![]()
á Unión Europea, que está de xeonllos perante os USA, por falta de dirixentes que sexan capaces de defender os intereses dos países que compoñen a respectiva unión.
Por Jose Vieira | 13/10/2025
Dende a chegada, en especial desta segunda vez, ao máis alto lugar do poder americano, o señor Donald Trump, non ten feito outra cousa, que non sexa, exercer o poder indiscriminado, que lle da ser a primeira potencia militar mundial.
No entanto, neste noso texto de hoxe, estaremos moito máis voltos para o asunto económico, que outra calquera faceta do seu plurifacetado carácter.
Por tanto, falaremos da súa actitude, de América Primeiro (MAGA – Make América Great Again), o que non deixa de ser unha actitude súper nacionalista, cando se agarra á estrutura de dereitos aduaneiros.
Realmente o que está a acontecer, no dominio da economía, é que neste dominio, os Estados Unidos da América do Norte (USA), xa non deteñen o primeiro lugar, no alistado mundial, desta sinatura.
Este señor, que é un industrial inmobiliario, y por tanto, a súa visión, o leva a seguir, uns conselleiros neste ámbito, o que buscan a través deste proceso, o sexa, utilizando este cadro de impostos aduaneiros, conseguir a obtención de “un superávit bilateral” para o seu país.
Sinceramente cremos que este camiño para o obter, nos parece, polo menos un proceso, que coa mellor de o bo vontade, é e será “caótico”.
Máis nos parece que se debía facer todo o contrario, dado que os impostos aduaneiros, debían asentar nunha base, con principios moi ben previsíbeis (está constantemente cambiando de humor e de números) e, como non universalistas.
Se volvermos un pouco atrás, podemos encontrar unha razón para impostos aduaneiros, estar ligada a que os transportes internacionais de mercadorías, provoca unha “contaminación especifica duns 7% de emisións”.
Os oficiais desta ciencia, os economistas, durante moito tempo, non consideraron importante este custo, no entanto, como cada vez máis, se nota a degradación e o quecemento ambiental e, parece que se cambiou de idea, xa non se ten en conta.
Así parece ser de admitir, que se debían considerar, uns impostos aduaneiros medios, de cerca de 15%, como advertencia, para os fluxos dos transportes relacionados co transporte de mercadorías.
Outra razón que debiamos ter en canta para a xustificación, dos respectivos impostos aduaneiros, sería no campo do chamado proceso de “dumping social, fiscal e medioambiental”.
Estas consideracións que facemos, en segundo lugar, mostran que xa é habitual, mais con distintas medidas, utilizadas por distinguidos países, como medio de facer os seus produtos seren máis competitivos nos mercados.
Segundo datos do Profesor Tomas Piketty, a China é responsábel do 30% das emisións no mundo en que vivimos, mais que reexporta destes, cerca de 20%, o que representa uns 6% do total mundial.
O que está en cuestión é que se estamos unicamente pendentes das emisións exportadas e do saldo das importadas, o resultado que nos aparece, andará cerca de 10%, no caso dos chineses o que reduce os tales 6% a metade o sexa, a 3%.
Nesta circunstancia, teriamos un imposto aduaneiro de igualmente un valor estimado do 40%.
Para resolver este problema, nos referimos do caso dos impostos aduaneiros, dado que “estes non son un certo fin en si mesmo”, pois, poden e se deben chegar a acordos, que levarán os contrincantes aos mesmos obxectivos. ´
Podemos así chegar a prescindir dos mesmos. Como alternativa, estes poden ser substituídos por sancións, específicas financeiras e, estas a noso ver nos parecen ser máis eficaces.
En calquera dos casos, os seus valores, deben ser calculados e negociados dunha forma o máis democraticamente, sen haber países que se impoñan de forma arbitraria a outros.
Debe ser imprescindíbel unha total equilibrio de forzas e a súa transparencia.
Ora isto non parece o que se está a acontecer, neste momento, coa prepotencia do señor Trump e, nos referimos á Unión Europea, que está de xeonllos perante os USA, por falta de dirixentes que sexan capaces de defender os intereses dos países que compoñen a respectiva unión.
Mais continuemos:
Como debemos imaxinar, as cantidades que se moven á praza dun ano, son verdadeiramente impresionantes polo seu volume, “así podemos avanzar que entre os 50 e os 100%, dos impostos aduaneiros, de forma tendo en conta as externalidades de sentido negativo, relacionadas co custo dos fretes e as accións de dumping.
Para que isto funcionase debiamos ter na Europa, un mecanismo suficiente ben implantado e con forza, para que fose efectivo, neste espazo, o plano de axuste das emisións de carbono.
Infelizmente non é a realidade actual.
Non temos de forma moi correcta, a noso ver, resultados suficientes e polo menos razoábeis. Pode ser frustrante.
Ocorre outro problema a par, o que complica todo este cálculo do sector económico. E estas son dobres, son de carácter sociais (presións) e de orde política.
Temos que ter presente en destrución do emprego, sobre todos industriais e da necesidade de obter máis receita de ingresos fiscais, pois, por exemplo, hai que pagar os préstamos europeos asumidos en 2020.
Tamén existe a necesidade de facer inversións.
Por todo isto, é que os impostos aduaneiros, parece ser o camiño máis fácil para os conseguir eses medios.
Outro problema, é que a Unión Europea, esta amarrada a un comercio absolutamente liberalizado.
“Os actuais dirixentes europeos, están completamente comprometidos e, por iso están a traballar, por un desarrollo sustentado, igualitario e nos puntos, segundo eles en aspectos fundamentais dos seus tratados”.
Atención, isto é o que a dirección da Unión Europea di, pero non cremos que o estean a facer, minimamente ben.
Cremos poder avanzar, que non se queren afastar, nin un polo, do “absoluto comercio libre” por especial imposición dos nosos socios en especial dos Alemáns.
Volveremos a este asunto, despois de vermos como foron as últimas negociacións dos dirixentes da Unión Europea.
Se el primero en comentar