O casino no que vivimos

Por Jose Vieira

Non resta dúbida de que nos atopamos vivindo nun mundo en que todo se parece a unha sala dun grande casino, onde uns cantos son os xogadores que, inclusive, pagan non só as entradas para o xogo, como aínda por encima, teñen que se conformar cunhas regras da casa, para as cales no contribuíron, no entanto, as aceptan sen pestanexar. No entanto, sempre perden, ao final para o casino.          

Este parágrafo, serve de encadramento para desenvolver a noción de como vai o mundo en que vivimos, e cal é realmente a nosa capacidade de poder actuar, en defensa dos nosos reais dereitos, perante un mundo esencialmente construído por uns cantos enriba dunha cadeira de ditador. Esta cadeira é un artefacto de última tecnoloxía, que cambia de color, conforme as circunstancias. É azul celeste, sempre que os ventos van de luxo para os usuarios e propietarios da referida cadeira de brazos, pero que sempre que os ventos ameazan calquera pequena tormenta, se cambia para a cor negra co símbolo dos piratas. É nesa altura que se ve con claridade que de verdade quen realmente manda e quen ten que obedecer.

Sen máis delongas, estamos perante unha tipoloxía, específica das hexemónicas finanzas, que se desenvolven sobre un sistema capitalista, conformando o particular paradigma da globalización. Dunha outra forma, a creación de diñeiro e crédito, fai que esa acumulación, resulte nun poder, xamais imaxinado, se trata das “finanzas na sombra”.

Recordemos que a banca sempre se baseou, nun diferencial entre o que pagaba por obter diñeiro, con que nutría os seus cofres e que, despois, o vendía sobre as máis distintas formas que estaban previamente reguladas e institucionalizadas, era desa maneira que, obtiñan esencialmente os seus beneficios. Tratábase dun esquema máis ou menos regulado e, con algunha transparencia.

Había até unha separación, do que eran bancos comerciais, os de toda a vida e os de inversión. Realmente se trataba dunha simple “nuance” de concepto, pero moi importante a non meter os ovos no mesmo cesto.

Pronto apareceu, por estraño que pareza, un señor pertencente ao partido Demócrata americano, que debía ser un opositor ó desregulamento dos negocios da  banca, pois os principios do seu partido así o indican, fixo exactamente o que os seus  financiadores de campaña política  ambicionaban,  liquidou a lei de separación de obxecto, ou sexa meteu dentro do mesmo saco as galiñas máis as raposas. Estaba consumado o acto, que permitiu que todo o mundo, seguise a pisadas do país punteiro, nas tramas de protección da banca desregulada.

Esta desorde, interdependencia, trouxen unha vulnerabilidade extrema, a todo o sistema, que culmina e caracteriza o capitalismo deste século.

Basta recordar, o comportamento do sector, na recente crise de 2007/2008, que por certo está máis que probada a súa total responsabilidade nese triste éxito que non só sufrimos, como aínda non recuperados, xa nos encontramos na rampla de lanzamento do seu seguinte tsunami. Chamémoslle a este capitalismo soportado e pleno de vigor negativo neste momento, dunha “economía na sombra”.

Podemos mesmo arriscar, dicindo que este modelo seguido, “economía na sombra”, ao non permitir calquera tipo de regulación, posterior á quebra referida de 2007/2008, creou as bases para novos e probabelmente incontrolábeis outros tsunamis.

Esta situación, nos fai recordar un autentico síndrome de Estocolmo, pois debemos apuntar que as finanzas non son só un “simple sector económico e un ámbito máis de acumulación” pois, conforman un certo “modelo de organización social”, que aglutina extraordinarios intereses, cuxa importancia é universal e dun valor case incomensurábel.

Imos dar un pequeno exemplo, para se comprender mellor o peso específico do mercado financeiro, de acordo co que enriba se hai dito:

Posición do mercado financeiro en relación aos PIBs dalgúns países:

USA: o peso de sector financeiro é 8 veces maior que o seu PIB

Reino Unido: o seu peso financeiro é 5 veces maior que o seu PIB

Suíza: o seu peso financeiro é 10 veces maior que o seu PIB

Este modelo se foi institucionalizando nunha rede, onde desprenden os intereses dos seus compoñentes, soportados por unha certa lexión de lobistas que, quere na América, quere na Europa, maiormente en Bruxelas, se opón a todo o tipo de xubilacións ou controis que poidan limitar a libre e impune actuación.

A caraterización tanto do sistema bancario como non bancario, combina un conxunto de axentes novos e vellos, substituíndo por exemplo, a forma de conseguir beneficios, que antes era a través de prestamos e créditos, por negocios fundamentalmente, con produtos derivados como, futuros, créditos de por falta de pagamento de débedas, que titularían por paquetes e que pronto se apalancan (serven para a obtención de altísimos prestamos), o que permite que os rácios dos activos das empresas en cuestión, sexan inmensamente altos en relación ao capital propio da mesma. É un negocio redondo.

Máis grave, é que este negocio, xa na altura da crise enriba referida, representaba xa máis do 60% do crédito global e, desde entón, en vez de se teren tomas as medidas de control e transparencia, necesarias para trabar o descalabro que se aproxima, practicamente nada se foi feito, aumentando este valor máis que o dobre. Pois, quen debía decidir, os políticos, mais estes están totalmente, ao servizo dos lobbies dos poderosos.

Continúan a seguir as ideas dos gurus do sistema desregulado, proposto polo monetarista e ultraliberal Milton Friedman, así como as teorías dos mercados eficientes de Eugenio Fama.

A conxugación destes elementos máis o poder dos “Amos do mundo”, fan que a resistencia deste casino ao servizo da “economía na sombra”, prospere e nos someta a todos conducindo o mundo, para que cada vez se envolva nunha crise, cuxas consecuencias, parecen ser negativamente imprevisíbel.

Terminamos esta primeira vista rápida sobre a crise en que nos estamos a metidos, indicando que a única forma de resolver esta situación, pois o tempo premia, é o completo desmantelamento, deste réxime. Non hai outra saída a forma de parar os movementos na “sombra”

Deixo unha figura de retórica, intenten agarrar unha sombra! Claro será que é necesario retirar a fonte de luz e o obxecto. Isto é, desmantelar o proceso.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.