diñeiro para a súa execución teña, como contrapartida, imposto que esas xustificacións, para seu atraso e non a explotación do seu mentor da más de século e medio, os Estados Unidos da América do Norte. Pois, aos USA, lles interesa manter o chamado “exército de poboación” en condicións deshumanas, para servir de man de obra barata para as súas necesidades.

Terminamos este, recoñecendo o extraordinario “salto adiante”, efectuado na China, que desde 1990 até 2020, sacou dunha pobreza extrema, nada menos de que 800 millóns de cidadáns.

No entanto, queremos referir, que se excluírmos a China destes cómputos, sobre a pobreza no mundo, chegamos á triste conclusión que a situación non mellorou, antes polo contrario, se está a agravar.

Este é o problema, que estes premiados, non abordaron o non lles permitiron tocar.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.